Abrir o menú principal

Extraliga Checa (hóckey sobre xeo)

A Extraliga Checa (en checo Extraliga ledního hokeje ou ELH) é a máxima competición de hóckey sobre xeo na República Checa e catalogada pola IIHF como a terceira liga nacional máis importante de Europa.[1] Esta liga é unha importante canteira de xogadores, exportando talentos tódolos anos ás dúas grandes ligas do mundo, a Kontinental Hockey League (KHL) euroasiática e á National Hockey League (NHL) norteamericana. Actualmente está integrada por 14 equipos e o club máis laureado da historia da competición é o VHK Vsetín con seis títulos ligueiros. A televisión que retransmite a competición é a Česká televize.

Extraliga ledního hokeje
Velký pohár.JPG
Fundación1993
RexiónRepública Checa República Checa
Equipos14
Actual campiónPlzen HC Plzeň (1º título)
Máis laureadoVsetín VHK Vsetín (6 títulos)
TelevisiónČeská televize
Sitio webhokej.cz
Hockey current event.svg Extraliga Checa 2012-13

Índice

HistoriaEditar

Esta liga creouse en 1993 trala separación administrativa de Checoslovaquia nas actuais repúblicas de Chequia e de Eslovaquia, polo cal a Liga checoslovaca se dividiu en dúas ligas: a Extraliga Checa e a Extraliga Eslovaca.

Denominacións ao longo da súa historiaEditar

En moitas ocasións o nome da liga estivo vencellado a un patrocinador, polo que a súa denominación foi variando moito ao longo da súa historia:

FormatoEditar

A Extraliga Checa está formada por 14 equipos que xogan un total de 52 partidos na liga regular. Os 10 mellores equipos ao final da liga regular desputan os play-offs polo título, mais coa particularidade de que os equipos que finalizaron entre o 7º posto e o 10º desputan unha rolda eliminatoria previa no formato do mellor de cinco encontros para decidir qué dous equipos acompañarán aos seis mellores nos cuartos de final do play-off, que se desputan ao mellor de sete encontros.

Dende a tempada 2006-07, o equipo que consegue a vitoria no tempo regulamentario consegue tres puntos, se gaña na prórroga dous puntos e o equipo que perde na prórroga recibe un punto. Se fora necesario, realizaríase unha quenda de penaltis para decidir ao gañador do encontro.

Os catro últimos clasificados ao final da liga regular (dos postos 11 ao 14) desputan un play-out pola permanencia na máxima categoría, xogando 12 partidos entre eles nos que as vitorias conseguidas na liga regular contan para a clasificación. O último clasificado da liguiña descende á Primeira División, mentres que o gañador consegue a permanencia, mentres que o último clasificado xoga unha serie ao mellor de sete partidos contra o campión da Primeira División, o perdedor desta serie xoga á tempada seguinte na segunda categoría.

Equipos participantes na tempada 2012-13Editar

PalmarésEditar

Tempada Campión Resultado Finalista 1º da liga regular
1993-94 HC Olomouc [1] 3 - 1 HC Pardubice [2] - HC Kladno
1994-95 HC Dadák Vsetín [3] 3 - 1 AC ZPS Zlín [4] - HC Dadák Vsetín
1995-96 HC Petra Vsetín [5] 4 - 1 HC Chemopetrol Litvínov [6] - HC Sparta Praha
1996-97 HC Petra Vsetín [7] 3 - 0 HC Vítkovice [8] - HC Petra Vsetín
1997-98 HC Petra Vsetín [9] 3 - 0 HC Železárny Třinec [10] - HC Petra Vsetín
1998-99 HC Slovnaft Vsetín [11] 3 - 0 HC ZPS Barum Zlín [12] - HC Slovnaft Vsetín
1999-00 HC Sparta Praha [13] 3 - 0 HC Slovnaft Vsetín - HC Sparta Praha
2000-01 HC Slovnaft Vsetín [14] 3 - 1 HC Sparta Praha [15] - HC Slovnaft Vsetín
2001-02 HC Sparta Praha [16] 3 - 1 HC Vítkovice [17] - HC Sparta Praha
2002-03 HC Slavia Praha [18] 4 - 3 HC Pojišťovna Pardubice [19] - HC Pojišťovna Pardubice
2003-04 HC Hamé Zlín [20] 4 - 1 HC Slavia Praha [21] - HC Moeller Pardubice
2004-05 HC Moeller Pardubice [22] 4 - 0 HC Hamé Zlín [23] - HC Hamé Zlín
2005-06 HC Sparta Praha [24] 4 - 2 HC Slavia Praha [25] - HC Bílí Tygři Liberec
2006-07 HC Sparta Praha [26] 4 - 2 HC Moeller Pardubice [27] - HC Bílí Tygři Liberec
2007-08 HC Slavia Praha [28] 4 - 3 HC Energie Karlovy Vary [29] - HC Mountfield České Budějovice
2008-09 HC Energie Karlovy Vary [30] 4 - 2 HC Slavia Praha [31] - HC Slavia Praha
2009-10 HC Eaton Pardubice [32] 4 - 0 HC Vítkovice Steel [33] - HC Plzeň 1929
2010-11 HC Oceláři Třinec [34] 4 - 1 HC Vítkovice Steel [35] - HC Oceláři Třinec
2011-12 HC ČSOB Pojišťovna Pardubice[36] 4 - 2 HC Kometa Brno [37] - HC Sparta Praha
2012-13 HC Škoda Plzeň 4 - 3 PSG Zlín - PSG Zlín

NotasEditar

  1. "Russian league tops first CHL ranking". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2010. Consultado o 17 de xaneiro de 2011. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar