Deportes olímpicos
Os deportes olímpicos son disputados nos Xogos Olímpicos de Verán e Inverno. Os Xogos Olímpicos de 2016 contaban con 28 deportes, e no programa dos Xogos Olímpicos de 2020 inclúense cinco deportes adicionais; os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 contaban con sete deportes.[1] O número e os tipos de probas poden variar lixeiramente dunha olimpíada a outra. Cada deporte olímpico está representado por un organismo internacional ou federación internacional.[2] O Comité Olímpico Internacional (COI) estabelece unha xerarquía dos deportes, das disciplinas e das probas.[2] Segundo esta xerarquía, cada deporte olímpico pode subdividirse en múltiples disciplinas, que moi a miúdo son confundidas cos deportes. Exemplos disto son a natación e o wáter-polo, que de feito son disciplinas do deporte acuático (representado pola Federación Internacional de Natación),[3] ou a patinaxe artística sobre xeo e patinaxe de velocidade sobre xeo, que son disciplinas da patinaxe sobre xeo (representada pola Unión Internacional de Patinaxe sobre Xeo).[4]
Os Xogos Olímpicos pasados incluíron deportes que xa non forman parte do programa, como o polo ou o tiro de corda.[5] Coñecidos como "deportes descontinuados", foron eliminados ou ben pola perda de interese ou pola ausencia dunha organización deportiva axeitada.[2]
Notas
editar- ↑ International Olympic Committee (ed.). "Olympic Sports". Consultado o 13 de marzo de 2010.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 HickokSports.com, ed. (4 de febreiro de 2005). "Olympic Sports, Disciplines & Events". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2007. Consultado o 18 de marzo de 2007.
- ↑ Sports (ed.). "Aquatics". International Olympic Committee. Consultado o 6 de abril de 2007.
- ↑ Sports (ed.). "Skating". International Olympic Committee. Consultado o 6 de abril de 2007.
- ↑ Sports (ed.). "Olympic sports of the past". International Olympic Committee. Consultado o 6 de abril de 2007.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deportes olímpicos |
A Galipedia ten un portal sobre: Xogos Olímpicos |