Extraliga Eslovaca (hóckey sobre xeo)
A Extraliga Eslovaca (en eslovaco: Slovenská Extraliga) é a máxima competición de hóckey sobre xeo en Eslovaquia. En 2009 figuraba na clasificación da IIHF como a quinta liga máis forte de Europa, e no 2012 foi cualificada por The Hockey News como a sexta mellor liga do mundo por detrás da NHL, a KHL, a SHL, a SM-liiga e a Extraliga Checa.[1]
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Organizador | Federação Eslovaca de Hóquei no Gelo (pt) |
Localización e Datas | |
País | Eslovaquia |
Vixencia | 1993 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | tipsportextraliga.sk |
Estrutura da liga
editarActualmente a Extraliga Eslovaca está formada por 10 equipos (xa que o HK Orange 20 non xoga todos os partidos) que disputan un total de 57 partidos durante a liga regular. Ao finalizar a liga regular os oito equipos mellor clasificados xogan os play-offs polo título, nos que todas as roldas son xogadas ao mellor de sete encontros. O equipo peor clasificado xoga o play-out para manter a categoría fronte ao campión da 1. liga (a segunda categoría do hóckey sobre xeo eslovaco).
Historia
editarA Extraliga Eslovaca ten as súas orixes na Liga Checoslovaca. A tempada 1993-94 foi a primeira tempada da competición trala separación administrativa de Checoslovaquia nas actuais repúblicas de Chequia e Eslovaquia o 1 de xaneiro de 1993.
Denominacións
editarO nome da liga é dado polo seu patrocinador e ten sufrido numerosos trocos ao longo da súa historia:
- Dende a tempada 1993-94 ata a 1997-98: Extraliga
- Ata a tempada 2000-01: West Extraliga
- Na tempada 2001-02: Boss Extraliga
- Entre a tempada 2002-03 e a 2004-05: ST Extraliga
- Dende a tempada 2005-06 ata o 16 de xaneiro de 2007: T-Com Extraliga
- Dende o 16 de xaneiro de 2007 ata a tempada 2011-12: Slovnaft Extraliga
- Dende a tempada 2011-12: Tipsport extraliga, mentres que as series finais reciben o nome de Slovnaft-Play-Off
Equipos
editarNome | Cidade | Estadio | Capacidade | Fundación | Campionatos |
---|---|---|---|---|---|
HC Košice | Košice | Steel Aréna | 8.378 | 1962 | 6 |
HC ’05 Banská Bystrica | Banská Bystrica | Banská Bystrica Ice Stadium | 3.000 | 1922 | 0 |
HK 36 Skalica | Skalica | Skalica Ice Stadium | 3.214 | 1936 | 0 |
HK Dukla Trenčín | Trenčín | Pavol Demitra Ice Stadium | 6.150 | 1962 | 3 |
HK Nitra | Nitra | Nitra Aréna | 5.350 | 1931 | 0 |
HK Orange 20 | Bratislava | Vladimír Dzurilla Ice Stadium | 3.500 | 2007 | - |
HK Poprad | Poprad | Poprad Ice Stadium | 4.464 | 1926 | 0 |
HKm Zvolen | Zvolen | Zvolen Ice Stadium | 7.038 | 1927 | 2 |
MHC Mountfield Martin | Martin | Martin Ice Stadium | 4.200 | 1932 | 0 |
MsHK Žilina | Žilina | Garmin Arena | 6.200 | 1925 | 1 |
ŠHK 37 Piešťany | Piešťany | EASTON Aréna | 3.050 | 1937 | 0 |
- NOTA: O HK Orange 20 é un proxecto de preparación para a selección júnior de Eslovaquia de cara ao Campionato do Mundo U20 da IIHF. O equipo non xoga todos os partidos da liga regular e non xoga os play-off de permanencia nin polo título.
Palmarés
editarNotas
editar- ↑ "Russian league tops first CHL ranking". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2010. Consultado o 20 de maio de 2013.
Ligazóns externas
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |