Lingua tártara
A lingua tártara[2] ou tátara[3] (en tártaro latino: tatar tele, tatarça; en tártaro cirílico: татар теле, татарча) é unha lingua turca, a lingua dos tártaros. Fálano seis millóns de persoas na república rusa de Tatarstán, en Baskiria e outras comunidades de Rusia.
Tártaro татарча, tatarça, تاتارچا | ||
---|---|---|
Falado en: | Rusia, Ucraína, Turquía, China, Finlandia | |
Total de falantes: | 8 millóns | |
Familia: | Linguas turcas Noroccidental Uralo-caspiana Tártaro | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Tatarstán | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | tt
| |
ISO 639-2: | tat | |
ISO 639-3: | tat
| |
Mapa | ||
Status | ||
![]() |
EscrituraEditar
Os antepasados do pobo tártaro usaron o alfabeto orkhon. No século X empezou a usarse o alfabeto árabe. En 1927 foi adoptado o yanalif (en ruso: яналиф), un alfabeto baseado no latino, xa que por entón as autoridades comunistas querían latinizar a escritura de todas as linguas da antiga Unión Soviética. En 1939 este alfabeto foi substituído por un baseado no alfabeto cirílico.
O 15 de setembro de 1999 unha lei da república rusa de Tatarstán reintroduciu o alfabeto latino, agora denominado yanalif-2. Pero o 16 de novembro de 2004 o Tribunal Constitucional da Federación Rusa derrogou dita lei por incompatibilidades coa Constitución de Rusia.[4] Polo tanto de iure o alfabeto do tártaro é o baseado no alfabeto cirílico, aínda que moitas veces úsase de facto o alfabeto latinizado.
ClasificaciónEditar
O tártaro é unha lingua turca, considerada parte da disputada familia altaica de linguas.
Distribución xeográficaEditar
O tártaro fálase en partes de Europa, Rusia, China, Turquía, Polonia, Ucraína, Finlandia, Estonia e Asia Central.
NotasEditar
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tártaro.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tátaro.
- ↑ A resolución do Tribunal Constitucional da Federación Rusa (en ruso)
Véxase taménEditar
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua tártara |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- O tártaro no Ethnologue Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)