HK Orange 20
O HK Orange 20 é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Bratislava, Eslovenia. Actualmente está integrado por xogadores sub-20 e compite na Extraliga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo eslovaco. Xoga os seus partidos como local no Zimný štadión Ondreja Nepelu, un pavillón con capacidade para 10.000 espectadores.
HK Orange 20 | |
---|---|
Fundación | 2007 |
Cidade | Bratislava, Bratislava Eslovaquia |
Estadio | Zimný štadión Ondreja Nepelu (10.000 espectadores) |
Liga | Extraliga Eslovaca 1. liga |
Director | Jozef Frühauf |
Adestrador | Anton Tomko |
Cores | Laranxa, branco e negroo |
Na rede | |
http://hkorange20.tipsportextraliga.sk |
Historia
editarDebido ao decepcionante papel do equipo nacional júnior no Campionato do Mundo, decidiuse que a partir da tempada 2007-08, a selección eslovaca U20 xogará na Extraliga. Isto débese en parte tamén ao nerviosismo xerado logo de que a selección U18 descendera e a U20 estivera a piques de facelo. Os xogadores máis novos dos equipos da liga foron recolocados no equipo, cunha cantidade notable de xogadores procedentes do HK Dukla Trenčín e do HC Slovan Bratislava.
O equipo só xoga partidos os venres e domingos. Tamén está excluído da última semana de competición antes do descanso de inverno para que o equipo poida prepararse para o Campionato do Mundo U20 da IIHF.
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |