Eliteserien (hóckey sobre xeo)

(Redirección desde «GET-ligaen»)

A GET-ligaen é a máxima competición de hóckey sobre xeo de Noruega, está organizada pola Federación Norueguesa de Hóckey sobre Xeo.[1] A liga foi coñecida como 1. divisjon (1ª división) ata 1990, cando foi reorganizada e nomeada Eliteserien (The Elite League). Este nome foi cambiado en 2004, cando a televisión por cable UPC se converteu no principal patrocinador. UPC Norway cambiou o seu nome polo de GET en 2006 e polo tanto o nome da liga tamén se viu alterado.

Modelo:Competición deportivaEliteserien
Nome na lingua orixinal(nb) Elitehockeyligaen Editar o valor em Wikidata
Tipoliga deportiva Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Parte deAssociação Norueguesa de Hóquei no Gelo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Número de participantes10 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísNoruega Editar o valor em Wikidata
Vixencia1934 – Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialehl.no Editar o valor em Wikidata

A liga funciona segundo a premisa de ascensos e descensos, polo que os dous equipos que finalizan nas dúas últimas prazas deben xogar contra os dous mellores clasificados da Primeira División (a segunda categoría do hóckey sobre xeo noruegués por detrás da GET-ligaen) para se faceren co dereito a competiren na GET-ligaen na vindeira tempada.

Equipos

editar

Actualmente, a liga consta de nove equipos, a meirande parte do Sueste de Noruega, principalmente da área da capital, Oslo. O IK Comet foi proposto para converterse no décimo equipo, mais denegouse en outubro de 2009.

En circunstancias normais, con dez equipos en competición, xóganse 44 partidos e os oito mellores equipos clasifícanse para os playoffs polo título.