Champions Hockey League

A Champions Hockey League é un torneo europeo de hóckey sobre xeo. Na tempada 2014–15 celebou a súa tempada inicial, na que participaron 26 equipos de seis ligas e a Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo (IIHF), e conta cos mellores equipos das ligas de primeiro nivel de Europa.

Champions Hockey League
Fundación2013
RexiónEuropa
Equipos32
Actual campiónFinlandia Tappara (1º título)
Máis laureado Frölunda HC (4 títulos)
Sitio webchampionshockeyleague.com
Champions Hockey League 2022–23

Dende a súa creación, os equipos suecos teñen dominado a competición, gañando en seis das sete edicións disputadas ata 2022, e habendo un equipo do país nórdico en todas as finais disputadas ata a data.

Antecedentes editar

A IIHF lanzo un torneo do mesmo nome en 2008 para coincidir co 100º aniversario da federación. A única edición do torneo disputouse entre o 8 de outubro de 2008 e o 28 de xaneiro de 2009, resultando vencedor o ZSC Lions de Zürich (Suíza), que como resultado pasou a xogar a Victoria Cup 2009. A IIHF planeou lanzar outra tempada, mais finalmente viuse forzada a cancelar o torneo a causa dos problemas para atopar patrocinadores durante a crise económica global concurrente e a flalta de acordo respecto do formato do torneo. O 9 de decembro de 2013, a IIHF e un grupo de 26 clubs de seis países lanzaron un novo torneo co memo nome, nacido do European Trophy, comezando a partir da tempada 2014–15.[1]

Edicións editar

Tempada Equipos Partidos Asistencia media Campión Finalista Semifinalistas MVP[2]
2014–15 44 161 3 049   Luleå HF   Frölunda HC   Kärpät,   Skellefteå AIK   Mathis Olimb (Frölunda)
2015–16 48 157 3 261   Frölunda HC   Oulun Kärpät   HC Davos,   Lukko   Ryan Lasch (Frölunda)
2016–17 48 157 3 240   Frölunda HC   HC Sparta Praha   HC Fribourg-Gottéron,   Växjö Lakers   Joel Lundqvist (Frölunda)
2017–18 32 125 3 369   JYP   Växjö Lakers   HC Oceláři Třinec,   HC Bílí Tygři Liberec   Šimon Hrubec (Oceláři Třinec)
2018–19 32 125 3 400   Frölunda HC   EHC Red Bull München   HC Plzeň,   EC Red Bull Salzburg   Trevor Parkes (Red Bull Münche)
2019–20 32 125 3 446   Frölunda HC   Mountfield HK   Djurgårdens IF,   Luleå HF   Ryan Lasch (Frölunda)
2020–21 Cancelada a causa da pandemia de COVID-19
2021–22 32 123 1 988[a]   Rögle BK   Tappara   Frölunda HC,   EHC Red Bull München   Frederik Tiffels (Red Bull München)
2022–23 32 125 2 841   Tappara   Luleå HF   EV Zug,   Frölunda HC   Christian Heljanko[3]

a Algúns partidos tiveron restricións na capacidade dos estadios debido á pandemia de COVID-19.

Notas editar

  1. "New era dawns for Europe" (en inglés). IIHF.com. 9 de decembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2013. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  2. "HALL OF FAME" (en inglés). championshockeyleague.com. Consultado o 2 de setembro de 2022. 
  3. "CHRISTIAN HELJANKO WINS 2022/23 LGT MVP AWARD!" (en inglés). ChampionsHockeyLeague.com. 18 de febreiro de 2023. Consultado o 20 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar