O Dinamo Minsk (en ruso Дина́мо Минск e en belaruso Дынама Мінск, Dynama Minsk) é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Minsk (Belarús) que compite na Tarasov Division da Kontinental Hockey League.

HC Dinamo Minsk
ХК Дынама Мінск
Fundación2003
CidadeBelarús Minsk, Belarús
EstadioMinsk-Arena
Capacidade15 086 espectadores
LigaKHL
ConferenciaOeste
DivisiónTarasov
Campionatos5 (Extraliga)
Propietario(s)Belarús BFSO Dinamo
DirectorBelarús Andrei Parfimovich
Adestrador Craig Woodcroft
Afiliado(s)Dinamo-Molodechno (BHL)
Cores               Azul claro, branco
Na rede
http://hcdinamo.by
Facebook: hcdinamoby Twitter: hcdinamoby Instagram: hcdinamoby Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O club foi fundado na base do existente Torpedo Minsk en 1976, que competía na Extraliga Belarusa. O Dinamo estivo vencellado ao nome de Tivali Minsk dende 1993 ata o 2001, ano no que cesaron as súas actividades. O equipo foi refundado no 2003 baixo o impulso da Federación Belarusa e ingresou na Extraliga Belarusa..

O 26 de marzo de 2008 a KHL confirmou ao club belaruso na Bobrov Division.

O 29 de xullo do 2008, o adestrador Paul Gardner dimitiu por cuestións persoais en agosto. Gardner dixo que a directiva do club non estaba preparada para o seu estilo de xogo norteamericano [1]. O posto de Gardner foi ocupado por Jim Hughes.

O club reubicouse no Minsk-Arena en decembro do 2009.

No 2009 proclamouse campión da Spengler Cup ao vencer ao HC Davos por 1 a 3 o 31 de decembro do 2009.

Palmarés editar

Notas editar

  1. "AllHockey.Ru - Gardner: my system of preparation has not arranged the heads". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 13 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar