Río Pite

O río Pite (en sueco: Pite älv ou Piteå älv, ou coloquialmente, Pite älven) é un río sueco da rexión de Norrland, que discorre polo norte do país e desemboca no golfo de Botnia. Ten unha lonxitude aproximada de 400 km e drena unha conca de 11.200 km² (similar a países como Qatar, Gambia ou Xamaica).

Pite
Benbryteforsen.jpg
Vista do río Pite en Benbryteforsen
PaísSuecia Suecia
CondadoNorrbotten
NacementoAlpes Escandinavos
Lonxitude400 km
Conca11.200 km²
Caudal medio156 /s
DesembocaduraGolfo de Botnia
Karta Pitealven position.gif
Curso do Piteälven

XeografíaEditar

 
A zona de rápidos de Storforsen (novembro de 2005).
 
O río en Vidsel.
 
Ponte sobre o río Pite (agosto de 2004).
 
Ponte sobre o río Pite (agosto de 2004).

O río Pite nace preto da fronteira de Noruega, nos Alpes Escandinavos, na parte suroccidental da provincia de Norrbotten. Discorre en dirección sueste atravesando a rexión da Laponia sueca. Pasa por algún dos grandes lagos orientais de Suecia, como Tjeggelvas, Vuolvojaure e Labbas, no municipio de Jokkmokk. Desemboca na costa oriental, no golfo de Botnia, no municipio de Piteå. Atravesa as localidades de Älvsbyn (5.042 hab. en 2005) e na desembocadura, Piteå (22.650 hab. en 2005).

Os seus principais afluentes son os ríos Abmoälven (80 km), Varjisån (80 km), Vistån e Lillpiteälven (90 km).

A súa maior caída de auga denomínase Storforsen, que cun caudal medio de 250 m³/s, é unha das zonas de rápidos máis caudalosas de Europa (no verán alcanza os 870 m³/s e en 1995 chegou aos 1.200 m³/s). Converteuse nun dos destinos turísticos máis populares de Norrbotten, e atópase concretamente no municipio de Älvsbyn.

O río Pite é un dos catro grandes ríos de Norrland. É o quinto río en lonxitude do condado de Norrbotten, tras o río Torne (522 km), o río Lule (con 460,81 km), o río Kalix (con 460,65 km) e o río Skellefte (con 410 km).

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Universidade de Gotemburgo, ed. (2019). "Piteälven". Enciclopedia Nacional Sueca (en sueco). Gotemburgo. 
  • Harlén, Hans; Eivy Harlén (2003). "Kalix älv". En Kommentus. Sverige från A till Ö. Geografisk-historisk uppslagsbok (Suecia do A ao Ö) (en sueco). Estocolmo. p. 583. ISBN 91-7345-139-8. 
  • Wedsberg, Malin (1995). Almqvist & Wiksell, ed. Sveriges landskap (Provincias de Suecia) (en sueco). Estocolmo. ISBN 91-21-14445-1.