Bíatlon nos Xogos Olímpicos
O bíatlon é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dos Xogos Olímpicos de Inverno. Debutou nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1960 realizados en Squaw Valley (nos Estados Unidos) coa proba individual masculina de 20 quilómetros. Nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1968 realizados en Grenoble (Francia) incorporouse a primeira proba de relevos por equipos, e nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980 realizados en Lake Placid (Estados Unidos) produciuse a primeira proba de esprinte. A competición feminina non foi engadida até os Xogos Olímpicos de Inverno de 1992 realizados en Albertville (Francia).
Tipo | evento deportivo recorrente |
---|---|
Deporte | bíatlon |
Organizador | Comité Olímpico Internacional |
Parte de | Xogos Olímpicos de Inverno |
Outro | |
Páxina web oficial | olympic.org… |
Antes da introdución do bíatlon como deporte olímpico en 1960, participou nos Xogos Olímpicos de Inverno a chamada patrulla militar, precedente do bíatlon. Este deporte foi oficial nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1924 en Chamonix e de demostración nas edicións de 1928, 1936 e 1948.
Os grandes dominadores deste deporte son Alemaña, Noruega, Rusia e Francia.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bíatlon nos Xogos Olímpicos |