Coordenadas: 62°14′14″N 25°43′21″L / 62.237222, 25.7225

O Synergia Areena é un pavillón deportivo da cidade de Jyväskylä, Finlandia. O uso principal do pavillón é a práctica do hóckey sobre xeo, xogando os seus partidos como local o JYP, equipo que compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a SM-liiga, así como o JYP-Akatemia, equipo filial do anterior e que compite na segunda categoría, a Mestis. Foi inaugurado en 1982 como Jyväskylän jäähalli e dende aquela sufriu dúas remodelacións en 2008 (ano no que mudou o seu nome) e 2009 (desta última vez a súa capacidade ampliouse). Ten capacidade para 4.500 espectadores.[1]

Synergia Areena
Exterior.
Datos
LocalizaciónJyväskylä, Finlandia Finlandia
Outros nomesJyväskylän jäähalli
Construción
Inauguración1982
Estadio
Capacidade4.500 espectadores
LocalíaJYP (1982-)
JYP-Akatemia
JyTLS
Interior do Synergia Areena.

Notas editar

  1. JYP Jyväskylä Oy (ed.). "Synergia-areena". 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar