O PSG Zlín é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Zlín, República Checa. O club foi fundado en 1929 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga Checa, competición que gañou nunha ocasión (tempada 2003-04). Xoga os seus partidos como local no Zimní stadion Luďka Čajky, un pavillón con capacidade para 7.000 espectadores.

PSG Zlín
Fundación1929
Cidade Zlín,
Zlín
República Checa República Checa
EstadioZimní stadion Luďka Čajky
(7.000 espectadores)
LigaExtraliga Checa
Campionatos1
AdestradorRepública Checa Rostislav Vlach
CoresAzul e amarelo
           
Na rede
http://hokej.zlin.cz e https://www.beranizlin.cz/
Facebook: hokejzlin Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O PSG Zlín foi fundado en 1929 como SK Baťa Zlín en referencia ao patrocinador do equipo, Bata Shoes[1].

O 1 de xaneiro de 1993, coa disolución de Checoslovaquia, o equipo deixou o campionato checoslovaco, pasando a competir na nova división Elite. En 2004 o equipo gañou o seu primeiro título de liga dirixido por Thomas J. Bata, antigo xogador do equipo e fillo do fundador de Bata Shoes en 1894, Tomáš Baťa[2].

Denominacións editar

Os diferentes nomes baixo os que competiu o club son os seguintes:[3]

  • 1945 - ZK Baťa Zlín
  • 1948 - Sokol Botostroj Zlín
  • 1949 - Sokol Svit Gottwaldov
  • 1958 - TJ Gottwaldov
  • 1990 - TJ Zlín, SK Zlín, AC ZPS Zlín
  • 1997 - HC ZPS - Barum Zlín
  • 1999 - HC Barum Continental
  • 2000 - HC Continental Zlín
  • 2002 - HC Hamé Zlín
  • 2007 - HC RI OKNA Zlín

Palmarés editar

Notas editar

  1. Historia do club en http://hokej.zlin.cz Arquivado 08 de setembro de 2012 en Wayback Machine. (en checo)
  2. Tempada 2003-04 da Extraliga en http://hockey365.celeonet.fr (en francés)
  3. Presentación do equipo en http://hokej.zlin.cz/ Arquivado 27 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (en checo)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar