Davos
Davos (en romanche Tavau, en italiano Tavate) é unha cidade e comuna Suíza do cantón dos Grisóns, situada no distrito de Prättigau/Davos, círculo de Davos.
Davos (fr) Davos (it) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado federado | Suíza | ||||
Cantóns | Grisóns | ||||
Rexión | Rexión de Prättigau/Davos | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.862 (2019) (38,25 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Swiss High German (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 284 km² | ||||
Bañado por | Landwasser | ||||
Altitude | 1.559 m-1.563 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Tarzisius Caviezel (2013–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 7265, 7260, 7270, 7276, 7277, 7278, 7294 e 7272 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 081 | ||||
Código de municipio suízo | 3851 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | gemeindedavos.ch |
A partir do 1 de xaneiro de 2009 trala fusión coa comuna de Wiesen, Davos converteuse na comuna máis grande de Suíza, quitándolle o posto á comuna valesana de Bagnes.
Xeografía
editarLimita ao norte con Klosters-Serneus, ao leste con Susch, ao sur con S-chanf e Bergün/Bravuogn, ao suroeste con Filisur e Schmitten, e ao oeste con Arousa e Langwies.
Puntos de interese xeral
editarDavos é famoso por ser a sede do encontro mundial do Foro Económico Mundial, no que se reúnen as elites sociais e económicas do mundo. Tamén é famosa pola celebración de eventos de deportes de inverno, como a Copa Spengler, o torneo de clubs máis antigo de hóckey sobre xeo.
Davos non é só un dos maiores lugares de vacacións de montaña, de deportes e de congresos nos Alpes, senón tamén a cidade de Europa de maior altitude (1560 - 2844 metros, 5100 - 9300 pés). Davos atópase na parte suroriental de Suíza, no cantón dos Grisónss. O idioma oficial é o alemán. Davos é un lugar multicultural; practicamente todo o mundo pódese entender en inglés, francés ou italiano.
A Davos chégase comodamente desde todas partes en automóbil ou en tren. O aeroporto máis próximo é o Zürich, a viaxe en auto desde alí dura 2 horas e en tren tárdase 2 horas e 30 minutos.
Datos de Davos
editarDavos sitúase a unha altitude de 1.560 m (5.100 pés). A súa poboación é de 10.491 habitantes no 2005.
Conta con:
- 100 restaurantes.
- 24.000 camas entre hoteis e casas de vacacións.
- 200 tendas nas que se pode pagar con francos suízos CHF, euros EUR e cartas de crédito.
- 54 instalacións.
- 1 estación de remonte a 2.844 metros (9.300 pés).
- 300 quilómetros de pistas de esquí (186 millas) cunha pista de 12 quilómetros.
- 97 quilómetros de camiños para sendeirismo no inverno (60 millas).
- Campo de golf de 18 buracos
- 75 quilómetros de itinerarios para esquí de fondo (47 millas).
Cidades irmandadas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Davos |