Vladislav Tretiak

Vladislav Aleksandrovich Tretiak, nado en Orudyevo (Moscova) o 25 de abril de 1952, é un xogador de hóckey sobre xeo soviético retirado que xogou no CSKA Moscova. Está considerado o mellor porteiro da historia deste deporte.

Modelo:BiografíaVladislav Tretiak

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de abril de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Orudyevo, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deputado da Duma Estatal
21 de decembro de 2011 – 5 de outubro de 2016
Deputado da Duma Estatal
29 de decembro de 2003 – 24 de decembro de 2007
Deputado da Duma Estatal

Deputado da Duma Estatal

Deputado da Duma Estatal

Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor en Wikidata
EducaciónMoscow State Academy of Physical Culture (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso79 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Moscova Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxogador de hóckey sobre xeo, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoRusia Unida
Partido Comunista da Unión Soviética Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeRusia Editar o valor en Wikidata
Rango militarCoronel Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPorteiro Editar o valor en Wikidata
Mano para tirarleft-handed shot (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Convocado porCanadiens de Montréal, 138º (1983) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
HC CSKA Moscova
Participou en
1984Xogos Olímpicos de Inverno de 1984
febreiro de 1980Xogos Olímpicos de Inverno de 1980
febreiro de 1976Xogos Olímpicos de Inverno de 1976
febreiro de 1972Xogos Olímpicos de Inverno de 1972 Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteLentapedia
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Третьяк Владислав Александрович)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0872294 Olympic.org: vladislav-tretyak Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Tretiak creceu nunha familia soviética, cuns pais procedentes de Sumy, República Socialista Soviética de Ucraína.[1] Con once anos entrou na Escola Deportiva para Nenos e Mozos do CSKA de Moscova.[2] O seu primeiro adestrador foi Vitaly Erfilov e comezou a xogar como porteiro cando viu que ninguén máis tiña o desexo ou o valor de xogar nesa posición.[3]

En 1969 debutou co primeiro equipo do CSKA, en que militou ata a súa retirada en 1984, e co que gañou trece veces a liga soviética. Ademais foi elixido cinco veces mellor xogador do campionato.

Coa selección da Unión Soviética foi tres veces campión olímpico (Sapporo 1972, Innsbruck 1976 e Saraxevo 1984), ademais de subcampión en Lake Placid 1980. Tamén foi dez veces campión do mundo.

Recibiu ofertas millonarias para xogar na Liga Nacional de Hóckey, mais sempre as rexeitou.

En 1978 recibiu a Orde de Lenin, unha das máis altas condecoracións da Unión Soviética. En 1989 converteuse no primeiro xogador non norteamericano incluído no Salón da Fama do Hóckey da NHL en Toronto.

En 2008 a Federación Internacional elixiuno como un dos integrantes do chamado "Equipo do Centenario", tras unha selección realizada por 56 expertos de dezaseis países e en que están os seis mellores xogadores de sempre.[4]

Nos Xogos Olímpicos de Sochi 2014, acendeu a lapa olímpica canda Irina Rodnina.

Vida persoal

editar

Tretiak casou coa súa esposa Tatiana (nada en 1950) o 23 de agosto de 1972, seis semanas despois de coñecerse. O seu primeiro fillo, Dmitri, naceu o ano seguinte e a súa filla, Irina, naceu tres anos despois. Tatiana está cualificado como profesor de literatura rusa, aínda que non exerce. Tretiak é cristián ortodoxa ruso.[5]

Palmarés

editar
  • Tres ouros olímpicos (Sapporo 1972, Innsbruck 1976 e Saraxevo 1984) e unha prata (Lake Placid 1980)
  • Dez veces campión do mundo (1970, 71, 73, 74, 75, 78, 79, 81, 82 e 83), dúas veces subcampión (1972 e 76) e unha terceiro clasificado (1977)
  • Campión da Copa Canadá en 1981 e terceiro en 1976
  • Trece ligas da Unión Soviética co CSKA de Moscova
  1. Kolesnikov, Boris. "ХК "Донбасс" на открытии новой ледовой арены в Луганске". 7 de setembro de 2013. HC Donbass. Consultado o 7 de setembro de 2013. "Третьяк обмолвился, что он корнями-то украинец, родители его с Сумщины" - "Tretiak has mentioned that he is of Ukrainian-roots, his parents are from Sumy"
  2. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2004. Consultado o 22 de marzo de 2008. . vor.ru (entrevista en ruso, 1999)
  3. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2013. Consultado o 8 de setembro de 2013. 
  4. IIHF Centennial All-Star Team. Iihf.com. Consultado o 5 de abril de 2013.
  5. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2014. Consultado o 8 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar