Romaría do San Bieito da Uceira

Coordenadas: 42°07′08″N 07°46′34″O / 42.11889, -7.77611

A romaría do San Bieito da Uceira realízase tódolos luns de Pascua e os segundos domingos de xullo na ermida do mesmo nome, situada no monte da Uceira, preto do lugar de Cerredelo (Couso de Limia) e da capital do concello de Sandiás.

Misa na romaría do San Bieito da Uceira (Sandiás).

Este San Bieito da Uceira é un santo presuntamente moi milagreiro, especialmente avogoso para as verrugas, que ten moito predicamento entre os veciños da comarca da Limia e dos arredores. A tradición conta que había unhas muletas na ermida pertencentes a un home que veu con elas ofrecidas ó santo e ó volver xa non as necesitou máis.

A tradición esixe que se pase un pano polas zonas do Santo onde se padeza o mal (por exemplo, os ollos), e logo polas zonas equivalentes da persoa. Tamén se entende que os presuntos poderes do santo se reforzan coa compra dun exvoto de cera.