Mona de Pascua

Doce mediterráneo

A mona de Pascua é un doce elaborado cunha masa fermentada de fariña, ovos e azucre, cocida no forno e decorada con ovos duros ou figuras de chocolate, que adoitan regalar os padriños e madriñas aos seus afillados e afilladas pola Pascua[1]. A mona é unha sobremesa de gran tradición en todo o Mediterráneo; prepárase nas rexións murciana, valenciana, catalá, aragonesa e castelá-manchega. A súa degustación simboliza que a Coresma e as súas abstinencias remataron. O nome provén da munna ou mouna, termo árabe que significa «provisión da boca», regalo que os musulmáns facían aos seus señores.

Mona de Pascua tradicional.
Outra mona de Pascua.

En Galicia non existe a mona en si; o tradicional era que os padriños regalasen ovos aos nenos; tamén se facían biscoitos ou pan doce con manteiga no que se lle puñan por riba ovos coa casca e se cocían no forno. Hoxe en día a tradición da Pascua galega é un roscón ou rosca. En Asturias ocorre o mesmo, o tradicional é un roscón que se denomina peragata ou bolla.

Notas editar

  1. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración. Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén editar

Outros artigos editar