O HC Energie Karlovy Vary é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Karlovy Vary, República Checa. O club foi fundado en 1932 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga Checa, competición que gañou nunha ocasión (tempada 2008-09). Xoga os seus partidos como local no KV Arena, un pavillón con capacidade para 7.000 espectadores.

HC Energie Karlovy Vary
Fundación1932
Cidade Karlovy Vary,
Karlovy Vary
República Checa República Checa
EstadioKV Arena
(6.000 espectadores)
LigaExtraliga Checa
Campionatos1
AdestradorRepública Checa Richard Žemlička
CoresVerde, amarelo, negro e branco
                       
Na rede
http://www.hokejkv.cz/index.asp?cover=nezobrazit

Historia editar

O club foi fundado en 1932 baixo o nome de SK Slavia Karlovy Vary.[1] En 1951 o equipo ascendeu á máxima categoría do hóckey sobre xeo de Checoslovaquia, Mistrovství republiky[2].

En 1955, o club adoptou a denominación de Dynamo Karlovy Vary e descendeu á segunda categoría checoslovaca, a 2.liga[3]. Non foi ata a tempada 1997-98 cando o equipo retornou á máxima categoría, ao debutar na Extraliga, o novo campionato da República Checa, tras ascender en 1993 dende a 1.liga. Posteriormente o club tomou a praza do HC Olomouc[4]. Dende aquela, o club non abandonou nunca a Extraliga.

Ata o 2009, o club xogaba os seus partidos como local no Zimní Stadion Karlovy Vary (4.680 espectadores)[5]. Posteriormente, o equipo trasladouse a un novo pavillón, o KV Arena (6.000 espectadores).

Expansión da KHL editar

O club considerou a posibilidade de crear un club independente para a expansión da KHL na Tempada 2009-10 da KHL. Este club trataría de operar como equipo nacional da República Checa na competición euroasiática, atraendo aos mellores xogadores da Extraliga, do mesmo xeito que o Dinamo Minsk e o Dinamo Riga fixeran nos seus respectivos países. Este equipo non xogou na KHL e non está claro se algún día o fará. O seu equipo júnior xoga na MHL, a liga júnior da KHL, dende a tempada 201213.

Palmarés editar

Notas editar

  1. Historia do club en http://www.hokejkv.cz/ (en checo)
  2. Tempada 1951-52 do campionato checoslovaco en http://www.passionhockey.com/hockeyarchives/ (en francés)
  3. Tempada 1956-57 do campionato checoslovaco en http://www.passionhockey.com/hockeyarchives/ (en francés)
  4. Historia do HC Olomouc en http://www.hc-olomouc.cz/ Arquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en checo)
  5. Información do pavillón en http://www.hokejkv.cz (en checo)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar