Hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos

O hóckey sobre xeo é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dende os Xogos Olímpicos de 1920 (daquela aínda nos Xogos de Verán). É, xunto coa patinaxe artística, o único deporte de inverno que estivo presente nuns Xogos Olímpicos de Verán grazas á súa inclusión no programa olímpico da edición 1920, realizados en Anveres (Bélxica). Posteriormente, foi incluído no programa olímpico dos Xogos Olímpicos de Inverno de 1924 realizados en Chamonix (Francia), pasando a disputarse dende ese momento en cada edición. A competición feminina non foi introducida até os Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 realizados en Nagano (no Xapón).

Modelo:Competición deportivaHóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
OrganizadorComité Olímpico Internacional Editar o valor en Wikidata
Parte deXogos Olímpicos de Inverno e Xogos Olímpicos de Verán Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Período de ocorrencia4 Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialolympic.org… Editar o valor en Wikidata

Os grandes dominadores deste deporte son o Canadá e a desaparecida Unión Soviética, seguidos a gran distancia dos Estados Unidos e Suecia.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar