Vålerenga Ishockey

O Vålerenga Ishockey é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Oslo (Noruega). Trátase da sección de hóckey sobre xeo do club polideportivo Vålerenga IF. Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo noruegués, a GET-ligaen, competición que gañou en 26 ocasións dende a súa creación en 1935, sendo o club máis laureado do país nesta modalidade. O club foi fundado o 29 de xullo de 1913. Xoga os seus encontros como local no Jordal Amfi, un pavillón con capacidade para 4.450 espectadores.

Vålerenga Ishockey
Fundación29 de xullo de 1913
Cidade Oslo
Noruega
EstadioJordal Amfi
(4.450 espectadores)
LigaGET-ligaen
Campionatos26
DirectorAnders Asle
Adestrador Espen Knutsen
CoresAzul e vermello
           
Na rede
http://www.vif-hockey.no/
Discogs: 5600674 Editar o valor em Wikidata

Palmarés editar

  • 26 Campionatos de Noruega: 1960, 1962, 1963, 1965, 1966, 1967, 1968, 1969, 1970, 1971, 1973, 1982, 1985, 1987, 1988, 1991, 1992, 1993, 1998, 1999, 2001, 2003, 2005, 2006, 2007, 2009.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar