HC CSKA Moscova
O HC CSKA Moscova (en ruso ЦСКА Москва, abreviatura de Centralnyi Sportivnyi Klub Armii) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Moscova (Rusia). Actualmente compite na KHL e xoga os seus partidos como local no CSKA Ice Palace, un pavillón con capacidade para 5.600 espectadores. É coñecido en occidente como o Equipo do Exército Vermello pola súa antica filiación co Exército Vermello, as forzas armadas da URSS. O HC CSKA gañou máis campionatos soviéticos e copas de Europa que calquera outro equipo na historia.
CSKA Moscova ЦСКА Москва | |
---|---|
Fundación | 22 de decembro de 1946 como CDKA 1960 CSKA |
Cidade | Moscova, Óblast de Moscova Rusia |
Estadio | CSKA Ice Palace (5.600 espectadores) |
Liga | Kontinental Hockey League |
Conferencia | Oeste |
División | Bobrov |
Propietario(s) | Rosneft |
Director | Sergei Nemchinov |
Adestrador | Vyacheslav Butsayev |
Afiliado(s) | Krasnaya Armiya (MHL) |
Cores | Azul, vermello e branco |
Na rede | |
http://www.cska-hockey.ru |
Denominacións
editarPersonalidades
editarXogadores
editarLíderes históricos
editarO xogador que máis veces vestiu a camisola do CSKA foi Vladimir Vikulov, que disputou un total de 518 partidos co equipo moscovita. Por outra banda, Sergei Makarov é o xogador que máis puntos e asistencias conseguiu para o equipo, mentres que Boris Mikhailov é o máximo goleador histórico do equipo. Estes son os cinco mellores xogadores na historia do equipo en puntos, goles e asistencias:[1]
Nota: Pos = Posición; PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; P/G = Puntos por partido
|
|
|
Números retirados
editarO CSKA ten retirado catro dorsais.[1]
Nº | Xogador | Posición | Carreira |
---|---|---|---|
2 | Vyacheslav Fetisov | D | 1978–89, 2009 |
17 | Valeri Kharlamov | F | 1967–81 |
20 | Vladislav Tretiak | G | 1968–84 |
24 | Sergei Makarov | F | 1978–89 |
Palmarés
editar- 32 Campionatos da URSS: 1948, 1949, 1950, 1955, 1956, 1958, 1959, 1960, 1961, 1963, 1964, 1965, 1966, 1968, 1970, 1971, 1972, 1973, 1975, 1977, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1987, 1988, 1989
- 15 Copas da URSS: 1954, 1955, 1956, 1961, 1966, 1967, 1968, 1969, 1973, 1974, 1975, 1976, 1977, 1979, 1988
- 20 Copas de Europa: 1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1976, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 1987, 1988, 1989, 1990
- 1 Spengler Cup: 1991
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "CSKA MOSKVA" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 25 de outubro de 2017.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar