Tempada 2010-11 da KHL

A tempada 2010-2011 da Kontinental Hockey League foi a terceira tempada da competición euroasiática de hóckey sobre xeo. A liga estivo formada por un total de 23 equipos (un menos que na tempada precedente) repartidos en dúas conferencias (leste e oeste) de dúas divisións dada unha. Cada equipo xogou un total de 54 partidos. Ao final da liga regular, o Avangard Omsk gañou a Continental Cup ao finalizar na primeira posición, pero tralos playoffs polo título foi o Salavat Yulaev Ufa quen se alzou co título da liga.

A liga comezou o 8 de setembro de 2010 coa disputa da Opening Cup, e finalizou o día 6 de abril de 2011 coa disputa do quinto e definitivo partido da final da Copa Gagarin.

Trocos na ligaEditar

Trocos nos equiposEditar

Saída da competición do Lada Togliatti
O Lada Togliatti abandonou a KHL para pasar a competir na Vysshaya hokkeinaya liga logo de non poder cumprin os requisitos financeiros da KHL.

Fusión do HC MVD e o Dynamo Moscova O 30 de abril do 2010, anunciouse que o HC MVD (finalista na tempada anterior) se fusionaría co Dynamo Moscova para formar o OHK Dynamo, pasando a xogar a meirande parte dos seus partidos no Megasport Arena de Moscova, xogando tamén algúns partidos en Balashikha. O plan é contar cun novo espazo moderno e máis grande en Balashikha no 2012.[1]

Equipos de expansión
Na data límite de admisión do 1 de abril de 2010, seis novos equipo de catro países diferentes solicitaran ingresar na KHL nese ano: o Yugra de Khanty-Mansiysk, Krylya Sovetov de Moscova e o Gazovik de Tyumen por parte de Rusia; o HC Budivelnyk de Kiev por parte de Ucraína; o HC Lev de Hradec Králové por parte da República Checa; e o Vėtra Vilnius de Vilnius por parte de Lituania.[2] Destes equipos, o Budivelnyk e o Yugra foron aceptados na KHL inicialmente,[3] mais o 24 de xuño de 2010, o equipo ucraíno anunciou que non xogaría na KHL durante a tempada 2010-11 porque o seu estadio aínda non estaba listo.[4] O 16 de xullo de 2010, o HC Lev, que durante a liga se trasladara a Poprad (Eslovaquia, foi aceptado na KHL,[5] mais logo de que a federación eslovaca se atrasara en autorizar a participación do equipo, a KHL excluíuno para a tempada 2010–11.[6]

Reestruturación das divisións
A saída da competición do Lada, a fusión entre o HC MVD e o Dynamo de Moscova, e a chegada á competición do Yugra obrigou a facer reaxustes na configuración de algunhas disivións: na División Tarasov, o HC MVD foi substituído polo Dynamo Minsk, que abandonou a División Bobrov, quedando esta división con tan só 5 equipos (a máis pequena da competición); na División Kharlamov, o Yugra substituíu ao Lada.

Outros trocosEditar

Formato dos Play-offs
Ao contrario que nas edicións anteriores da liga, tódalas series do play-off foron xogadas ao mellor de sete partidos.[7]

Prohibición de Vuvuzelas
A administración da KHL prohibiu explicitamente a venda e uso de vuvuzelas nos estadios de hóckey sobre xeo.[8]

Equipos participantesEditar

División Equipo Cidade/Área Estadio Capacidade Fundación Chegada (1) Capitán
Conferencia Leste
Chernyshev Amur   Khabarovsk Platinum Arena 7.100 1966 2006   Alexei Kopeikin
Avangard Omsk Oblast   Omsk Omsk Arena 10.318 1950 1991   Alexei Kalyuzhny
Barys   Astana Alatau Sports Palace 5.532 1999 2008   Kevin Dallman
Metallurg Novokuznetsk   Novokuznetsk Kuznetsk Metallurgists SP 8.040 1949 1992   Alexei Koledaev
Sibir Novosibirsk   Novosibirsk Ice Sports Palace Sibir 7.400 1962 2002   Alexander Boikov
Salavat Yulaev Ufa   Ufa Ufa Arena 8.400 1957 1992   Vladimir Antipov
Kharlamov Ak Bars Kazan   Kazan Tatneft Arena 10.000 1956 1992   Aleksey Morozov
Neftekhimik   Nizhnekamsk SCC Arena 5.500 1968 1995   Andrei Ivanov
Avtomobilist Ekaterinburg   Ekaterinburgo KRK Uralets 5.500 2006 2009   Alexander Gulyavtsev
Yugra Khanty-Mansiysk   Khanty-Mansiysk Arena Ugra 5.500 2006 2010
Metallurg Magnitogorsk   Magnitogorsk Magnitogorsk Arena 7.700 1950 1990   Evgeny Varlamov
Traktor Chelyabinsk   Chelyabinsk Yunost Sport Palace 7,500 1947 2006   Andrei Nikolishin
Conferencia Oeste
Tarasov Atlant Moscow Oblast   Mytishchi Mytishchi Arena 7.000 1953*   Sergei Mozyakin
Vityaz Chekhov   Chekhov Ice Hockey Center 2004 3.300 1998* 2005   Chris Simon
Lokomotiv Yaroslavl   Yaroslavl Arena 2000 9.000 1949 1987   Ivan Tkachenko
Severstal Cherepovets   Cherepovets Ice Palace 6.000 1956 1989   Alexander Shinin
Torpedo Nizhny Novgorod   Nizhny Novgorod Trade Union Sport Palace 5.500 1947 2007   Alexei Troshchinskiy
Dynamo-Minsk   Minsk Minsk-Arena 15.000 2004 2008   Ville Peltonen
Bobrov CSKA   Moscova CSKA Ice Palace 5.600 1946   Konstantin Korneev
Dynamo Moscova   Moscova Luzhniki Minor Arena 8.700 2010   Alexei Kudashov
Spartak Moscova   Moscova LDS Sokolniki 5.000 1946 2007   Dmitry Upper
SKA San Petersburgo   San Petersburgo Ice Palace 12.300 1946 1992   Maxim Sushinski
Dinamo Riga   Riga Arena Riga 10.300 2008   Sandis Ozoliņš

Un asterisco (*) indica unha reubicación da franquía. Véxase o artigo do equipo para maior información.

(1) Indiaca o último ano no que o equipo ascendeu á máxima categoría do hóckey sobre xeo ruso.

XogadoresEditar

Na terceira edición da KHL tomaron parte un toyal de 670 xogadores procedentes de 14 países distintos:[9]

País Xogadores en activo
(2010–11)
  Rusia (20 equipos) 469
  Eslovaquia 40
  República Checa 37
  Casaquistán (1 equipo) 31
  Letonia (1 equipo) 28
  Canadá 25
  Belarús (1 equipo) 18
  Ucraína 17
  Finlandia 16
  Suecia 14
  Estados Unidos 7
  Noruega 1
  Alemaña 1
  Austria 1
TOTAL 670

Liga regularEditar

A liga regular comezou o 8 de setembro de 2010 coa disputa da Opening Cup entre o Ak Bars Kazan (campión da tempada anterior) e o Dynamo Moscova (o finalista da tempada anterior fora o HC MVD, mais os problemas financeiros do club fixeron que se fusionase co HC Dynamo). Houbo pequenos paróns en novembo, decembro e febreiro por mor dos partidos internacionais e o partido das estrelas.[7] Cada equipo xogou un total de 54 partidos durante esta fase.

Eventos salientablesEditar

Draft de 2010
O 4 de xuño de 2010 tivo lugar en Moscova o segundo draft da KHL, no que xogadores de todo o mundo entre os 17 e os 21 anos puideron ser elixidos para competir na tempada 2010-11 na KHL, MHL ou VHL. Dos 690 xogadores participantes, 490 xogaban en Rusia, 100 en Europa e 100 en América.[10] A primeira elección do draft foi o checo Dmitrij Jaškin (xogador do VHK Vsetín), seleccionado polo Sibir de Novosibirsk

Opening Cup
O primeiro partido da liga é tradicionalmente a "Opening Cup", que é xogado polos finalistas da Copa Gagarin da tempada anterior. Debido a que o finalista da tempada anterior, o HC MVD, se fusionou co Dynamo Moscova por problemas financeiros formando o OHK Dynamo, o campión de liga da tempada anterior e defensor do título, o Ak Bars Kazan e o novo OHK Dynamo disputáronse este título. O partido tivo lugar o 8 de setembro de 2010 no TatNeft Arena de Kazán, e o equipo moscovita derrotou por 3-1 ao equipo local, gañando o trofeo por primeira vez na súa historia.

Partidos de exhibición entre equipo da KHL e a NHL

Os Carolina Hurricanes xogaron fronte ao SKA San Petersburgo no Ice Palace de San Petersburgo (Rusia) ante 12.000 espectadores o 4 de outubro de 2010, gañando os rusos por 5 goles a 3. Por outra banda, os Phoenix Coyotes xogaron fronte ao Dinamo Riga no Arena Riga de Riga (Letonia) ante 10.520 espectadores o 6 de outubro dese mesmo ano, gañando os estadounidenses por 1 gol a 3.[11]

Partido en Suíza
O 23 de decembro de 2010, antes do inicio da Spengler Cup, os dous participantes da KHL (SKA San Petersburgo e Spartak Moscova, xogaron un partido oficial da liga regular no Vaillant Arena de Davos (Suíza). Foi o primeiro partido da KHL xogado en Europa Central.

Partido das Estrelas
O Fin de semanda das Estrelas tivo lugar os días 5 e 6 de febreiro de 2011 no Ice Palace de San Petersburgo ante 10.127 espectadores.[7]

AcontecementosEditar

  • O 5 de outubro de 2010, o checo Jan Marek (CSKA) converteuse no primeiro xogador estranxeiro en conseguir anotar 100 goles na liga. Catro días antes, o canadense David Nemirovsky (Dynamo Minsk) lograra esta marca, aínda que non é considerado estranxeiro, xa que o xogador posúe tamén a cidadanía rusa.
  • O 10 de outubro de 2010, Aleksandr Radoulov (Salavat Yulaev) anotou un gol contra o Yugra aos seis segundos de xogo, converténdose no gol máis rápido da historia do campionato.
  • O 10 de decembro de 2010, o partido entre Vityaz Chekhov e o Avangard Omsk comezou cunha pelexa tras seis segundos de xogo. O adestrador dos moscovitas Andrei Nazarov alineou a cinco atacantes (Serguei Belokon e catro enforcers, Darcy Verot, Ivan Larine, Denis Sergueïev, Josh Gratton) dende o saque inicial para atacar aos titulares do Avangard.[12] Os titulares Roman Červenka, Aliakseï Kalioujny, Marek Svatoš, Martin Škoula, Alekseï Bondarev e Karri Rämö opuxéronse. Červenka e Škoula foron hospitalizados. Once meses antes, durante un partido entre estes dous equipos fora suspendido por outra pelexa multitudinaria. O Avangard gañou o partido por 3-2. O equipo de Omsk escribiu unha nota de prensa pedindo a expulsión da KHl do Vityaz e que se suspendera aos dirixentes e ao cadro do Vityaz.[13] Ao día seguinte, a comisión disciplinaria atopou infraccións e suspendeu aos seguintes xogadores: Belokon (3 partidos), Verot (2 partidos), Larine (4 partidos), Gratton (5 partidos). Ademais, e conforme ao artigo 29 que pretende evitar as lesións graves, estas sancións foron revisadas, polo que Verot, Larine, Belokon e Gratton foron sancionados con 14, 14, 18 e 20 partidos de sanción respectivamente. O adestrador Nazarov foi multado con 400.000 rublos polas lesións causadas a seis xogadores contrario. O Avangard e o seu director xeral Anatoli Bardine foron sancionados con 100.000 rublos por violación das reglas durante o xogo[14]. O director xeral do Vityaz Alekseï Jamnov foi tamén sancionado con 150.000 rublos.

LendaEditar

Fonte: KHL.ru[15]

  • PX: Partidos xogados
  • GF: Goles a favor
  • GC: Goles en contra
  • Pts: Puntos

Os puntos repártense do seguinte xeito:

  • 3 Puntos pola vitoria no tempo regulamentario ("V")
  • 2 Puntos pola vitoria no tempo extra ("OTW") ou por penaltis ("SOW")
  • 1 Puntos pola derrota no tempo extra ("SOL") ou por penaltis ("OTL")
  • 0 Puntos pola derrota no tempo regulamentario ("D")
     Campión de División
     Clasificado para os playoffs

Clasificación das divisiónsEditar

Conferencia Oeste

División Bobrov PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts
  UHC Dynamo 54 28 1 1 4 4 16 149 131 96
  SKA San Petersburgo 54 23 3 6 5 4 13 171 144 96
  Spartak Moscova 54 24 1 1 3 3 22 129 142 82
  Dinamo Riga 54 20 2 5 5 2 20 160 149 81
  CSKA Moscova 54 13 0 7 4 2 28 136 169 59
División Tarasov PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts
  Rusia Lokomotiv Yaroslavl 54 33 1 1 4 1 14 203 143 108
  Atlant Moscow Oblast 54 21 4 7 4 2 16 138 115 91
  Severstal Cherepovets 54 25 2 3 0 4 20 145 142 89
  Dinamo Minsk 54 17 3 5 5 2 22 150 155 74
  Torpedo Nizhny Novgorod 54 18 5 3 1 2 25 144 151 73
  Vityaz Chekhov 54 13 1 3 3 2 32 119 178 52

Conferencia Leste

División Kharlamov PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts
  Ak Bars Kazan 54 29 2 3 5 3 12 181 133 105
  Metallurg Magnitogorsk 54 27 1 5 3 4 14 167 141 100
  Yugra Khanty-Mansiysk 54 22 0 6 6 3 17 145 151 87
  Neftekhimik Nizhnekamsk 54 22 1 2 1 2 26 159 162 75
  Traktor Chelyabinsk 54 14 6 2 5 1 26 142 166 64
  Avtomobilist Ekaterinburg 54 10 6 4 2 1 31 134 184 53
División Chernyshev PX V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts
  Avangard Omsk 54 31 9 2 2 1 9 176 120 118
  Salavat Yulaev Ufa 54 29 5 4 4 0 12 210 144 109
  Sibir Novosibirsk 54 22 2 4 1 4 21 133 131 83
  Barys Astana 54 20 2 2 6 3 21 155 152 77
  Amur Khabarovsk 54 13 1 1 3 4 32 112 173 50
  Metallurg Novokuznetsk 54 8 1 3 4 5 33 105 186 41

Clasificación das conferenciasEditar

As clasificacións das conferencias determinarán os enfrontamentos do play-off. As dúas primeiras prazas de cada conferencia están reservadas para os campións de división.

Conferencia Oeste XP V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts
  Lokomotiv Yaroslavl 54 33 1 1 4 1 14 203 143 108
  UHC Dynamo 54 28 1 1 4 4 16 149 131 96
  SKA San Petersburgo 54 23 3 6 5 4 13 171 144 96
  Atlant Moscow Oblast 54 21 4 7 4 2 16 138 115 91
  Severstal Cherepovets 54 25 2 3 0 4 20 145 142 89
  Spartak Moscova 54 24 1 1 3 3 22 129 142 82
  Dinamo Riga 54 20 2 5 5 2 20 160 149 81
  Dinamo Minsk 54 17 3 5 5 2 22 150 155 74
  Torpedo Nizhny Novgorod 54 18 5 3 1 2 25 144 151 73
  CSKA Moscova 54 13 0 7 4 2 28 136 169 59
  Vityaz Chekhov 54 13 1 3 3 2 32 119 178 52

Fonte: khl.ru[16]

Conferencia Leste XP V OTW SOW SOL OTL D GF GC Pts
  Avangard Omsk 54 31 9 2 2 1 9 176 120 118
  Ak Bars Kazan 54 29 2 3 5 3 12 181 133 105
  Salavat Yulaev Ufa 54 29 5 4 4 0 12 210 144 109
  Metallurg Magnitogorsk 54 27 1 5 3 4 14 167 141 100
  Yugra Khanty-Mansiysk 54 22 0 6 6 3 17 145 151 87
  HC Sibir Novosibirsk 54 22 2 4 1 4 21 133 131 83
  Barys Astana 54 20 2 2 6 3 21 155 152 77
  Neftekhimik Nizhnekamsk 54 22 1 2 1 2 26 159 162 75
  Traktor Chelyabinsk 54 14 6 2 5 1 26 142 166 64
  Avtomobilist Ekaterinburg 54 10 6 4 2 1 31 134 184 53
  Amur Khabarovsk 54 13 1 1 3 4 32 112 173 50
  Metallurg Novokuznetsk 54 8 1 3 4 5 33 105 186 41

