Lake Placid
aldea no estado de Nova York
Lake Placid ([leɪk ˈplæs.ɪd])[1] é unha aldea situada nos montes Adirondack. Pertence ao condado de Essex, no estado de Nova York. Fíxose coñecida internacionalmente por albergar os Xogos Olímpicos de Inverno de 1932, así coma os de 1980. Posúe unha poboación de 2 205 habitantes, segundo datos de 2020.[2]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nova York | ||||
Condado | Condado de Essex (pt) | ||||
Vila | North Elba (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.205 (2020) (553,92 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 1.089 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3,980703 km² | ||||
Auga | 10,7907 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 549 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 12946 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 845 | ||||
Páxina web | lake-placid.ny.us |
Xeografía
editarSegundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos de América, a aldea abrangue unha área total de 4 km2, dos cales, 3,6 km2 son terra e 0,4 km2, ou 10,79%, son auga. A aldea está situada preto do extremo meridional do lago homónimo.
Notas
editar- ↑ Pronuncia inglesa do nome da aldea, segundo o alfabeto fonético internacional.
- ↑ "United States Census Bureau". data.census.gov.