O Mora IK (tamén coñecido como Mora Hockey) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Mora (Suecia). Actualmente compite na Hockeyallsvenskan, a segunda categoría do hóckey sobre xeo sueco, aínda que durante catro tempadas competiu na máxima categoría, a Elitserien (dende a tempada 200405 á 200708), e outras 21 antes de que adoptara a denominación actual (da tempada 194546 á 194849, da 195051 á 195152, 195354, da 195657 á 195859, 196263, da 196465, e da 196667 á 197475).

Mora IK
Fundación1935
CidadeMora,
Dalarna
Suecia
EstadioFM Mattsson Arena
(4.500 espectadores)
LigaHockeyallsvenskan
Director Peter Hermodsson
Adestrador Patric Wener
CoresVermello, verde, amarelo e branco
                       
Na rede
https://www.moraik.se/
Facebook: moraik.se Twitter: Mora_IK Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O Mora IK foi fundado en 1935 e ascendeu á máxima categoría en 1945. Logo de varias tempadas na segunda categoría (a Hockeyallsvenskan, o Mora gañou a promoción á Elitserien en 2004 e tomou a vantaxe no lockout desa tempada na NHL para fichar a varios xogadores como Shawn Horcoff, Daniel Cleary e os irmáns Marián e Marcel Hossa, que contribuíu a que a Elitserien se convertese nun dos principais destinos para os xogadores da NHL durante a cancelada tempada 2004-05. O Mora finalizou ese ano na novena posición, un bo resultado para un equipo que acababa de ascender. Con todo, na tempada 2007-08, o equipo finalizou 11º na táboa, véndose forzado a xogar a Kvalserien para manter a categoría, aínda que finalmente rematarían na 4ª posición, descendendo á HockeyAllsvenskan. O equipo xogaría novamente a Kvalserien para ascender á máxima na tempada 2010-11, aínda que rematou na derradeira posición, polo que non puido conseguir o ascenso. Durante o lockout de 2012 na NHL, chegou ao equipo Bobby Ryan (Anaheim Ducks), e Anze Kopitar (do gañador da Stanley Cup Los Angeles Kings) uniuse tamén ao equipo sueco para xogar co seu irmán Gašper no tempo que durara o lockout.

Xogadores editar

Números retirados editar

Notas editar

  1. "Hasse hade allt" (en Swedish). Mora IK. 2007-11-25. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2011. Consultado o 09 de maio de 2013. 
  2. "Mora IK Klubbfakta" (en Swedish). SHL. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2007. Consultado o 09 de maio de 2013. 
  3. "Hans Hansson - player profile and career stats". EuroHockey.net. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar