O HC MVD (en ruso ХК МВД) foi un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Balashikha, no óblast de Moscova (Rusia). Pertenceu á Tarasov Division (acadando o título de campión da división no 2010) da KHL entre o 2008 e o 2010, ano no que se fusionou co HK Dinamo Moscova para dar lugar ao OHK Dinamo.

HC MVD
ХК МВД
Fundación1949 (disolto no 2010)
Cidade Balashikha,
Óblast de Moscova
Rusia
EstadioBalachikha Arena
(6.000 espectadores)
LigaKontinental Hockey League
(2008-2010)
ConferenciaOeste
DivisiónTarasov
Campionatos1 título da División Tarasov
Afiliado(s)HK Tver (Vyschaïa Liga)
Cherif (MHL)
CoresVermello, azul e branco
                 
Na rede
http://www.hcmvd.ru/

Historia

editar

O MVD Moscow Oblast foi fundado en 1949 como Spartak Kalinin, adoptando o seu nome actual MVD no 2004 como parte do Ministerio de Exteriores de Rusia e trasladouse a Podolsk grazas á licenza do HK Tver, que se atopaba en dificultades financeiras pasando a ser un filial do MVD. No 2007 trasladouse novamente, desta vez á localidade de Balashikha, ao Balachikha Arena. No 2008 pasou a formar parte dos equipos da nova competición euroasiática, a Kontinental Hockey League (KHL), asinadno un convenio co Kristall Elektrostal da Vyschaïa Liga para que pasara a ser a súa escola. Na tempada seguinte, o equipo adestrado por Oļegs Znaroks gañou o título de campión da Tarasov Division chegou ata a final da Gagarin Cup contra o defensor do título, o Ak Bars Kazan, que conseguiron revalidar o título gañando a serie por catro vitorias a tres. Logo deste grande éxito o equipo fusionouse co HK Dinamo Moscova, en dificultades económicas, para formar o OHK Dinamo.

Denominacións

editar
  • Spartak Kalinin (1949–1952)
  • HK Kalinin (1952–1961)
  • SKA MVO Kalinin (1961–1999)
  • THK Twer (1999–2004)
  • HC MVD Twer (2004–2007)
  • HC MVD Balašicha (2007-2010)

Palmarés

editar

Participacións na KHL

editar
Tempada PX V VP VPn D DP DPn GF GC Pts Clasificación Play-offs
2008-09 56 20 2 4 0 1 29 142 159 73 18º/24 Non se clasificou
2009-10 56 30 1 0 6 4 15 160 135 102 4º/24   HC CSKA Moscova 3-0 (oitavos)
  Dinamo Riga 4-1 (cuartos)
  Lokomotiv Yaroslavl 4-3 (semifinais)
  Ak Bars Kazan 4-3 (final)

PX: Partidos xogados
V: Vitorias
VP: Vitorias na prórroga
VPn: Vitorias nos penaltis
D: Derrotas

 

DP: Derrotas na prórroga
DPn: Derrotas nos penaltis
Pts: Puntos
GF: Goles a favor
BC: Goles en contra

 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar