Hovet (anteriormente coñecido como Johanneshovs Isstadion), é un pavillón deportivo da cidade de Estocolmo, Suecia. Os seus principais usos son para partidos de hóckey sobre xeo, concertos e eventos corporativos. Neste pavillón xogan os seus partidos como locais os dous principais equipos de hóckey sobre xeo da cidade, o AIK IF da Svenska hockeyligan (máxima categoría) e o Djurgården IF da Hockeyallsvenskan (segunda categoría), se ben tamén xogaron nel IK Göta, IFK Stockholm, Stureby SK, Mälarhöjden/Västertorp, Brinkens IF, AC Camelen, e Hammarby IF en distintos períodos, e dende a súa primeira tempada o Bajen Fans IF (renomeado Hammarby IF en honor ao antigo club) xoga cada ano un partido en Hovet. Ten unha capacidade oficial de 8.094 espectadores para partidos de hóckey sobre xeo, e 8.300 espectadores para concertos.

Hovet
concello de Estocolmo Editar o valor en Wikidata
Esterior.
Tipopista de xeo cuberta e sala de concertos Editar o valor en Wikidata
EpónimoJohanneshov Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Operador/aAnschutz Entertainment Group (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
OcupanteDjurgårdens IF IHF Herr (en) Traducir, Djurgårdens IF Hockey (en) Traducir e AIK IF Herr (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Propietario/aSGA Fastigheter
Arquitecto/aPaul Hedqvist (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datas
Inauguración4 de novembro de 1955
Dimensións
Capacidade8.094 espectadores
Localización
Mapa
 59°17′41″N 18°04′55″L / 59.294861111111, 18.081944444444
Situado enconcello de Estocolmo Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónEstocolmo, Suecia Suecia
Wikidata ] C:Commons ]

Historia

editar

O pavillón foi inaugurado o 4 de novembro de 1955 cun partido entre as seleccións de hóckey sobre xeo de Suecia e Noruega, no que a selección anfitrioa venceu por 7 goles a 2. O deseño orixinal foi do arquitecto sueco Paul Hedqvist. En 1962 engadiuse un teito ao pavillón para a disputa do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 1963. Durante o outono de 2002 cambiáronse todas as butacas e engadiuse unha zona de restauración.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  • "Hovet fact sheet" (PDF). AB Stockholm Globe Arena. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de outubro de 2006. Consultado o 21 de novembro de 2013.