Source: khl.ru[17]

Líderes da ligaEditar

Fonte: khl.ru[18][19]

Goles   Roman Červenka (Omsk) 31
Asistencias   Alexander Radulov (Ufa)
60
Puntos   Alexander Radulov (Ufa)
80
Disparos a portería   Kevin Dallman (Astana) 225
Plus/minus   Alexei Morozov (Kazan)
+27
Penalty minutes   Darcy Verot (Chekhov) 182
Vitorias (porteiros)   Karri Rämö (Omsk) 33
Goals against averageMedia de goles en contra   Konstantin Barulin (Mytischi) 1.91
Porcentaxe de paradas   Vitali Yeremeyev (Astana) 92.7
Shutouts   Dominik Hašek (Moscova) 7

Porteiros: mínimo 15 partidos xogados.

Máximos anotadoresEditar

Fonte: khl.ru[20]

PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; +/– = Plus-minus; PIM = Penalty minutes

Xogador Equipo PX G A Pts +/– PIM
  Alexander Radulov Salavat Yulaev Ufa 54 20 60 80 +27 83
  Patrick Thoresen Salavat Yulaev Ufa 54 29 36 65 +21 30
  Roman Červenka Avangard Omsk 51 31 30 61 +15 56
  Sergei Mozyakin Atlant Moscow Oblast 54 27 34 61 +10 12
  Pavol Demitra Lokomotiv Yaroslavl 54 18 43 61 +12 29
  Aleksey Morozov Ak Bars Kazan 53 21 35 56 +27 24
  Josef Vašíček Lokomotiv Yaroslavl 54 24 31 55 +16 34
  Jaromír Jágr Avangard Omsk 49 19 32 51 +6 48
  Matt Ellison Torpedo Nizhny Novgorod 53 21 29 50 –6 28
  Mattias Weinhandl SKA San Petersburgo 54 21 28 49 +14 42

Mellores porteirosEditar

Fonte: khl.ru[21]

PX = Partidos xogados; Min = Minutos xogados; V = Vitorias; D = Derrotas; GC = Goles en contra; SO = Shutouts; SV% = Porcentaxe de paradas; GAA = Medias de goles en contra

Xogador Equipo PX Min V D GC SO SV% GAA
  Konstantin Barulin Atlant Moscow Oblast 28 1504:47 13 9 4 48 6 .925 1.91
  Karri Rämö Avangard Omsk 44 2592:49 33 6 4 85 5 .925 1.97
  Jakub Štěpánek SKA San Petersburgo 32 1844:06 16 8 5 63 3 .923 2.05
  Vitali Koval Atlant Moscow Oblast 34 1766:55 12 10 9 61 2 .921 2.07
  Petri Vehanen Ak Bars Kazan 43 2538:01 25 12 6 89 2 .926 2.10

Play-offsEditar

Os play-offs comezaron o 23 de febreiro de 2011. O quinto e último partido das series finais da Copa Gagarin xogouse o 16 de abril de 2011.[7]

Primeira Rolda Semifinais Conferencia Finais Conferencia Final da Copa Gagarin
(mellor de 7) (mellor de 7) (mellor de 7) (mellor de 7)
                           
           
   1º- Avangard   4
   8º- Neftekhimik   3  
  Avangard   3
    Metallurg Mg.   4  
  4º- Metallurg Mg.   4
  5º- Yugra   2  
  Metallurg   3
    Salavat Yulaev   4  
  3º- Salavat Yulaev   4
  6º- Sibir   0  
  Salavat Yulaev   4
    Ak Bars   1  
  2º- Ak Bars   4
  7º- Barys   0  
  Salavat Yulaev   4
    Atlant   1
  1º- Lokomotiv   1
  8º- Dinamo Minsk   3  
  Lokomotiv   4
    Dinamo Riga   1  
  2º- UHC Dynamo   2
  7º- Dinamo Riga   4  
  Lokomotiv   2
    Atlant   4  
  3º- SKA   4
  6º- Spartak   0  
  SKA   3
    Atlant   4  
  4º- Atlant   4
  5º- Severstal   2  
O campión da edición 2009-2010 da KHL foi o Salavat Yulaev Ufa.

Líderes do play-offEditar

Fonte: khl.ru[22][23]

Goles   Gleb Klimenko (Magnitogorsk)
10
Asistencias   Josef Vašíček (Yaroslavl)
  Pavol Demitra (Yaroslavl)
  Patrick Thoresen (Ufa)
  Alexander Radulov (Ufa)
15
Puntos   Josef Vašíček (Yaroslavl) 22
Disparos a portería   Sergey Mozyakin (Mytishchi) 77
Plus/minus   Patrick Thoresen (Ufa)
  Ilya Gorokhov (Mytishchi)
+11
Penalty minutes   Fedor Fedorov (Mytishchi) 65
Vitorias (porteiros)'   Erik Ersberg (Ufa)
15
Media de goles en contra   Petri Vehanen (Kazan) 1.32
Porcentaxe de paradas   Petri Vehanen (Kazan) 95.7
Shutouts   Petri Vehanen (Kazan)
  Erik Ersberg (Ufa)
3

Goaltenders: minimum 5 games played

Máximos anotadoresEditar

Fonte: khl.ru[24]

PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; +/– = Plus-minus; PIM = Penalty minutes

Xogador Equipo GP G A Pts +/– PIM
  Josef Vašíček Lokomotiv Yaroslavl 18 7 15 22 +6 16
  Sergei Mozyakin Atlant Moscow Oblast 23 8 13 21 –2 2
  Pavol Demitra Lokomotiv Yaroslavl 18 6 15 21 +10 4
  Patrick Thoresen Salavat Yulaev Ufa 21 3 15 18 +11 16
  Alexander Radulov Salavat Yulaev Ufa 21 3 15 18 +10 42

Mellores porteirosEditar

Fonte: khl.ru[25]

PX = Partidos xogados; Min = Minutos xogados; V = Vitorias; D = Derrotas; GC = Goles en contra; SO = Shutouts; SV% = Porcentaxe de paradas; GAA = Media de goles en contra

Xogador Equipo PX Min V D GC SO SV% GAA
  Petri Vehanen Ak Bars Kazan 9 543:49 5 4 12 3 .957 1.32
  Erik Ersberg Salavat Yulaev Ufa 20 1118:23 15 3 36 3 .933 1.93
  Robert Esche Dinamo Minsk 4 215:38 2 2 7 0 .942 1.95
  Konstantin Barulin Atlant Moscow Oblast 22 1286:09 11 10 44 2 .928 2.05
  Jakub Štěpánek SKA San Petersburgo 11 698:22 7 4 25 1 .920 2.15

Palmarés da tempadaEditar

KHL

Clasificación finalEditar

Posto Equipo
1   Salavat Yulaev Ufa
2   Atlant Moscow Oblast
3   Lokomotiv Yaroslavl
4   Metallurg Magnitogorsk
5   Avangard Omsk
6   Ak Bars Kazan
7   SKA San Petersburgo
8   Dinamo Riga
9   Dynamo Moscova
10   Severstal Cherepovets
11   Yugra Khanty-Mansiysk
12   Sibir Novosibirsk
13   Spartak Moscova
14   Barys Astana
15   Neftekhimik Nizhnekamsk
16   Dinamo Minsk
17   Torpedo Nizhny Novgorod
18   Traktor Chelyabinsk
19   CSKA Moscova
20   Avtomobilist Ekaterinburg
21   Vityaz Chekhov
22   Amur Khabarovsk
23   Metallurg Novokuznetsk

PremiosEditar

Xogadores do mesEditar

Mellores xogadores da KHL por mes.

