O EV Zug (abreviatura de Eissportverein Zug) é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Zug, Suíza. Actualmente compite na National League A (NLA), a máxima categoría do hóckey sobre xeo helvético. Xoga os seus encontros como local no Bossard Arena, un pavillón con capacidade para 7.015 espectadores.

EV Zug
Fundación1967
Cidade Zug,
Cantón de Zug
Suíza Suíza
EstadioBossard Arena
(7.015 espectadores)
LigaNational League A
Campionatos1 (1998)
Adestrador Doug Shedden
CoresAzul e branco
           
Na rede
https://www.evz.ch/

Historia

editar

O EV Zug foi fundado en 1967, e na tempada 1976-77 debutou na máxima categoría, rematando na última posición (8º) e descendendo. Na tempada 1987-88 retornou á LNA logo de 10 anos, finalizando na 6ª posición nunha competición na que os play-offs polo título estaban pechados aos 4 primeiros clasificados. Dende aquela o equipo non volveu descender e é un habitual nos play-offs polo título, chegando a gañar a competición na tempada 1997-88, conseguindo ademais os subcampionatos en 1995 e 1997, e finalizando na primeira posición da liga regular en 3 ocasións (1994-95, 1997-98 e 2011-12).

O 3 de outubro de 2011, o club derrotou aos New York Rangers da NHL por un contundente 8-4 nun partido amigable.[1][2] O antigo xogador da NHL Josh Holden, que daquela estaba suspendido pola NLA, permitiuselle xogar e anotou dous goles. El e Fabian Schnyder tiveron cada un tres puntos, e Esa Pirnes tamén anotou dous goles. O antigo porteiro dos Rangers Jussi Markkanen gañoulle ao seu exequipo nun Bossard Arena ateigado.

Dende o 2012 é un dos catro representantes suízos no European Trophy.

Personalidades

editar

Xogadores

editar

Números retirados

editar

Como moitos outros equipos profesionais de hóckey sobre xeo, o EV Zug (EVZ) ten retirado da circulación os dorsais de varios xogadores que vestiron a camisola do equipo. Para a retirada dun dorsal por parte do club, o xogador ten que cumprir catro dos seguintes cinco criterios:[3]

  • 10 anos no primeiro equipo do EVZ.
  • Comezar a súa carreira profesional no EVZ.
  • Finalizar a súa carreira profesional no EVZ.
  • Gañar o campionato suízo co EVZ.
  • Ter xogado 50 partidos co equipo nacional.
Números retirados do EV Zug
Xogador Posición Carreira Data da retirada Referencia
20 Philipp Neuenschwander F 1980-1997 5 de novembro de 2010 [4]
31 Patrick Fischer C 1992-2010 14 de setembro de 2010 [5]
33 André Künzi D 1984-2002 5 de novembro de 2010 [4]

Palmarés

editar
  1. Rosen, Dan (2011-10-03). "Rangers fall to Swiss squad, 8-4". NHL.com. Arquivado dende o orixinal o 02-04-2013. Consultado o 18-11-2013. 
  2. "EV Zug wins against the New York Rangers!" (en alemán). www.nationalleague.ch. 2011-10-03. Arquivado dende o orixinal o 12-11-2011. Consultado o 18-11-2013. 
  3. "WALL OF FAME" (en inglés). EV Zug. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2016. 
  4. 4,0 4,1 "EV Zug verewigt Nummer 20 und 33". Neue Luzerner Zeitung (en alemán). 3 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2016. 
  5. Kunz, Alain (15 de setembro de 2010). "Fischer weinte". Blick (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2016. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar