O Leksands IF é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Leksand (Suecia). Actualmente xoga na SHL, a máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco, tras clasificarse na Kvalserien. Ao longo da súa historia, o Leksand xogou 53 tempadas na máxima categoría. O equipo xoga os seus partidos como local no Tegera Arena, un pavillón con capacidade para 7.650 espectadores.

Leksands IF
Fundación1938
CidadeLeksand,
Dalarna
Suecia
EstadioTegera Arena
(7.650 espectadores)
LigaSHL
Director Tommy Salo
Adestrador Andreas Appelgren
CoresAzul e branco
           
Na rede
http://www.leksandsif.se/
Facebook: leksandsif Twitter: leksands_if Instagram: leksandsif Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O club foi fundado en 1919, mais o primeiro partido de hóckey sobre xeo tivo lugar en 1938, cando o Leksands derrotou por 11 goles a 0 ao Mora IK. O Leksands IF é un dos equipos máis populares en Suecia, a pesar de que a cidade de Leksand conta cunha poboación de 6.000 habitantes. O equipo xogou na máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco entre 1951 ata 2001, sendo a súa etapa máis exitosa entre 1969 e 1975, cando o club conseguiu os seus catro títulos (tres deles consecutivos entre 1973 e 1975) e dous subcampionatos en 1971 e 1972 (sumados aos conseguidos en 1959 e 1964). A pesar de todos estes éxitos, o Leksands nunca gañou a liga dende que se establecera a Elitserien en 1975, colleitando tres campionatos da liga regular en 1980, 1994 e 1997, e conseguindo o subcampionato da liga en 1989. En 2001 era o club con máis tempadas consecutivas na máxima categoría ata o momento (o récord está agora en mans do Södertälje SK, con 53 participacións consecutivas entre 1925 e 1978).

Palmarés editar

Xogadores editar

Números retirados editar

Números honoríficos editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar