Tempada 2009-10 da KHL

A tempada 2009-2010 da Kontinental Hockey League foi a segunda tempada desta competición euroasiática de hóckey sobre xeo. A liga comezou o 10 de setembro de 2009 e finalizou o 27 de abril de 2010, cunha paréntese debida aos Xogos Olímpicos disputados en Vancouver entre o 8 de febreiro e o 3 de marzo de 2010.[1] O campión desta edición foi o equipo ruso Ak Bars Kazan, que conseguiu revalidar o título obtido na tempada inaugural logo de vencer na final disputada ao mellor de sete encontro ao tamén ruso HC MVD por catro vitorias a tres.

Trocos na liga editar

O 16 de xuño de 2009, a xunta directiva da KHL aprobou algúns trocos para a liga na tempada 009–10.[2]

Trocos nos equipos

A liga admitiu un novo equipo, o Avtomobilist Ekaterinburg. O Khimik Voskresensk non xogou na tempada 2009-2010 por problemas financeiros, mais continúa a ser membro da KHL e poderá retornar á competición no futuro, mentres tanto xogará na Vysshaya hokkeinaya liga. O número de equipos mantívose polo tanto en 24 para a tempada 2009-2010.

Redistribución das divisións

Os equipos agrupáronse xeograficamente para facilitar os desprazamentos. A liga dividiuse na Conferencia Oeste e na Conferencia Leste, estas dúas conferencias divídense á vez en dúas divisións de seis equipos. Cada equipo xoga contra os equipos da súa mesma división catro veces (un total de 20 partidos) e cada equipo xoga contra os outros equipos das outras divisións 2 veces (para un total de 36 partidos). Cada equipo xoga 56 partidos ao longo da liga regular.

Estrutura dos playoffs

Os oito mellores equipos de cada conferencia cualifícanse para os playoffs. As dúas primeiras prazas resérvanse aos campións de división.

En cada conferencia xóganse cuartos de final, semifinais e finais, os campións de cada conferencia se enfrontan na final da liga para facerse coa Gagarin Cup. Os cuartos de final de conferencia xóganse ao mellor de cinco partidos, mentres que o resto das series son ao mellor de sete encontros. Os períodos de prórroga duran 20 minutos ou ata que un dos dous equipos anote un gol de ouro.

Tope salarial

O salario máximo para tódolos xogadores dun equipo limitouse a 620 millóns de rublos. O salario mínimo total para os xogadores estableceuse nos 200 millóns de rublos. A cada equipo da liga se lle concedeu un "xogador franquía" que non conta para o tope salarial.

Cadros

Os equipos sénior podían contar con 25 xogadores, ao igual que os equipos júnior. O número de xogadores estranxeiros foi restrinxido a 5, e como moito un deles como porteiro.

Liga Júnior

A liga puxo en funcionamento unha maior e máis avanzada categoría inferior júnior para centrarse no desenvolvemento. Esta liga conta con xogadores de entre 17 e 21 anos.

Draft

O 1 de xuño de 2009 tivo lugar o primeiro draft da KHL. O instituto de cada equipo de hóckey puido protexer 25 xogadores do grupo de idade 17-21 antes do draft.

Equipos participantes (2009-10) editar

A KHL divídese en catro divisións configuradas en base á proximidade das poboacións entre si. Nesta edición tomaron parte un total de 24 equipos, sendo a meirande parte deles rusos (21), mentres que Belarús, Casaquistán e Letonia achegaron un cada un.

División Equipo Cidade/Área Estadio Capacidade Fundación Chegada (1) Capitán
Conferencia Leste
Chernyshev Amur   Khabarovsk Platinum Arena 7,100 1966 2006   Alexei Kopeikin
Avangard Omsk   Omsk Omsk Arena 10,200 1950 1991   Alexander Svitov
Barys   Astana Alatau Sports Palace 5,532 1999 2008   Kevin Dallman
Metallurg Novokuznetsk   Novokuznetsk Kuznetsk Metallurgists SP 8,040 1949 1992   Maxim Galanov
Sibir   Novosibirsk Ice Sports Palace Sibir 7,400 1962 2002   Alexander Boikov
Salavat Yulaev   Ufa Ufa Arena 8,400 1957 1992   Vladimir Antipov
Kharlamov Ak Bars Kazan   Kazan Tatneft Arena 10,000 1956 1992   Aleksey Morozov
Neftekhimik   Nizhnekamsk SCC Arena 5,500 1968 1995   Andrei Ivanov
Avtomobilist Ekaterinburg   Ekaterinburgo KRK Uralets 5,500 2006 2009   Alexander Gulyavtsev
Lada Togliatti   Tolyatti Volgar Sports Palace 2,900 1976 1991   Yuri Petrov
Metallurg Magnitogorsk   Magnitogorsk Magnitogorsk Arena 7,700 1950 1990   Evgeny Varlamov
Traktor Chelyabinsk   Chelyabinsk Yunost Sport Palace 7,500 1947 2006   Andrei Nikolishin
Conferencia Oeste
Tarasov Atlant Moscow Region   Mytishchi Mytishchi Arena 7,000 1953*   Sergei Mozyakin
HC MVD   Balashikha Balashikha Arena 6,000 1949* 2005   Alexei Kudashov
Vityaz Chekhov   Chekhov Ice Hockey Center 2004 3,300 1998* 2005   Chris Simon
Lokomotiv Yaroslavl   Yaroslavl Arena 2000 9,000 1949 1987   Ivan Tkachenko
Severstal   Cherepovets Ice Palace 6,000 1956 1989   Alexander Shinin
Torpedo Nizhny Novgorod   Nizhny Novgorod Trade Union Sport Palace 5,500 1947 2007   Alexei Trochshinsky
Bobrov CSKA Moscova   Moscova CSKA Ice Palace 5,600 1946   Konstantin Korneev
Dinamo Moscova   Moscova Luzhniki Small Sports Arena 8,700 1946   Alexei Zhitnik
Spartak Moscova   Moscova LDS Sokolniki 5,000 1946 2007   Dmitry Upper
SKA San Petersburgo   San Petersburgo Ice Palace 12,300 1946 1992   Maxim Sushinski
Dinamo Minsk   Minsk Minsk-Arena 15,000 2004 2008   Ville Peltonen
Dinamo Riga   Riga Arena Riga 10,300 2008   Sandis Ozoliņš

Un asterisco (*) indica os equipos reubicados.

(1) Indica cando o club ascendeu máis recentemente á máxima categoría do hóckey ruso.

Xogadores editar

Na segunda edición da KHL tomaron parte un total de 718 xogadores repartidos nos 24 equipos que participaron. A meirande parte dos xogadores foron de nacionalidade rusa (529), mentres que tan só 189 xogadores non eran rusos.

País Xogadores (2009/2010) % de non rusos % do total da liga
  Rusia (21 equipo na KHL) 529 / 73.6%
  Casaquistán (1 equipo na KHL) 30 15.8% 4.1%
  Belarús (1 equipo na KHL) 26 13.7% 3.6%
  República Checa 25 13.2% 3.4%
  Canadá 25 13.2% 3.4%
  Letonia (1 equipo na KHL) 24 12.7% 3.3%
  Eslovaquia 20 10.6% 2.7%
  Finlandia 11 5.8% 1.5%
  Suecia 9 4.7% 1.2%
  Ucraína 8 4.2% 1.1%
  Estados Unidos 6 3.1% 0.9%
  Alemaña 2 1.1% 0.2%
  Noruega 1 0.5% 0.1%
  Austria 1 0.5% 0.1%
  Suíza 1 0.5% 0.1%
TOTAL 718 (189 non rusos) 100% 100% (26.4% non rusos)

Liga regular editar

A liga regular comezou o 10 de setembro de 2009 coa "Opening Cup" e finalizou o 7 de marzo de 2010. Producíronse pequenos paróns a causa das convocatorias das seleccións nacionais e o All-Star game, así como un largo parón polos Xogos Olímpicos celebrados na cidade canadense de Vancouver entre o 8 de febreiro e o 3 de marzo de 2010.[1] Cada un dos equipos xogou un total de 56 partidos (4 veces fronte aos equipos da súa división e 2 fronte os outros equipos da competición). O campión da liga regular recibiu por primeira vez a Continental Cup.[2]

