European Trophy (anteriormente denominado Nordic Trophy entre 2006 e 2009) foi un torneo de hóckey sobre xeo que se disputou cada ano entre 2006 e 2013, tradicionalmente composto por equipos das ligas máis importantes de Europa. Foi xeralmente considerado un torneo de pretempada, aínda que algúns partidos son xogados durante a tempada. Con 32 equipos participantes de sete países distintos en 2013, o European Trophy foi no seu tempo a maior competición de hóckey sobre xeo en Europa.[1] Na tempada 2014–15, o European Trophy será substituído pola Champions Hockey League, un torneo organizado pola IIHF.[2]

European Trophy
Fundación2006
Desaparición2013
RexiónAlemaña Alemaña (4 equipos)
Austria Austria(2 equipos)
Eslovaquia Eslovaquia (1 equipo)
Finlandia Finlandia (7 equipos)
República Checa República Checa (7 equipos)
Suecia Suecia (7 equipos)
Suíza Suíza (4 equipos)
Equipos32
Actual campiónFinlandia JYP (1º título)
Máis laureado9 equipos cun título
Sitio webEuropeanTrophy.com
European Trophy 2013

Suecia e Finlandia teñen participado en todas as edicións, sendo os únicos dous países que participaron cando o torneo era denominado "Nordic Trophy". O torneo comezou en 2006 baixo a denominación de The tournamen"Nordic Trophy" con oito equipos, catro de Suecia e outros catro de Finlandia. En 2010, algúns equipos doutros países europeos sumáronse ao toreneo, que mudou o seu nome para o actual European Trophy. Dende a inauguración do torneo en 2006 teñen participado equipos de oito países distintos: Suecia, Finlandia, Austria, República Checa, Alemaña, Eslovaquia, Suíza, e Noruega. Ningún equipo gañou a competición en máis dunha ocasión.

Equipos editar

En 2006 e 2007, o "Nordic Trophy" consistiu en catro equipos suecos, Djurgården, Frölunda, Färjestad e Linköping; así como catro equipos fineses, HIFK, Oulun Kärpät, Tappara e TPS.

En 2007, o torneo ampliouse de seis a oito equipos e creouse unha edición júnior (o torneo júnior deixou de disputarse logo da edición de 2010). En 2008, o torneo ampliouse con dous equipos máis, o sueco HV71 e o finés Jokerit. E no 2009 foi novamente ampliado coa inclusión do Malmö Redhawks sueco, e o Rauman Lukko finlandés.[3] Porén, os equipos suecos e fineses foron divididos ese ano, pasando a haber dous torneos: un Nordic Trophy Sueco 2009 para os equipos suecos, e un Nordic Trophy Finés 2009 para os equipos fineses.

En 2010, o torneo tornouse europeo. Lukko de Finlandia deixou a competición sendo substituído polo Vålerenga noruegués. Adler Mannheim e Eisbären Berlin de Alemaña, e o checo Sparta Praha, completaron a "Capital Division"; co equipo austrico do Red Bull Salzburg, xunto SC Bern e ZSC Lions de Suíza, completaron a "Central Division". Eses novos equipo propuxeron mudar o nome do torneo ao de European Trophy.

Na edición de 2011 había 24 equipos. Suecia e Finlandia foron representados por seis equipos cada un. Luleå HF substituíu o equipo sueco Malmö Redhawks. De Finlandia, KalPa foi incluído por primeira vez no torneo. Participaron tamén sete equipos da República Checa: Slavia Praha, Sparta Praha, Mountfield České Budějovice, Bílí Tygři Liberec, ČSOB Pojišťovna Pardubice, Plzeň 1929, e Kometa Brno. Os equipos alemáns Eisbären Berlin e Adler Mannheim repetiron participación. Ademais do Red Bull Salzburg, houbo un segundo equipo austríaco, o Vienna Capitals. Por primeira vez Eslovaquia participou no European Trophy, sendo representada polo Slovan Bratislava. Noruega e Suíza, non obstante, non tiveron representación. Tamén cambiou o calendario de competición: en lugar de xogarse os play-offs en setembro logo da rolda previa de agosto-setembro, os play-offs foron xogados en decembro.[4]

A edición de 2012 ampliose con oito equipos máis para un total de 32 anos. Un novo equipo sueco, o Brynäs IF, chegou á compteción; Suíza regresou ao campionato con catro equipos; dous novos equipos alemáns entraron en competición; e un novo equipo de Finland participou no torneo. A primeira rolda do torneo disputouse entre xullo e novembro, mentres que os play-offs xogáronse en decembro.[5] O Slavia Praha, non obstante, anunciou o 31 de maio de 2012 que deixaría o European Trophy.[6] O 18 de xuño anunciouse que o Piráti Chomutov tomaría o lugar deixado polo Slavia Praha na "South Division".[7]

O 14 de febreiro de 2013 anunciouse oficialmente a edición do torneo de 2013. Contou cos 32 equipos que participaron na edición precedente, sendo a primeira vez na historia do Nordic/European Trophy que se repetiron os equipos do ano anterior. Os 32 equipos foron divididos nas mesmas divisións, e a rolda previa (antes dos play-offs) é similar á do ano anterior, a única diferenza foi a asignación dos equipos locais e visitantes. Debido aos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014, a primeira rolda finalizará en setembro de 2013 e non en novembro.[8]

División Equipo Cidade Pavillón* Capacidade Chegada NT/ET
Norte Oulun Kärpät   Oulu Oulun Energia Areena 6.614 2006
Eisbären Berlin   Berlín O2 World 14.200 2010
Red Bull Salzburg   Salzburgo Eisarena Salzburg 3.600 2010
Luleå HF   Luleå Coop Arena 6.200 2011
Kometa Brno   Brno Kajot Arena 7.200 2011
Mountfield České Budějovice   České Budějovice Budvar Arena 6.421 2011
HC Plzeň   Plzeň ČEZ Aréna 8.420 2011
Hamburg Freezers   Hamburgo O2 World 12.947 2012
Sur Linköpings HC   Linköping Cloetta Center 8.500 2006
HV71   Jönköping Kinnarps Arena 7.038 2008
Sparta Praha   Praga Tipsport Arena 13.150 2010
Piráti Chomutov   Chomutov Multifunkční aréna Chomutov 5.250 2012
KalPa   Kuopio Kuopion jäähalli 5.225 2011
Slovan Bratislava   Bratislava Slovnaft Arena 10.000 2011
UPC Vienna Capitals   Viena Albert Schultz Eishalle 7.000 2011
JYP   Jyväskylä Synergia Areena 4.628 2012
Leste TPS   Turku HK Areena 11.820 2006
Tappara   Tampere Hakametsä Areena 7.800 2006
Djurgårdens IF   Estocolmo Hovet 8.094 2006
SC Bern   Berna PostFinance-Arena 17.131 2010**
Bílí Tygři Liberec   Liberec Tipsport Arena 7.500 2011
ČSOB Pojišťovna Pardubice   Pardubice ČEZ Aréna 10.194 2011
Brynäs IF   Gävle Läkerol Arena 8.585 2012
HC Fribourg-Gottéron   Friburgo BCF Arena 6.900 2012
Oeste Färjestad BK   Karlstad Löfbergs Lila Arena 8.647 2006
Frölunda Indians   Gotemburgo Scandinavium 12.044 2006
HIFK   Helsinqui Helsingin jäähalli 8.200 2006
Jokerit   Helsinqui Hartwall Areena 13.349 2008
ZSC Lions   Zúric Hallenstadion 10.700 2010**
Adler Mannheim   Mannheim SAP Arena 10.600 2010
ERC Ingolstadt   Ingolstadt Saturn Arena 4.815 2012
EV Zug   Zug Bossard Arena 7.015 2012
  • Nota (*): o pavillón fixado como local non ten por qué ser empregados no European Trophy.
  • Nota (**): SC Bern e ZSC Lions non participaron en 2011.

Estrutura do torneo editar

O European Trophy divídese nunha primeira fase disputada entre finais de xullo e novembro, na que os equipos xogan uns contra os outros segundo un calendario predefinido; e un play-off de fin de semana en decembro xogado a eliminación directa. O equipo que gaña á final é coroado o Red Bulls Salute Champion.[9] Se un partido remata con empate logo do tempo regulamentario (60 minutos), xógase un tempo extra de 5 minutos. Durante o tempo extra cada equipo pode substituír só catro xogadores no xeo á vez (excepto 3 cando en calquera dos dous equipos hai un xogador penalizado). Se non se anota ningún gol no tempo extra, o partido decídese por shootout, comezando cada equipo con tres penaltis. Se logo dos tres primeiros penaltis persiste o empate, xógase a roldas de morte súbita ata que sae un campión.

Partidos da primeira rolda editar

Na primeira rolda, os 32 equipos son divididos en catro divisións e cada equipo xoga contra cada equipo da súa división unha vez. Ademais, cada equipo ten asignado un "rival loca" na mesma división contra o que xoga un segundo partido. Polo tanto, cada equipo xoga un total de 8 partidos na primeira rolda. Se conceden puntos en cada partido, con tres puntos para o gañador no tempo regulamentario, dous para o gañador no tempo extra ou no shootout, un punto para o perderon no tempo extra ou no shootout, e ningún punto para o perdedor no tempo regulamentario. Os dous equipos co mellor rexistro de puntos de cada división clasifícanse para os play-offs.

Play-offs editar

Os play-offs do European Trophy, coñecidos como Red Bulls Salute, son a derradeira parte do torneo. Trátase dun torneo a unha volta, onde dous equipos xogan entre eles para pasar á seguinte rolda. No torneo de 2013, o Red Bull Salute disputaráse ne Berlín. Non hai partidos de clasificación, o que significa que só hai cuartos de final, semifinais e un partido final. O Red Bull Salute tivo lugar préviamente en Salzburgo e Viena en 2010 e 2011, e en Viena e Bratislava en 2012. Antes de 2013, o organizador dos play-offs tiñan garantido un lugar no play-off (isto é, clasificábanse diréctamente para os play-offs) e tomaba o lugar do peor segundo clasificado de todas as divisións do torneo.[10]

Primas editar

Logo da primeira rolda, os catro campións de división reciben 25.000 cada un, os catro segundos clasificados 20.000€, e o terceiro, cuarto e quinto clasificados reciben 15.000€, 10.000€, e 5.000€ respectívamente. Ademais, na final do Red Bull Salute, o equipo campión recibe 50.000€, mentres que o finalista recibe 10.000€. En total repartiránse 360.000€ no European Trophy 2013.[11]

Trofeos e recoñecementos editar

Ao final da fin de semana da final, o gañador da final é proclamado campión do European Trophy. Hai catro recoñecementos para os xogadores determinados polas súas estatísticas durante o torneo: o RBK Nordic Star, o mellor porteiro, mellor defensor e mellor dianteiro.[12]

Campións editar

Nordic Trophy
Ano Campión da rolda previa Campión dos play-offs
(Campión do Nordic Trophy)
2006   Färjestad BK   Färjestad BK
2007   Oulun Kärpät   Oulun Kärpät
2008   Linköpings HC   Linköpings HC
2009   HV71 (Torneo sueco)   Djurgårdens IF (Torneo sueco)
  Lukko (Torneo finés)   Tappara (Torneo finés)
European Trophy
Ano Campión da rolda previa Campión dos play-offs
(Campión do European Trophy)
2010   HV71   Eisbären Berlin
2011   Plzeň 1929   Red Bull Salzburg
2012   Luleå HF   Luleå HF
2013   Färjestad BK   JYP

Debido ao sistema de divisións da rolda previa do European Trophy, o campión desta fase determínase en función do equipo co mellor récord.

Notas editar

  1. "Luleå debuterar i European Trophy" (en Swedish). Sportal. 2011-08-12. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2012. Consultado o 2011-09-06. 
  2. "Champions Hockey League opens in August 2014". European Trophy. 6 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2013. Consultado o 21 de xuño de 2014. 
  3. "Nordic Trophy 2009 becomes a Swedish affair". Nordic Trophy. NordicTrophy.com. 2009-06-16. Consultado o 2009-06-16. 
  4. "Så blir European Trophy 2011" (en Swedish). Hockeysverige. 2011-05-17. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2012. Consultado o 2011-05-17. 
  5. "Red Bulls Salute moves to Vienna and Bratislava". europeantrophy.com. 2012-03-12. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2012. Consultado o 2012-03-17. 
  6. "Slavia Prague pulls out of European Trophy". Europeantrophy.com. 2012-05-31. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2012. Consultado o 2012-06-04. 
  7. "Pirati Chomutov take part in European Trophy 2012". Europeantrophy.com. 2012-06-18. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2012. Consultado o 2012-06-18. 
  8. "European Trophy 2013: 32 clubs to compete for the title". Europeantrophy.com. 2013-02-14. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2013. Consultado o 2013-02-16. 
  9. "European Trophy 2012 starts August 17th". Europeantrophy.com. 2012-04-12. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2012. Consultado o 2012-04-12. 
  10. "Berlin to host Red Bulls Salute 2013 - European Trophy Finals debut in Germany". Europeantrophy.com. 2013-05-17. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2013. Consultado o 2013-06-09. 
  11. Csongrádi, Per (2012-08-17). "30 teams in action as this years trophy kick off". europeantrophy.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2012. Consultado o 2012-08-17. 
  12. Gyllander, Peter (2007-09-08). "Kärpät Champions". Nordic Trophy Ice Hockey Tournament. NordicTrophy.com. Consultado o 2008-09-05. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar