HC Vityaz
O HC Vityaz (en ruso: ХК Ви́тязь) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da localidade de Podolsk, óblast de Moscova (Rusia). Compite na Kontinental Hockey League (KHL), onde se encontra encadrado na División Tarasov. Xoga os seus partidos como local no Centro de hóckey sobre xeo 2004, pavillón con capacidade para 3.300 espectadores.
HC Vityaz ХК Ви́тязь | |
---|---|
Fundación | 1996 |
Cidade | Podolsk Óblast de Moscova Rusia |
Estadio | Pazo de Xeo de Vityaz (5.500 espectadores) |
Liga | Kontinental Hockey League |
Conferencia | Oeste |
División | Tarasov |
Campionatos | 0 |
Director | Alexei Zhamnov |
Adestrador | Andrei Nazarov |
Afiliado(s) | Russkie Vitiazi (MHL) |
Cores | Vermello e branco |
Na rede | |
http://hcvityaz.ru/ | |
Historia
editarO equipo foi fundado orixinalmente na cidade de Podolsk en 1996, e no 2004 trasladouse á súa cidade actual. Ao ano seguinte, no 2005 conseguiu o ascenso á Superliga rusa. No 2008 foi un dos equipos que tomaron parte na primeira edición da nova competición euroasiática, a KHL, competición na que nunca conseguiu clasificarse para os play-offs.
Denominacións
editar- Vityaz Podolsk (1996–2004)
- Vityaz Čechov (dende o 2004)
Participacións na KHL
editarTempada | PX | V | VP | VPn | D | DP | DPn | GF | GC | Pts | Clasificación | Play-offs |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2008-09 | 56 | 6 | 2 | 3 | 5 | 7 | 33 | 134 | 225 | 40 | 23º/24 | Non se clasificou |
2009-10 | 56 | 13 | 3 | 3 | 2 | 3 | 33 | 142 | 216 | 54 | 23º/24 | Non se clasificou |
PX: Partidos xogados |
DP: Derrotas na prórroga |
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
editar