Eventos salientables editar

Opening Cup O primeiro partido da KHL é a "Opening Cup", xogada entre os dous finalistas da edición anterior. No 2009, o partido disputouse no Tatneft Arena de Kazan e resultando gañador o equipo local do Ak Bars Kazan, que gañou ao Lokomotiv Yaroslavl por 3 goles a 2 no tempo extra. Os dous equipos vestiron uniformes especiais co logo da "Opening Cup".[3]

Regreso de Fetisov O 11 de decembro de 2009, a lenda do hóckey sobre xeo ruso Viacheslav Fetisov realizou un partido de retorno ao hóckey sobre xeo profesional á idade de 51 anos. Neste partido no que xogou co CSKA Moscova xogou oito minutos sen disparar á portería, mais creando un grande interese dos medios, non só para el senón tamén para o CSKA de Moscova e a propia KHL.[4]

Pelexa multitudinaria en Chekhov O 9 de xaneiro de 2010, no partido entre o Vityaz Chekhov e o Avangard Omsk, estalou unha multitudinaria pelexa no minuto catro do primeiro período que obrigou aos árbitros a suspender o partido, xa que só quedaban catro xogadores sen amoestar que puideran xogar. 33 xogadores e os adestradores dos dous equipos foron expulsados e produciuse un récord de 707 penalty minutes.[5] A KHL impuxo unha multa de 5.7 millñóns de rublos, suspendey a sete xogadores, e contou o partido como unha derrota por 5-0 para os dous equipos, sen repartir puntos a ningún dos dous equipos.[6]

All-Star Game O 2º All-Star Game da KHL disputouse o 30 de xaneiro de 2010 no Minsk-Arena de Minsk (Belarús). Ao igual que no ano anterior, o Equipo Jágr gañou fronte ao Equipo Yashin, desta vez por un marcador de 11 a 8.[7]

Continental Cup O 5 de marzo de 2010 o Salavat Yulaev Ufa gañou a primeira Continental Cup da historia da KHL logo de proclamarse campións de xeito matemático un partido antes de que finalizara a liga regular.[8]

Lenda editar

Fonte: khl.ru[9]

  • PX: Partidos xogados
  • GF: Goles a favor
  • GC: Goles en contra
  • Pts: Puntos

Os puntos repártense do seguinte xeito:

  • 3 Puntos pola vitoria no tempo regulamentario ("V")
  • 2 Puntos pola vitoria no tempo extra ("OTW") ou por penaltis ("SOW")
  • 1 Puntos pola derrota no tempo extra ("SOL") ou por penaltis ("OTL")
  • 0 Puntos pola derrota no tempo regulamentario ("D")
     Campión de División
     Clasificado para os playoffs

Clasificación das divisións editar

Conferencia Oeste

División Bobrov PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts
  SKA San Petersburgo 56 36 1 3 3 3 10 192 118 122
  Dynamo Moscova 56 28 2 3 4 3 16 166 151 101
  Spartak Moscova 56 24 4 4 4 0 20 178 168 92
  CSKA Moscova 56 22 3 5 4 1 21 148 135 87
  Dinamo Riga 56 23 1 3 4 3 22 174 175 84
  Dinamo Minsk 56 17 1 5 2 0 31 139 164 65
División Tarasov PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts
  HC MVD 56 30 1 0 6 4 15 160 135 102
  Atlant Moscow Oblast 56 24 4 9 1 2 16 173 137 101
  Lokomotiv Yaroslavl 56 26 3 2 4 4 17 163 132 96
  Torpedo Nizhny Novgorod 56 22 1 1 1 4 27 154 163 75
  Severstal Cherepovets 56 16 2 7 6 2 23 151 162 74
  Vityaz Chekhov 56 13 3 2 2 3 33 142 216 54

