Lokomotiv Yaroslavl

O Lokomotiv Yaroslavl é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Yaroslavl, en Rusia, que disputa a Kontinental Hockey League. Trátase dun dos equipos máis importantes de Rusia, como demostra o feito de ter disputado a gran final do torneo KHL en 2009. No seu palmarés ten 3 títulos da antiga Superliga de Rusia, competición que desapareceu co nacemento da KHL.

Lokomotiv Yaroslavl
ХК Локомотив
Fundación1959
Cidade Yaroslavl,
Óblast de Yaroslavl
Rusia
EstadioPazo dos Deportes Nagorny
(16.940 espectadores)
LigaKontinental Hockey League
ConferenciaOeste
DivisiónTarasov
Campionatos0
Propietario(s) RZhD
Director Yuri Lukin
Adestrador Tom Rowe
Afiliado(s)Loko (MHL)
CoresAzul, vermello e branco
                 
Na rede
https://hclokomotiv.ru/
Facebook: hclokomotiv Twitter: hclokomotiv Instagram: hclokomotiv Youtube: UCQqVlujX3rXj3ec9Rve2Jqw Editar o valor em Wikidata

Estatísticas na KHL editar

Tempada Tempada Regular Play-off
División Posición na
División
Posición na
Conferencia
Posición
na Liga
Xog Gañ GTE PTE Per Pts Goles+ Goles- Xog Gañ Per Goles+ Goles- Resultado
2010-11 Tarasov
Division
1 1 3 54 33 2 5 14 108 202 143 18 10 8 63 62 Gañou nos Cuartos de Final de Conferencia, 4-3 (HC Dinamo Minsk)
Gañou nas Semifinais de Conferencia, 4-1 (Dinamo Riga)
Caeu nas Finais de Conferencia, 2-4 (Atlant Moscow Oblast)
2009-10 Tarasov
Division
3 5 7 56 26 5 8 17 96 163 132 17 10 7 54 37 Gañou nos Cuartos de Final de Conferencia, 3-1 (Atlant Moscow Oblast)
Gañou nas Semifinais de Conferencia, 4-2 (HC Spartak Moscova)
Caeu nas Finais de Conferencia, 3-4 (HC MVD)
2008-09 Kharlamov
Division
1 n/a 3 56 32 4 7 13 111 175 111 19 13 6 57 33 Gañou nos Dezaseisavos de Final, 3-1 (HC Neftekhimik Nizhnekamsk)
Gañou nos Cuartos de Final, 3-0 (HC Spartak Moscova)
Gañou nas Semifinais, 4-1 (Metallurg Magnitogorsk)
Caeu nas Finais, 3-4 (Ak Bars Kazan)
  • GTE Gañados no tempo engadido
  • PTE Perdidos no tempo engadido

Palmarés editar

Accidente de avión editar

O 7 de setembro de 2011 todo o corpo técnico e tódolos xogadores do equipo menos ún (Alexander Galimov, de 26 anos) morreron nun accidente de avión preto do aeroporto de Tunoshna, en Yaroslavl, cando se dirixían a Minsk nun avión Yak-42. Nese accidente morreron 43 dos 45 ocupantes do aparato.[1] O 12 de setembro morreu o único sobrevivente do equipo, Alexander Galimov, que tiña queimaduras no 80% do corpo e a quen lle fora transplantada a traquea o día anterior. A única persoa que continuou con vida tralo accidente formaba parte da tripulación do avión, e non do Lokomotiv.[2]

Este accidente provocou que o equipo non dispute ningunha competición na tempada 2011-12,[3] mesmo a pesar do ofrecemento dos demais equipos da liga de axudar ó club e de emprestarlle xogadores.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar