Lev Poprad
O Hockey Club Lev Poprad,[2] máis coñecido como Lev Poprad,[3] foi un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Poprad (Eslovaquia) que competiu na División Bobrov da Kontinental Hockey League (KHL) durante a tempada 2011-12, para posteriormente disolverse e refundarse en Praga (República Checa) como HC Lev Praha no 2012. O Lev Poprad xogaba os seus partidos como local no Zimný štadión mesta Poprad, un pavillón con capacidade para 4 500 persoas. Na única tempada que o equipo eslovaco xogou na KHL non conseguiu a clasificación para os play-offs, finalizando na última posición da súa división e 21º clasificado ao final da liga cun total de 54 puntos noutros tantos partidos.
Lev Poprad | |
---|---|
Fundación | 2010 (disolto e refundado en Praga en 2012) |
Cidade | Poprad, Prešov Eslovaquia |
Estadio | Poprad Ice Stadium (4.500 espectadores)[1] |
Liga | Kontinental Hockey League |
Conferencia | Oeste |
División | Bobrov |
Afiliado(s) | Tatranskí Vlci (MHL) HK Poprad (Extraliga Eslovaca) |
Cores | Laranxa, branco e negro |
Na rede | |
http://www.hclev.eu/ |
O eslovaco Ľuboš Bartečko foi o capitán do equipo e o máximo puntuador do equipo, mentres que o checo Tomáš Netík foi o máximo goleador e o tamén eslovaco Juraj Mikúš foi o máximo asistente. O equipo estivo dirixido polo adestrador checo Radim Rulík. O Lev Poprad estaba integrado principalmente por xogadores checos e eslovacos.
Historia
editarFundación e admisión na KHL
editarO equipo era chamado orixinalmente Lev Hradec Králové e encontrábase na localidade de Hradec Králové, República Checa. Estivera interesado en participar na KHL na tempada 2010–11, para o que cumpriu tódalas condicións necesarias, se ben a Federación Checa de Hóckey sobre Xeo se negou a darlle permiso ao club.[4] Debido a isto, a directiva do Lev decidiu trasladar o equipo a Eslovaquia, co cal foi aceptado na liga na tempada 2010–11.[5] Porén, posteriormente a KHL excluíu o club para a tempada 2010–11 porque non formaba parte de ningunha federación nacional de hóckey sobre xeo.[6] Despois de moitos esforzos, incluída a adhesión a Federación Eslovaca de Hóckey sobre Xeo (SZĽH), o HC Lev foi admitido oficialmente na KHL en maio do 2011. Durante a tempada 2011–12, o equipo xogou na División Bobrov da KHL, mentres que o HK Poprad continuou competindo na Extraliga Eslovaca no mesmo estadio.[7]
Tempada 2011–12
editarTan só dous meses despois de ser oficialmente admitido na KHL, o Lev anunciou a fichaxe dos seus cinco primeiros xogadores o 30 de xuño de 2011.[8] No equipo definitivo, a meirande parte dos xogadores eran eslovacos e checos. O adestrador xefe foi Radim Rulík e o capitán do equipo Ľuboš Bartečko. Estaba previsto que o Lev comezase a liga regular o 10 de setembro de 2011 cun partido na casa fronte ao Avangard Omsk,[9] pero debido ao accidente aéreo do Lokomotiv Yaroslavl, o inicio da liga atrasouse e o Lev xogou o seu primeiro partido o 12 de setembro fronte ao Metallurg Magnitogorsk, que finalizou coa derrota do equipo eslovaco 2-4, e no que Ľuboš Bartečko anotou o primeiro gol na historia do equipo no Zimný štadión de Poprad.[10][11][12]
Logo dun mal inicio no que o equipo eslovaco caeu no seu segundo partido na casa fronte ao Yugra Khanty-Mansiysk (1-3), e na súa visita ao SKA San Petersburgo (4-1), o Lev conseguiu o seu primeiro punto logo de perder nos shootouts na súa visita ao Atlant Moscow Oblast (4-3) o 21 de setembro logo de igualar o partido a tres goles no derradeiro terzo do encontro.[13]
O Lev tivo que agardar ata o seu sexto partido de liga para conseguir a súa primeira vitoria, cando logo dunha nova derrota en Moscova ante o CSKA Moscova (3-2), 26 de setembro no Arena Riga da capital letoa conseguiu bater o Dinamo Riga (0-2), anotados por Rastislav Špirko e Václav Nedorost, no partido no que o equipo eslovaco pechou a súa primeira xira fora da casa, na que xogou catro partidos consecutivos como visitante.[14][12] A esta primeira vitoria como visitante seguiulle a súa primeira vitoria como local no partido seguinte disputado catro días despois fronte o Dynamo Moscova (4-1).[15]
Con todo, o equipo non conseguiu completar unha boa tempada e ao final da liga regular, o Lev non logrou clasificarse para os playoffs, finalizando na sexta e última posición da División Bobrov e na 21º na clasificación xeral da liga, con 54 puntos en 54 partidos.[16] Ao longo da liga regular o Lev Poprad encadeou varias rachas negativas, sendo a máis longa a de sete derrotas consecutivas entre o 3 e o 17 de xaneiro de 2012, á que lle seguiu o mellor rexistro de vitorias consecutivas cun total de catro fronte a Neftekhimik Nizhnekamsk (3-1), CSKA Moscova (3-2), Dinamo Minsk (4-3), Vityaz Chekhov (3-0). O Lev finalizou a súa primeira e última participación na KHL o 26 de febreiro de 2012 en Moscova, onde caeu na súa visita o Dynamo Moscova (5-3), pechando unha nova racha de sete derrotas consecutivas.[12]
O máximo anotador do equipo foi Ľuboš Bartečko, con 30 puntos (16 goles e 14 asistencias).[17]
Novo equipo en Praga
editar- Artigo principal: HC Lev Praha.
A finais da tempada 2011–12, un troco de propietarios provocou a especulación sobre o traslado do equipo a Praga, República Checa. En marzo de 2012, Federación Checa de Hóckey sobre Xeo (ČSLH) deu o permiso para que un equipo da KHL xogase na República Checa,[18] e a finais de abril, creouse un novo equipo co mesmo nome, HC Lev, mais cunha organización diferente, solicitou oficialmente o seu ingreso na KHL xogando en Praga.[19] O HC Lev de Poprad non regresou á KHL despois da tempada do seu debut na que, a pesar do seu limitado éxito, demostrou contar cunha sólida base social. Na seguinte tempada o Slovan Bratislava da capital eslovaca substituíu o equipo de Poprad como representante eslovaco na KHL.[20]
Pavillón
editar- Artigo principal: Zimný štadión mesta Poprad.
O Lev Poprad xogaba os seus partidos como local no Zimný štadión mesta Poprad, un pavillón con capacidade para 4 500 persoas.[21] O estadio comezou a construírse en 1970 e foi inaugurado en 1973. Remodelado entre 2006 e 2008, o tamaño da súa pista reduciuse a 56 x 26 metros. Amais de acoller os partidos como local do Lev Poprad na súa única tempada, tamén é o fogar do HK Poprad, e nel dispútase anualmente o prestixioso torneo amigable da Tatranský pohár.[22]
O equipo eslovaco rexistrou un bo rexistro de asistencia na tempada que disputou na Continental Hockey League, cunha media de 4 314 persoas, unha cifra moi próxima á súa capacidade máxima.[23]
Equipos afiliados
editar- Artigo principal: Tatranski Vlci.
O Lev Poprad contou cun equipo afiliado na súa curta historia, o Tatranski Vlici, con sede na cidade de Spišská Nová Ves. O Tatranski Vlci foi fundado ao mesmo tempo que o equipo de Poprad e competiu unha tempada na Molodezhnaya Hokkeinaya Liga (MHL),[24] unha liga júnior integrada por equipos afiliados a equipos da KHL e da Vysshaya Hokkeinaya Liga (VHL),[25] así como na Junior Club World Cup.[26] Na súa única participación na liga júnior rusa finalizou na 16ª última posición da conferencia oeste cun total de 56 puntos en 60 partidos disputados, e finalizando na 30ª e antepenúltima posición de entre todos os equipos da competición.[27][28]
Personalidades
editarXogadores
editarCadro 2011-12
editarNa única tempada do Lev Poprad xogaron co equipo eslovaco un total de 33 xogadores adestrados por Radim Rulik. Con todo, o á eslovaco Ladislav Nagy foi traspasado ao Dinamo Minsk logo de xogar 30 partidos co equipo de Poprad. A continuación móstranse os datos de todos os xogadores que formaron parte do equipo durante a tempada 2011-12:[29][30]
Capitáns
editarDebido á súa curta traxectoria, o equipo só tivo un capitán, o eslovaco Ľuboš Bartečko, mentres que o seu compatriota Martin Štrbák e o checo Karel Pilař foron os capitáns alternos do equipo durante a súa única tempada.[31]
Líderes históricos
editarEsta sección presenta as estatísticas dos xogadores do Lev Poprad que lideraron ao equipo na súa única tempada de existencia. O xogador que máis partidos disputou co equipo de Poprad foi o sueco Emil Lundberg, con 54 partidos, mentres que o xogador con máis puntos foi o capitán do equipo, Ľuboš Bartečko, con 30 puntos. O máximo goleador foi o checo Tomáš Netík con 17 goles, e os xogadores con máis asistencias foron o eslovaco Juraj Mikúš e o checo Karel Pilař, ambos con 16 asistencias.[32]
Para os significados das abreviaturas véxase estatísticas do hóckey sobre xeo.
Lenda: Pos = Posición; PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; P/G = Puntos por partido
Puntos | Goles | Asistencias | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
Adestradores
editarNa súa curta historia o Lev Poprad foi adestrado polo checo Radim Rulík, mentres que o ruso Vladimir Kapulovsky e o eslovaco Robert Pukalovic foron os seus asistentes no banco de Poprad.[30] Logo da desaparición do equipo eslovaco pasou a adestrar na seguinte tempada o HC Košice da Extraliga Eslovaca, mais acabaría sendo substituído por Milan Stas.[33]
Estatística do equipo
editarEstatísticas da tempada
editarLenda: PX = Partidos xogados, V = Vitorias, VTE = Vitorias no Tempo Extra , SOW = Vitorias Penalty Shootout, SOL = Derrotas Penalty Shootout, D = Derrotas, GF = Goles a favor, GC = Goles en contra, Pts = Puntos
Season | PX | V | VTE | SOW | SOL | OTL | D | GF | GC | Pts | Clasificación | Playoffs |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2011–12 | 54 | 13 | 0 | 3 | 5 | 4 | 29 | 125 | 162 | 54 | 6º da División Bobrov (21º da liga) | non se clasificou |
Partidos
editarPartido | Data | Detalles |
---|---|---|
Primeiro partido na KHL (na casa) | 12 de setembro de 2011 | 2–4 derrota fronte ao Metallurg Magnitogorsk |
Primeiro punto na KHL | 21 de setembro de 2011 | 3–4 SO derrota fronte ao Atlant Moscow Oblast |
Primeira vitoria na KHL | 26 de setembro de 2011 | 2–0 vitoria fornte ao Dinamo Riga |
Primeiro shutout na KHL | 26 de setembro de 2011 | 2–0 vitoria fronte ao Dinamo Riga |
Primeira vitoria na casa | 30 de setembro de 2011 | 4–1 vitoria fronte ao Dynamo Moscova |
Notas
editar- ↑ As posicións aparecen coas súas abreviaturas en inglés:
*G: Goalie (porteiro)
*C: Center (central)
*W: Winger (Aleiro -dereito sinalado con "R" e esquerdo sinalado con "L"-)
*D: Defenceman (defensa). - ↑ As abreviaturas "S" e "G" fan referencia á man que o xogador emprega para golpear o puck (en galego, disco) co stick (S) (en galego, pau de hockey) ou a que empregan os porteiros para collelo coa garda (G).
- Referencias
- ↑ Aréna Poprad, por HC LEV Arquivado 30 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en eslovaco)
- ↑ "About Us, en HCLev.eu". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 18 de setembro de 2012.
- ↑ "Transfer tales – new frontiers, en khl.ru". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2014. Consultado o 18 de setembro de 2012.
- ↑ "HC Lev will not play in 2010-11 KHL Championship" (en inglés). khl.ru. 9 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2010. Consultado o 20 de xullo de 2020.
- ↑ "HC Lev to join KHL". khl.ru. 19 de xullo de 2010. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2010. Consultado o 18 de setembro de 2012.
- ↑ ""Лев" не сыграет в ближайшем сезоне" (en ruso). khl.ru. 28 de xullo de 2010. Consultado o 20 de xullo de 2020.
- ↑ "Back to 24, en khl.ru". Arquivado dende o orixinal o 05/04/2012. Consultado o 18/09/2012.
- ↑ HC LEV predstavuje prvých hráčov, en hclev.eu Arquivado 20 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
- ↑ Kontinental Hockey League Championship – Russian Ice Hockey Championship Season 2011/2012 Calendar, en khl.ru
- ↑ "KHL delays games, but season will go on for Lokomotiv". National Post (en inglés). 8 de setembro de 2011. Archived from the original on 05 de xuño de 2012. Consultado o 2 de xullo de 2020.
- ↑ "Lev Poprad zaknihoval v KHL prvú prehru". pluska.sk (en eslovaco). 12 de setembro de 2011. Consultado o 2 de xullo de 2020.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 "2011-12 Poprad Lev Results and Schedule" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 2 de xullo de 2020.
- ↑ "Atlant Moscow Oblast - HC Lev Poprad" (en inglés). sofascore.com. 21 de setembro de 2011. Consultado o 2 de xullo de 2020.
- ↑ "LEV wins!, en hclev.eu". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 18 de setembro de 2012.
- ↑ "Lev vyhral nad Dynamom". poprad.dnes24.sk (en eslovaco). 30 de setembro de 2011. Consultado o 2 de xullo de 2020.
- ↑ "2011-12 Kontinental Hockey League Standings" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 27 de abril de 2019.
- ↑ "2011-2012 SKATER STATS" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de abril de 2019.
- ↑ "Permission granted". khl.ru. 30 de marzo de 2012.
- ↑ "Lev, drugs and healthy nutrition, en khl.ru". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2012. Consultado o 18 de setembro de 2012.
- ↑ Gazzale, James (30 de xuño de 2012). "Kontinental Hockey League Welcomes New Faces, Releases Schedule" (en inglés). thehockeywriters.com. Consultado o 2 de xullo de 2020.
- ↑ "HC LEV Praha" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 26 de abril de 2019.
- ↑ "Zimný štadión" (en eslovaco). poprad.sk. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2019. Consultado o 26 de abril de 2019.
- ↑ "Poprad Lev Yearly Attendance Graph" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 26 de abril de 2019.
- ↑ "Tatranski Vlci" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 20 de xullo de 2020.
- ↑ "About League" (en inglés). Junior Hockey League. Consultado o 20 de xullo de 2020.
- ↑ "Tatranskí Vlci" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 20 de xullo de 2020.
- ↑ "MHL Chevrolet Championship – Junior Russian Competition. Season 2011-2012. Overall Standings" (en inglés). Junior Hockey League. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2020. Consultado o 20 de xullo de 2020.
- ↑ "MHL - 2011-2012" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 20 de xullo de 2020.
- ↑ "2011-12 Poprad Lev roster and statistics" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ 30,0 30,1 "Lev Poprad" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 19 de xullo de 2020.
- ↑ "Lev Poprad - Team Captaincy History" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de abril de 2019.
- ↑ "Lev Poprad" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 26 de abril de 2019.
- ↑ "Radim Rulik" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 31 de outubro de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lev Poprad |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- web dos seareiros do Lev Poprad
- Sitio web do Tatranskí Vlci Arquivado 24 de setembro de 2011 en Wayback Machine.