Conferencia Leste

División Kharlamov PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts
  Metallurg Magnitogorsk 56 34 2 4 1 0 15 167 111 115
  Ak Bars Kazan 56 25 4 4 3 2 18 159 128 96
  Neftekhimik Nizhnekamsk 56 27 3 1 4 0 21 176 166 93
  Traktor Chelyabinsk 56 18 0 3 2 2 31 137 192 64
  Avtomobilist Ekaterinburg 56 14 2 6 2 4 28 127 159 64
  Lada Togliatti 56 14 0 2 6 3 31 115 173 55
División Chernyshev PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts
  Salavat Yulaev Ufa 56 37 4 3 3 1 8 215 116 129
  Avangard Omsk 56 24 2 2 6 4 18 152 128 90
  Barys Astana 56 20 5 1 6 1 23 169 173 79
  Sibir Novosibirsk 56 15 2 5 3 1 30 147 190 63
  Amur Khabarovsk 56 12 3 6 4 2 29 129 187 60
  Metallurg Novokuznetsk 56 13 1 2 2 5 33 105 159 52

Clasificación das conferencias editar

As clasificacións das conferencias determinarán os enfrontamentos do play-off. As dúas primeiras prazas de cada conferencia están reservadas para os campións de división.

Conferencia Oeste XP V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts
  SKA San Petersburgo 56 36 1 3 3 3 10 192 118 122
  HC MVD 56 30 1 0 6 4 15 160 135 102
  Dinamo Moscova 56 28 2 3 4 3 16 166 151 101
  Atlant Moscow Oblast 56 24 4 9 1 2 16 173 137 101
  Lokomotiv Yaroslavl 56 26 3 2 4 4 17 163 132 96
  Spartak Moscow 56 24 4 4 4 0 20 178 168 92
  CSKA Moscow 56 22 3 5 4 1 21 148 135 87
  Dinamo Riga 56 23 1 3 4 3 22 174 175 84
  Torpedo Nizhny Novgorod 56 22 1 1 1 4 27 154 163 75
  Severstal Cherepovets 56 16 2 7 6 2 23 151 162 74
  Dinamo Minsk 56 17 1 5 2 0 31 139 164 65
  Vityaz Chekhov 56 13 3 2 2 3 331 1421 2161 541
Conferencia Leste PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts
  Salavat Yulaev Ufa 56 37 4 3 3 1 8 215 116 129
  Metallurg Magnitogorsk 56 34 2 4 1 0 15 167 111 115
  Ak Bars Kazan 56 25 4 4 3 2 18 159 128 96
  Neftekhimik Nizhnekamsk 56 27 3 1 4 0 21 176 166 93
  Avangard Omsk 56 24 2 2 6 4 181 1521 1281 901
  Barys Astana 56 20 5 1 6 1 23 169 173 79
  Traktor Chelyabinsk 56 18 0 3 2 2 31 137 192 64
  Avtomobilist Ekaterinburg 56 14 2 6 2 4 28 127 159 64
  Sibir Novosibirsk 56 15 2 5 3 1 30 147 190 63
  Amur Khabarovsk 56 12 3 6 4 2 29 129 187 60
  Lada Togliatti 56 14 0 2 6 3 31 115 173 55
  Metallurg Novokuznetsk 56 13 1 2 2 5 33 105 159 52

1 A KHL decidiu que, como resultado do partido entre Vityaz Chekhov e Avangard Omsk o 9 de xaneiro de 2010 que se suspendeu a causa dunha liorta que deixou aos dous equipos sen un número suficiente de xogadores para continuar, o xogo podería considerarse unha derrota por 5-0 para os dous equipos sen puntos que adxudicar.[6]

Líderes da liga editar

Fonte: khl.ru[10][11]

Goles   Marcel Hossa (Riga) 35
Asistencias   Alexei Yashin (SKA) 46
Puntos   Sergei Mozyakin (Atlant)
66
Disparos a portería   Marcel Hossa (Riga) 216
Plus-minus   Patrick Thoresen (Ufa) +45
Penalty minutes   Darcy Verot (Chekhov) 374
Vitorias (porteiros)   Robert Esche (SKA) 29
Media de goles en contra   Petri Vehanen (Kazan) 1.73
Porcentaxe de paradas   Petri Vehanen (Kazan) 93.5
Shutouts   Vasily Koshechkin (Magnitogorsk) 8

Porteiros: mínimo de 20 partidos xogados.

Máximos anotadores editar

Fonte: khl.ru[12]

PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; +/– = Plus-minus; PIM = Penalty minutes

Xogador Equipo PX G A Pts +/– PIM
  Mozyakin, SergeiSergei Mozyakin Atlant Moscow Oblast 56 27 39 66 +24 44
  Sushinski, MaximMaxim Sushinski SKA San Petersburgo 56 27 38 65 +28 87
  Yashin, AlexeiAlexei Yashin SKA San Petersburgo 56 18 46 64 +21 38
  Radulov, AlexanderAlexander Radulov Salavat Yulaev Ufa 54 24 39 63 +44 62
  Weinhandl, MattiasMattias Weinhandl Dynamo Moscova 56 26 34 60 +10 36
  Thoresen, PatrickPatrick Thoresen Salavat Yulaev Ufa 56 24 33 57 +45 71
  Hossa, MarcelMarcel Hossa Dinamo Riga 56 35 19 54 –3 44
  Hudler, JiříJiří Hudler Dynamo Moscovo 54 19 35 54 +7 115
  Radivojevič, BrankoBranko Radivojevič Spartak Moscova 56 18 36 54 –4 18
  Zinovjev, SergeiSergei Zinovjev Salavat Yulaev Ufa 47 17 36 53 +24 83

Mellores porteiros editar

Fonte: khl.ru[13]

PX = Partidos xogados; Min = Minutos xogados; V = Vitorias; D = Derrotas; SOL = Shootout perdidos; GC = Goles en contra; SO = Shutouts; SV% = Porcentaxe de paradas; GAA = Media de goles en contra

Xogador Equipo PX Min V D SOL GP SO SV% GAA
  Petri Vehanen Ak Bars Kazan 25 1528:58 15 5 5 44 3 .935 1.73
  Alexander Yeremenko Salavat Yulaev Ufa 32 1769:55 24 5 0 52 2 .931 1.76
  Ilya Proskuryakov Metallurg Magnitogorsk 32 1809:31 19 8 4 58 4 .927 1.92
  Vasily Koshechkin Metallurg Magnitogorsk 49 2840:43 25 16 8 93 8 .933 1.96
  Michael Garnett HC MVD 44 2561:54 24 15 4 88 5 .917 2.06

Play-offs editar

Primeira Rolda Semifinais Conferencia Finais Conferencia Final da Copa Gagarin
(mellor de 5) (mellor de 7) (mellor de 7) (mellor de 7)
                           
           
   1º- Salavat Yulaev   3
   8º- Avtomobilist   1  
  Salavat Yulaev   4
    Neftekhimik   2  
  4º- Neftekhimik   3
  5º- Avangard   0  
  Salavat Yulaev   2
    Ak Bars   4  
  3º- Ak Bars   3
  6º- Barys   0  
  Ak Bars   4
    Metallurg Mg.   2  
  2º- Metallurg Mg.   3
  7º- Traktor   1  
  Ak Bars   4
    HC MVD   3
  1º- SKA   1
  8º- Dinamo Riga   3  
  Dinamo Riga   1
    HC MVD   4  
  2º- HC MVD   3
  7º- CSKA   0  
  HC MVD   4
    Lokomotiv   3  
  3º- Dynamo Moscova   1
  6º- Spartak   3  
  Spartak   2
    Lokomotiv   4  
  4º- Atlant   1
  5º- Lokomotiv   3  
O campión da edición 2009-2010 da KHL foi o Ak Bars Kazan.

Líderes do playoff editar

Fonte: khl.ru[14][15]

Goles   Alexei Ugarov (Balashikha) 9
Asistencias   Alexander Radulov (Ufa)
  Alexei Tsvetkov (Balashikha)
11
Puntos   Alexander Radulov (Ufa)
19
Disparos a portería   Martin Štrbák (Balashikha) 63
Plus-minus   Josef Vašíček (Yarsolavl)
+15
Penalty minutes   Dmitri Kalinin (Ufa) 58
Vitorias (porteiros)   Petri Vehanen (Kazan)
15
Media de goles en contra   Ivan Kasutin (Nizhnekamsk)
1.36
Porcentaxe de paradas   Ivan Kasutin (Nizhnekamsk)
95.5
Shutouts   Ivan Kasutin (Nizhnekamsk)
  Petri Vehanen (Kazan)
  Dimitri Kotschnew (Moscow)
2

Porteiros: mínimo 5 partidos xogados

Máximos anotadores editar

Fonte: khl.ru[16]

PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; +/– = Plus-minus; PIM = Penalty minutes

Player Team GP G A Pts +/– PIM
  Alexander Radulov Salavat Yulaev Ufa 16 8 11 19 +7 10
  Niko Kapanen Ak Bars Kazan 22 8 9 17 +3 6
  Alexei Tsvetkov HC MVD 22 5 11 16 +6 14
  Alexander Galimov Lokomotiv Yaroslavl 16 8 6 14 +4 33
  Patrick Thoresen Salavat Yulaev Ufa 15 5 9 14 +3 37

Mellores porteiros editar

Fonte: khl.ru[17]

PX = Partidos xogados; Min = Minutos xogados; V = Vitorias; D = Derrotas; GC = Goles en contra; SO = Shutouts; SV% = Porcentaxe de paradas; GAA = Medias de goles en contra

Xogador Equipo PX Min V D GC SO SV% GAA
  Ivan Kasutin Neftekhimik Nizhnekamsk 9 528:58 5 4 12 2 .954 1.36
  Petri Vehanen Ak Bars Kazan 22 1388:40 15 7 37 2 .937 1.60
  Alexander Eremenko Salavat Yulaev Ufa 12 725:34 8 4 52 1 .934 1.65
  Georgi Gelashvili Lokomotiv Yaroslavl 17 1050:13 10 6 33 1 .933 1.89
  Edgars Masaļskis Dinamo Riga 6 373:30 3 2 12 1 .934 1.93

Clasificación final editar

Rank Team
1   Ak Bars Kazan
2   HC MVD
3   Salavat Yulaev Ufa
4   Lokomotiv Yaroslavl
5   Metallurg Magnitogorsk
6   Neftekhimik Nizhnekamsk
7   Spartak Moscova
8   Dinamo Riga
9   SKA San Petersburgo
10   Dynamo Moscovo
11   Atlant Mytishchi
12   Avangard Omsk
13   CSKA Moscova
14   Barys Astana
15   Traktor Chelyabinsk
16   Avtomobilist Ekaterinburg
17   Torpedo Nizhny Novgorod
18   Severstal Cherepovets
19   Dinamo Minsk
20   Sibir Novosibirsk
21   Amur Khabarovsk
22   Lada Togliatti
23   Vityaz Chekhov
24   Metallurg Novokuznetsk

Premios editar

Xogadores do mes editar

Mellores xogadores da KHL por mes.

Mes Porteiro Defensa Dianteiro Novato
Setembro[18]   Ilya Proskuryakov (Magnitogorsk)   Konstantin Korneyev (CSKA)   Kirill Knyazev (Spartak)   Sergei Belokon (Vityaz)
Outubro[19]   Karri Rämö (Omsk)   Dmitri Kalinin (Ufa)   Mattias Weinhandl (Dynamo M)   Linus Omark (Dynamo M)
Novembro[20]   Georgi Gelashvili (Yaroslavl)   Sergei Zubov (SKA)   Maxim Sushinsky (SKA)   Nikita Filatov (CSKA)
December[21]   Vitaliy Yeremeyev (Dynamo M)   Dmitri Bykov (Atlant)   Sergei Mozyakin (Atlant)   Nikolai Belov (Neftekhimik)
Xaneiro[22]   Robert Esche (SKA)   Sergei Zubov (SKA)   Geoff Platt (Minsk)   Alexander Komaristy (Chekhov)
Febreiro Parón Olímpico
Marzo[23]   Ivan Kasutin (Neftekhimik)   Alexander Guskov (Yaroslavl)   Alexander Radulov (Ufa)   Konstantin Plaksin (Traktor)
Abril[24]   Petri Vehanen (Kazan)   Ilya Nikulin (Kazan)   Alexei Tsvetkov (HC MVD) non se concedeu

Recoñecementos da KHL editar

O 25 de maio de 2010, a KHL celebrou a súa cerimonia anual de recoñecementos. Concedéronse un total de 20 premios diferentes aos equipos, xogadores, árbitros e medios de comunicación.[25] A continuación os premios máis importantes e os seus gañadores:

Stick dourado (MVP da liga regular)   Alexander Radulov (Ufa)
Play-off Master Award (MVP dos playoffs)   Ilya Nikulin (Kazan)
Premio Alexei Cherepanov (mellor novato)   Anatoli Nikontsev (Ekaterinburg)

A liga concedeu tamén seis "Cascos de Ouro" aos compoñentes do sexteto ideal:

Dianteiros   Alexander Radulov
Salavat Yulaev Ufa
  Marcel Hossa
Dinamo Riga
  Sergei Mozyakin
Atlant Moscow Oblast
Defensas   Sergei Zubov
SKA St. Petersburg
  Dmitri Kalinin
Salavat Yulaev Ufa
Porteiros   Michael Garnett
HC MVD

Notas editar

  1. 1,0 1,1 KHL President Approves The Rules And The Calendar Of KHL Championship in 2009/2010 Season, publicado o 1 de xullo de 2009 en KHL.ru
  2. 2,0 2,1 KHL Board Of Directors Approved Championship Structure, publicado o 16 de xuño de 2009 en KHL.ru
  3. Eight Days Left Before The Opening Cup Game, publicado o 2 de setembro de 2009 en KHL.ru
  4. Fetisov’s Day, publicado o 11 de decembro de 2009 en KHL.ru]
  5. This is hockey? Arquivado 14/01/2010, en Wayback Machine., publicado o 9 de xaneiro de 2010 en KHL.ru
  6. 6,0 6,1 Both teams lose Arquivado 14/01/2010, en Wayback Machine., publicado o 10 de xaneiro de 2010 en KHL.ru
  7. No revenge for Yashin Arquivado 24 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., publicado o 30 de xaneiro de 2010 en KHL.ru
  8. "Ufa’s first trophy". Arquivado dende o orixinal o 11/03/2010. Consultado o 23/05/2012. 
  9. "KHL Regular season standings". KHL.ru. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2010. Consultado o 1 February 2010. 
  10. "KHL Regular Season Statistics: Skaters". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2010. Consultado o 09 de maio de 2012. 
  11. "KHL Regular Season Statistics: Goalies". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 09 de maio de 2012. 
  12. Player Stats: 2009–2010 Regular Season: All Skater – Total Points
  13. Player Stats: 2009–2010 Regular Season: Goalie – Goals Against Average
  14. KHL Playoff Statistics: Skaters
  15. KHL Playoff Statistics: Goalies
  16. Player Stats: 2009–2010 Playoffs: All Skaters – Total Points
  17. Player Stats: 2009–2010 Playoff: Goalie – Goals Against Average
  18. "September’s stars". Arquivado dende o orixinal o 20/10/2009. Consultado o 23/05/2012. 
  19. "October’s finest". Arquivado dende o orixinal o 24/02/2012. Consultado o 23/05/2012. 
  20. "November’s finest". Arquivado dende o orixinal o 24/02/2012. Consultado o 23/05/2012. 
  21. "December’s finest". Arquivado dende o orixinal o 24/02/2012. Consultado o 23/05/2012. 
  22. "January’s finest". Arquivado dende o orixinal o 13/02/2010. Consultado o 23/05/2012. 
  23. "Finest in March". Arquivado dende o orixinal o 20/04/2010. Consultado o 23/05/2012. 
  24. "April's Finest". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2010. Consultado o 23 de maio de 2012. 
  25. Все золото Лиги
Predecesor:
2008-09
Kontinental Hockey League
2009-10
Sucesor:
2010-11