O Amur (en ruso: Амур Хабаровск) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Khabarovsk (Rusia) que lle debe o seu nome ao Río Amur e que actualmente compite na Kontinental Hockey League. A súa localización no Extremo Oriente Ruso fai que a distancia co seu veciño máis próximo na competición, o Metallurg Novokuznetsk, sexa de aproximadamente 3000 km. As súas cores son o amarelo, o azul e o branco.

Amur Khabarovsk
Амур Хабаровск
Fundación1966
Cidade Khabarovsk,
Krai de Khabarovsk
Rusia
EstadioPlatimun Arena
(7.100 espectadores)
LigaKontinental Hockey League
ConferenciaLeste
DivisiónChernyshev
Campionatos0
Propietario(s)Viktor Ishayev
Adestrador Anatoli Yemelin
Afiliado(s)Ermak Angarsk (Vysshaya Liga)
CoresAzul, branco e laranxa
                 
Na rede
http://www.hcamur.ru
Facebook: amurhc Twitter: amurhc Instagram: amurhc Youtube: UCkkiqre5uLcNKoFILQdeFHg Editar o valor em Wikidata

O equipo conta cunha das mellores asistencias de público aos seus partidos de entre os clubs que xogan nas ligas europeas. Na clasificación da clasificación IIHF da tempada 2006-07, Amur foi o 13º equipo na lista (3º da liga rusa) cunha media de público de 7100 espectadores, o que significa que o Platinum Arena énchese en cada partido.[1]

Historia editar

O club foi fundado en 1966 baixo o nome SKA Khabarovsk, tomando o seu nome actual en 1996. O club, logo de ascender á Superliga Rusa en 1996, foi descendido novamente á segunda división no 2004 xa que a compañía mineira atravesaba grandes dificultades financeiras. Recuperou a categoría ese mesmo ano. O equipo de reserva tivo un breve paso pola Asia League baixo o nome de Golden Amur no 2005. No 2008, integrouse nunha nova competición en Eurasia, a KHL. O club asinou unha afiliación co club Ermak Angarsk da Vysshaya Liga para convertelo no seu club-escola.

Palmarés editar

Notas editar

Ligazóns editar