Platinum Arena

pavillón deportivo da cidade de Khabarovsk (Rusia)

O Platinum Arena (en ruso: Платинум Арена) é un pavillón deportivo da cidade de Khabarovsk (Rusia). Foi inaugurado en 2003 e ten capacidade para 7.100 espectadores. Neste pavillón xogan os seus partidos como locais os equipos de hóckey sobre xeo Amur Khabarovsk (pertencente á Kontinental Hockey League e que o utiliza dende a súa inauguración), así como o seu equipo júnior Amurskie Tigry (pertencente á Minor Hockey League e que o emprega dende o 2010). Na tempada 2004-05 foi a casa do desaparecido Golden Amur, que competiu durante a súa única tempada de existencia na Asia League Ice Hockey.

Platinum Arena
Платинум Арена
Platinum Arena
Datos
LocalizaciónKhabarovsk, Rusia
Construción
Inauguración2003
Estadio
Capacidade7.100 espectadores
LocalíaAmur Khabarovsk (2003-)
Amurskie Tigry (2010-)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar