O Eishockey-und-Rollschuh club Ingolstadt (máis coñecido pola abreviatura ERC Ingolstadt) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Ingolstadt, Alemaña. Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo alemán, Deutsche Eishockey Liga (DEL), xogando os seus partidos como local no Saturn Arena, un pavillón con capacidade para 4.815 espectadores.

ERC Ingolstadt
Fundación1964
Cidade Ingolstadt,
Baviera
Alemaña Alemaña
Estadio
Saturn Arena (4.815 esp.)
LigaDeutsche Eishockey Liga
Adestrador Niklas Sundblad
CoresAzul mariño, azul claro e branco
                 
Na rede
http://www.erc-ingolstadt.de/html/index.php e https://www.erc-ingolstadt.de/
Facebook: ercingolstadt Instagram: ercingolstadt_official Youtube: UCI_qG13W5vCiNUrUU5U33Dg Editar o valor en Wikidata

O equipo é alcumado Die Panther (en galego As Panteiras).

Historia

editar

O club foi fundado en 1964 e non foi ata o 2003 cando conseguiu o ascenso á máxima categoría do hóckey sobre xeo alemán. Dende a súa chegada á DEL, os mellores resultados do equipo chegaron cos subcampionatos das tempadas 2005-06 (caendo posteriormente nos play-offs polo título na primeira rolda fronte aos Hannover Scorpions por 4-3) e 2011-12 (caendo nas semifinais dos play-offs polo título fronte ao Adler Mannheim por 3-1), e o título da DEB-Pokal conseguida na tempada 2004-05, cando derrotaron na final ao DEG Metro Stars. No 2008 o ERG Ingolstadt xogou a prestixiosa Spengler Cup, finalizando na derradeira posición con tan só unha vitoria por 3 derrotas. Dende o 2012 o equipo compite no European Trophy.

Palmarés

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar