Xogos Olímpicos de Inverno de 1984

Xogos Olímpicos de Inverno de 1984
Saraxevo 1984
Cidade Saraievo, Iugoslavia Iugoslavia
Estados Participantes 49
Atletas 1.272
Eventos 49 en 6 deportes
Cerimonia de apertura 8 de febreiro
Cerimonia de clausura 19 de febreiro
Apertura oficial Mika Špiljak
Xuramento do atleta Bojan Križaj
Entrada do Facho Olímpico Sanda Dubravčić
Local Estadio Koševo

A XIV Edición dos Xogos Olímpicos de Inverno tivo lugar na cidade de Saraievo en Iugoslavia do 8 ao 19 de febreiro de 1984, sendo a primeira vez que se celebran estes Xogos nun país socialista.

Elección da sedeEditar

A cidade de Saraievo tivo que competir contra outras dúas cidades para ser sede dos XIV Xogos Olímpicos de Inverno. Estas outras cidades foron Gotemburgo en Suecia e Sapporo no Xapón, que xa fora a sede en 1972 dos Xogos Olímpicos de Inverno. A elección levouse a cabo na 80.ª sesión do COI que tivo lugar na cidade de Atenas (Grecia) o 18 de maio de 1978.

XIV Edición dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1984
80ª sesión do Comité Olímpico Internacional
18 de maio de 1978, Atenas, Grecia
Cidade País Votación
Saraievo Iugoslavia 31 39
Sapporo Xapón 33 36
Gotemburgo Suecia 10 -

Facho OlímpicoEditar

 
Facho Olímpico.

Do 29 de xaneiro ao 8 de febreiro, 1.600 relevistas levaron a chama olímpica nun percorrido de 5.289 quilómetros que comezou na cidade grega de Olímpia e logo seguiu dúas rutas a través de Iugoslavia:

A última portadora do facho olímpico foi a patinadora artística Sanda Dubravčić, quen a recibiu das mans do esquiador Bojan Križaj.

Mascota oficialEditar

Os lectores dos xornais iugoslavos foron os encargados de elixir a mascota dos Xogos a partir dunha lista de seis finalistas. O gañador foi Vučko, un pequeno lobo, deseñado polo ilustrador e deseñador esloveno Jože Trobec.

SedesEditar

Sedes urbanasEditar

Sedes de montañaEditar

Outras dependenciasEditar

  • Vila Olímpica, Mojmilo
  • Vila da Prensa, Dobrinja
  • Hoteis: Igman (Igman), Famos (Bjelašnica), Smuk (Bjelašnica), Bistrica (Jahorina)

DeportesEditar

Países participantesEditar

49 Comités Olímpicos Nacionais (CONs) rexistraron atletas nos Xogos Olímpicos de Inverno 1984, sendo este un récord ata a data.

Exipto, Mónaco, Porto Rico, Senegal, e as Illas Virxes Británicas participaron por primeira vez nos Xogos Olímpicos de Inverno.

A República da China finalizou o seu boicot aos Xogos Olímpicos tralo recoñecemento da República Popular da China por parte del COI, e competiu como China Taipei por primeira vez.

Lista de nacións participantes

MedalleiroEditar

Cadro de Medallas  
Posición País                   Total
1   Alemaña Oriental 9 9 6 24
2   Unión Soviética 6 10 9 25
3   Estados Unidos 4 4 0 8
4   Finlandia 4 3 6 13
5   Suecia 4 2 2 8
6   Noruega 3 2 4 9
7   Suíza 2 2 1 5
8   Canadá 2 1 1 4
9   Alemaña Occidental 2 1 1 4
10   Italia 2 - - 2

NotasEditar

  1. Organizacioni komitet XIV zimskih olimpijskih igara Sarajevo, ed. (1984). "The Olympic Flame". Sarajevo '84, Final Report (PDF) (en inglés). Sarajevo: Oslobodenje. pp. 122–124. OCLC 20516630. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21/12/2011. Consultado o 16/04/2012. 

Véxase taménEditar