O Hockey Club Ak Bars (en ruso Ак Барс, en tártaro Ак Барс) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Kazán, Tatarstán (Rusia). Actualmente compite na Kontinental Hockey League (KHL), competición da cal gañou as súas dúas primeiras edicións.

Ak Bars
Ак Барс
Fundación1956
Cidade Kazán,
Tatarstán
Rusia
EstadioTatneft Arena
(10.000 espectadores)
LigaKontinental Hockey League
ConferenciaLeste
DivisiónKharlamov
Campionatos2
Adestrador Vladimir Krikunov
CoresVerde, vermello e branco
                 
Na rede
http://www.ak-bars.ru/
Facebook: hcakbars Twitter: hcakbars Instagram: hcakbars Editar o valor em Wikidata

O nome do equipo, Ak Bars, deriva do símbolo oficial de Tatarstán, traducido como Leopardo das Neves, un símbolo tradicional que ten a súa orixe nos Barsil, unha das tíbus tártaras.

Historia

editar

Fundado orixinalmente como Mashstroy Kazan en 1956, mudou o seu nome polo de SC Uritskogo Kazan cando entrou na Clase B Soviética en 1958. Ascendeu á Clase A2 Soviética, cando gañou a promoción á máxima categoría do hóckey soviético. O rendemento de Kazan foi respectable, comezando a competición gañando 6 dos 19 encontros fronte aos mellores equipos soviéticos antes de caer na segunda parte do campionato, descendendo ao final da tempada.

Dende este momento, o SC Uritskogo Kazan estableceu unha reputación como equipo forte nas categorías menores da URSS. Recoñecido como equipo de alta puntuación, o Kazan promedior máis de catro goles por partido nas décadas dos '60 e '70. Gañou dúas veces a liga da URSS de nivel inferior, sendo nomeado campión de Rusia en 1962 e 1976.

O período máis exitoso do SC Uritskogo Kazan tivo lugar a finais dos anos '70 e principios dos '80. O equipo foi dirixido por Sergei Stolbun; marcando Gennady Maslov (actual adestrador do Ak Bars-2 Kazan), quen gozou dun breve período no PHC Krylya Sovetov e estableceu un récord no club de 140 puntos en 76 partidos en 1982–83; e Ravil Shavaleev, que foi considerado un dos mellores defensas que dou Tatarstán. Durante este período, Kazan foi consistente entre os mellores equipos da liga, mais ano tras ano non conseguiu o ascenso á máxima categoría do hóckey soviético.

Logo da desintegración da Unión Soviética, o Uritskogo Kazan converteuse no Itil Kazan en 1990 e participou na IHL. Itil tivo un éxito relativo, evitando o descenso da Vysshaya hokkeinaya liga en 1991 e 1992.

Foi a raíz da creación da Superliga Rusa (RSL) en 1996 cando comezou a época dourada do hóckey en Tatarstán. Renomeado como Ak Bars Kazan como o tradicional símbolo tártaro, o leopardo das neves. Aproveitando o pulo dos recursos nos Urais, Ak Bars comezou a súa historia en boa forma, rematando primeiro na súa respectiva división en 1997 e 1998, así como gañando a RSL en 1998. Durante este período, o Kazan carecía da alta puntuación dos seus predecesores, mais seguiu a ser un equipo dominante no hóckey ruso, sendo finalista en 2000 e 2002. Neste tempo, o Kazan formou a xogadores como Denis Arkhipov e Danis Zaripov.

Na tempada 2004-05, o Kazan fichou a 11 xogadores da NHL, incluíndo ás estrelas rusas Alexei Kovalev e Ilya Kovalchuk e canadenses Vincent Lecavalier e Dany Heatley, nun intento de celebrar o centenario do Kazan cun campionato. Non tiveron éxito e finalizaron na cuarta praza, sendo eliminados nos playoffs polo Lokomotiv Yaroslavl.

Dende aquela, o Ak Bars Kazan dominou a RSL, gañando a liga en 2006 no retorno de Aleksey Morozov. En 2007 paseouse pola liga con 35 vitorias e 214 goles en 54 partidos antes de caer na final fronte ao Metallurg Magnitogorsk.

O Ak Bars foi liderado nos últimos anos pola liña dominante coñecida como "ZZM" formada por Sergei Zinovjev, Danis Zaripov e Aleksey Morozov, que se estableceu como unha das liñas máis dominantes da historia recente. Combinado con veteranos como Vitaly Proshkin e Vladimir Vorobiev, e estranxeiros como Ray Giroux, Petr Čajánek e Jukka Hentunen, Kazan mantívose como un dos mellores equipos da liga. Con todo foron criticados frecuentemente pola súa falta de consistencia e por confiar demasiado en estrelas como Morozov.[1]

O Ak Bars Kazan ten grandes rivalidades co Lokomotiv Yaroslavl e os seus veciños do Salavat Yulaev Ufa. Porén, o Ak Bars tivo como principal rival ao Dynamo de Moscova nos anos '90.

Palmarés

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar