Teleférico de l'Aiguille du Midi

Coordenadas: 45°55′6″N 6°52′11″L / 45.91833, -6.86972

O teleférico de l'Aiguille du Midi é un teleférico situado en Chamonix (Haute-Savoie, Francia) que permite alcanzar o cume da Aiguille du Midi (3.842 metros) nun tempo aproximado de vinte minutos. Está formado por dous tramos separados por un punto intermedio localizado no Plan-de-l'Aiguille, a 2.317 metros de altitud, e arrodeado polas Aiguilles de Chamonix. As cabinas funcionan durante doce horas, ascendendo entre 4.500 e 5.500 persoas diariamente.

L'Aiguille du Midi e a chegada do teleférico

A liña actual inaugurouse en 1955, pero un primeiro teleférico, tamén coñecido como Aiguille du Midi, funcionou desde 1924 até 1950 sen chegar ao cume.

Características editar

 
Saída da estación de Chamonix

Primeiro tramo

  • Lonxitude: 2.553 metros
  • Altitude de saída: 1.038 metros, en Chamonix
  • Altitude de chegada: 2.317 metros, no Plan-de-l'Aiguille
  • Desnivel: 1.279 metros
  • Capacidade: 5.040 kg (72 pasaxeiros)
  • Velocidade: 10 m/s

Segundo tramo

  • Lonxitude: 2.867 metros
  • Altitude de saída: 2.317 metros, no Plan-de-l'Aiguille
  • Altitude de chegada: 3.776 metros, en l'Aiguille du Midi
  • Desnivel: 1.470 metros
  • Capacidade: 4.620 kg (66 pasaxeiros)
  • Velocidade: 12,5 m/s

A partir do punto de chegada do teleférico, pódese ascender ata a punta de L'Aiguille du Midi por medio dun ascensor escavado na rocha.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar