Lillehammer IK

O Lillehammer Ishockeyklubb ou Lillehammer IK é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Lillehammer (Noruega). O club foi fundado o 2 de novembro de 1957 e actualmente compite na GET-ligaen, a máxima categoría do hóckey sobre xeo noruegués, competición que gañou nunha ocasión en 1994. Xoga os seus partidos como local no Kristins Hall, un pavillón con capacidade para 3.194 espectadores.

Lillehammer IK
AndreLysenstoen.jpg
Fundación1957
CidadeLillehammer komm.svg Lillehammer
Oppland våpen.svg Oppland
Flag of Norway.svg Noruega
EstadioKristins Hall
(3.194 espectadores)
LigaGET-ligaen
Campionatos1
DirectorFlag of Norway.svg Truls Nergaard
AdestradorFlag of Norway.svg Tor Nilsen
CoresAzul, vermello e branco
                 
Lillehammer Ishockeyklubb jersey.png
Na rede
http://www.lillehammerhockey.no/

HistoriaEditar

O club foi fundado o 2 de novembro de 1957, sendo pioneiro do hóckey sobre xeo nas sexións septentrionais do leste de Noruega. Durante os seus primeiros trinta anos de existencia xogou baixo condicións difíciles de xeo natural. Non obstante, o equipo foi capaz de producir algúns talentos como os irmáns Arne e Lars Bergseng, que chegaron a ser dous dos mellores xogadores da primeira división durante os oitenta.

A grande oportunidade para o club foi a candidatura de Lillehammer para os Xogos Olímpicos de Inverno de 1994. A raíz da candidatura construíuse o Kristins Hall, que abriu as súas portas en 1988. A cidade tivo os seus Xogos Olímpicos e o club o seu pavillón. Co apoio do enorme interese que xurdiu na cidade, o club ascendeu dende a terceira división ata a Eliteserien en só tres anos, mais o éxito non rematou aí. Na primavera de 1994, logo dos Xogos Olímpicos, o Lillehammer derrotou aos seus veciños rivais de Storhamar Dragons nas finais do playoff polo título para conseguir o seu primeiro e único título de liga ata a data.

PalmarésEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar