Chamonix
Coordenadas: 45°55′20″N 6°52′08″L / 45.922222222222, 6.8688888888889
Chamonix-Mont-Blanc, ou máis comunmente Chamonix, é unha comuna no departamento de Alta Savoia na rexión de Ródano-Alpes, no sueste de Francia. Foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1924, os primeiros Xogos de Inverno. A poboación da comuna é de 9.086 habitantes, ocupando o posto 865 do país.[1]
| |||||||
País | Francia | ||||||
• Rexión | Ródano-Alpes | ||||||
• Departamento | Alta Savoia | ||||||
• Distrito | Bonneville | ||||||
• Cantón | Chamonix-Mont-Blanc | ||||||
Localización | |||||||
• Altitude | 995–4.810 msnm | ||||||
Superficie | 245,46 km² | ||||||
Poboación | 9.514 hab. (2006) | ||||||
• Densidade | 39 hab./km² | ||||||
Alcalde | Éric Fournier (2008–14) | ||||||
Código Postal | 74400 | ||||||
Sitio web | chamonix-mont-blanc.fr |
Situado preto do macizo de picos das Agullas Vermellas, Chamonix alberga o cumio do Mont Blanc cos seus veciños da comuna de Courmayeur en Italia, e posúe o título da comuna máis alta de Francia. A comuna é ben coñecida e querida polos esquiadores e amantes da montaña. O Mont Blanc, cunha altitude de 4.810 metros, é o terceiro lugar natural máis visitado do mundo.[2] Cunha superficie de 245 quilómetros cadrados, Chamonix é a cuarta comuna máis grande da Francia continental.
Xeografía Editar
Asentamentos Editar
O municipio de Chamonix inclúe 16 vilas e aldeas. De norte a sur: Le Tour (1462 m), Montroc, Le Planet, Argentière (1252 m), Les Chosalets, Le Lavancher, Les Tines, Les Bois, Les-Praz-de-Chamonix (1060 m), Chamonix-Mont-Blanc, Les Pècles, Les Mouilles, Les Barrats, Les Pélerins, Les Gaillands, e Les Bossons (1012 m).
Turismo Editar
- Ferrocarril de Montenvers (ferrocarril de cremalleira de Chamonix a Montenvers, por riba do Mer de Glace).
- Tranvía do Mont Blanc (ferrocarril de cremalleira de St. Gervais a Nid d'Aigle no Mont Blanc).
- Teleférico de l'Aiguille du Midi.
- Restaurante panorámico na estación superior do teleférico de Brévent (impresionantes vistas do Mont Blanc).
- Museo Alpino de Chamonix.
- Estatua de Horace-Bénédict de Saussure (iniciador da primeira ascensión ao Mont Blanc).
- Estatua de Michel-Gabriel Paccard, que xunto con Jacques Balmat, fixo a primeira ascensión con éxito ao Mont Blanc en 1786.
Transporte Editar
Estradas Editar
A vila de Chamonix é servida pola francesa Route Nationale 205 (RN 205), apodada a Route Blanche, ou "ruta branca" debido ás súas nevaradas. Esta é unha extensión da francesa autoroute 40 (A40), do mesmo xeito apodada a autoroute blanche, que remata en Le Fayet, unha aldea na comuna de Saint-Gervais-les-Bains.[3] O túnel do Mont Blanc de 11,6 km orixínase aquí, unindo Chamonix con Courmayeur en Italia.[4] Chamonix está unido con Suíza pola que adoitaba ser a RN 506a. En 2006 foi convertida na Route Départementale 1506, cunha parte dela integrada na RN 205. O aeroporto máis próximo a Chamonix é o Aeroporto Internacional de Xenebra e está a 88 km de distancia, habendo empresas que realizan traslados ao aeroporto cada 45 minutos.[5] Outras ofrecen un servizo regular de autobús diario desde o aeroporto de Xenebra a Chamonix.[6]
Ferrocarril Editar
Chamonix é servido pola bitola métrica Saint-Gervais–Vallorcine, operado por SNCF. A liña de Saint-Gervais (na rede ferroviaria de vía ancha) a Chamonix abriuse en 1901; estendéndose a Vallorcine en 1908. A liña ten o récord de ser a máis empinada.
Cidades irmás Editar
Chamonix está irmandado con:
- Aspen (Colorado)
- Cilaos (La Reunion)
- Courmayeur (Italia)
- Davos (Suíza)
- Fujiyoshida (na base do Monte Fuji, no Xapón)
- Garmisch-Partenkirchen (Alemaña)
Notas Editar
- ↑ "INSEE - Chamonix: Données générales"
- ↑ ""Classement mondial du Mont-Blanc en termes de fréquentation"". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2011. Consultado o 28 de abril de 2011.
- ↑ "Site de l'association de défense des usagers de l'A40 et de l'A41"
- ↑ ""Chamonix Valley Website"". Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2008. Consultado o 29 de abril de 2011.
- ↑ "Geneva to Chamonix Low Fare Transfers"
- ↑ "deluxe-transfers.com"