Mes Porteiro Defensa Dianteiro Novato
Setembro[26]   Bernd Brückler (Torpedo)   Sandis Ozoliņš (Riga)   Denis Platonov (Magnitogorsk)   Yaroslav Khabarov (Magnitogorsk)
Outubro[27]   Mikhail Biryukov (Khanty-Mansiysk)   Maxim Soloviev (Dynamo M)   Roman Červenka (Omsk)   Alexander Osipov (Khabarovsk)
Novembro[28]   Karri Rämö (Omsk)   Johan Fransson (S. Petersburgo)   Sergei Mozyakin (Atlant)   Dinar Khafizullin (Chekhov)
Decembro[29]   Petri Vehanen (Kazan)   Alexander Guskov (Yaroslavl)   Sergei Mozyakin (Atlant)   Alexander Pankov (Ufa)
Xaneiro[30]   Dominik Hašek (Spartak)   Kevin Dallman (Astana)   Pavol Demitra (Yaroslavl)   Grigory Zheldakov (Spartak)
Febreiro[31]   Petri Vehanen (Kazan)   Karel Rachůnek (Yaroslavl)   Alexander Radulov (Ufa)   Mikhail Stefanovich (Minsk)
Marzo[32]   Erik Ersberg (Ufa)   Marat Kalimulin (Yaroslavl)   Gleb Klimenko (Magnitogorsk)   Pavel Zdunov (Magnitogorsk)

Recoñecementos da KHLEditar

O 20 de maio de 2011, a KHL celebrou a súa cerimonia anual de premios. Nesta cerimonia entregáronse un total de 20 galardóns diferentes aos equipos, xogadores, árbitros e medios de comunicación.[33] A continuación os premios máis importantes e os seus gañadores.

Stick Dourado (MVP da liga regular)   Alexander Radulov (Ufa)
Mellor adestrador   Miloš Říha (Atlant)
Premio Alexei Cherepanov (mellor novato)   Pavel Zdunov (Magnitogorsk)

A liga concedeu tamén seis "Cascos de Ouro" aos compoñentes do sexteto ideal:

Dianteiros   Alexander Radulov
Salavat Yulaev Ufa
  Igor Grigorenko
Salavat Yulaev Ufa
  Sergei Mozyakin
Atlant Moscow Oblast
Defensas   Sandis Ozoliņš
Dinamo Riga
  Kirill Koltsov
Salavat Yulaev Ufa
Porteiro   Erik Ersberg
Salavat Yulaev Ufa

NotasEditar

  1. Святослав Петрушко: ОХК «Динамо» будет играть и в Москве, и в Балашихе
  2. Завершен прием заявок от клубов, желающих вступить в КХЛ
  3. "Medvedev: "Budivelnik" will play in the KHL". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 27 de setembro de 2012. 
  4. Budivelnik will not play in KHL.
  5. HC Lev to join KHL
  6. «Лев» не сыграет в ближайшем сезоне
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Контуры сезона
  8. КХЛ налагает запрет на использование вувузел
  9. Totals by Nationality ‑ 2010-2011 Stats[Ligazón morta]
  10. Участники Драфта: списки
  11. Exhibition game KHL – NHLpublicado pola Kontinental Hockey League
  12. www.championat.ru Arquivado 14 de decembro de 2010 en Wayback Machine. (en ruso)
  13. Comunicado do Avangard en www.hawk.ru Arquivado 12 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en ruso)
  14. Comunicado en www.khl.ru (en ruso)
  15. "KHL Regular season standings, en KHL.ru". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2010. Consultado o 19 de setembro de 2012. 
  16. "Western Conference, en KHL.ru". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2012. 
  17. "Eastern Conference". KHL.ru. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2012. 
  18. KHL Statistics: Skaters, en KHL.ru
  19. KHL Statistics: Goalies, en KHL.ru
  20. Player Stats: 2010–2011 Regular season: All Skaters – Total Points
  21. Player Stats: 2010–2011 Regular season: Goalie – Goals Against Average
  22. KHL Statistics: Skaters
  23. KHL Statistics: Goalies
  24. title= Player Stats: 2010–2011 Playoffs: All Skaters – Total Points
  25. Player Stats: 2010–2011 Playoffs: All Goaltenders – Goals Against Average
  26. September’s stars
  27. October’s finest
  28. November’s finest
  29. "December’s finest". Arquivado dende o orixinal o 23/03/2012. Consultado o 20/09/2012. 
  30. January’s finest
  31. February’s finest
  32. March’s finest
  33. The League’s Finest

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Predecesor:
2009-10
Kontinental Hockey League
2010-11
Sucesor:
2011-12