Praia de Cesantes

areal en Cesantes, Redondela

A Praia de Cesantes ou Praia da Punta é un areal galego situado no tramo de costa da parroquia de Cesantes, en Redondela, na enseada de San Simón, no fondo da ría de Vigo. As súas augas, tranquilas e libres das ondas propias do Atlántico, fan que esta praia sexa frecuentada na práctica de deportes acuáticos coma o windsurf ou o kytesurf.[1]

Praia de Cesantes
Posto de primeiros auxilios Accesible a discapacitados
Características xerais
Lonxitude2.400 m
Largo medio10 m
Grao de ocupaciónAlto
Grao de urbanizaciónUrbana
Paseo marítimoSi
Características específicas
Tipo de areaGrosa, dourada
Condicións do bañoSi
Zona de fondeoAdmítese
Aspectos medioambientais
Presenza de vexetaciónSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Accesible a discapacitadosSi
Tipo de accesoRamplas de madeira

É un espazo protexido co fin de recuperar as especies vexetais orixinarias da zona. Tamén ten un paseo marítimo e acceso para discapacitados.

Galería de imaxes

editar
  1. Windsurfesp (ed.). "Praia de Cesantes.". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar