HC Kunlun Red Star

(Redirección desde «Kunlun Red Star»)

O Kunlun Red Star (en chinés simplificado: 昆仑鸿星, en chinés tradicional: 崑崙鴻星, pinyin: Kūnlún Hóngxīng) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Pequín, China. Fundado en 2016, o club uniuse á Kontinental Hockey League (KHL) antes do inicio da tempada 2016–17.[1][2] A pesar de ter a súa sede en Pequín, o Kunlun Red Star xoga temporalmente desde 2020 no Mytishchi Arena,[3] situado ás aforas de Moscova, debido ás restricións de viaxe derivadas da pandemia de COVID-19.[4] Unha vez finalizadas as restriccións, o club mudarase ao Shougang Ice Hockey Arena, recinto con capacidade para 18 000 espectadores, contruído para os Xogos Olímpicos de Inverno de Pequín 2022.[5]

Kunlun Red Star
昆仑鸿星
Fundación2016
CidadeRepública Popular da China Pequín, China
EstadioRepública Popular da China Shougang Arena (Pequín)
Mytishchi Arena (Mytishchi)
Capacidade18 000 (Shougang)
7 114 (Mytishchi Arena)
LigaKHL
ConferenciaLeste
DivisiónKharlamov
Propietario(s)República Popular da China Billy Ngok
Director Nikolay Feoktistov
AdestradorItalia Ivano Zanatta
Afiliado(s)KRS-BSU (VHL)
ORG Junior (MHL)
Cores              
Na rede
http://hcredstar.ru
Twitter: KRSchina Editar o valor em Wikidata

Historia editar

En marzo de 2016, o club chinés e a KHL asinaron un protocolo de intención para que un equipo con base na China entrara na KHL. O protocolo foi asinado polo representante da Fedración Rusa de Hóckey sobre Xeo Vladislav Tretiak, o presidente do Consello de Administración da KHL Gennady Timchenko e a xunta do Red Star Kunlun. A mediados de abril, o presidente da IIHF (René Fasel) expresou a súa opinión sobre a intención do club chinés de ingresar na NHL. Fasel expresou a súa esperanza de que este feito axudara a China a levar o seu hóckey ao máximo nivel..[6]

Se o club axustaba as súas condicións económicas contractuais o 30 de abril de 2016 podería unirse á KHL.[1] Segundo Roman Rotenberg, o HC Red Star Kunlun adaptouse para cumprir coas súas obrigas, mais unha serie de formalidades fixeron que a decisión final sobre o futuro do equipo na competición non se puideran coñecer ata xuño de 2016.[7] A principios de maio, o presidente da KHL Dmitry Chernyshenko considerou a afiliación do club pequinés á liga como un acordo xa feito: " O club ten proporcionado toda a documentación, a estrutura do club, os fondos, e teñen o permiso da Federación Chinesa de Hóckey sobre Xeo".[8]

O 25 de xuño de 2016 anunciouse que o consello de administración da KHL aceptara oficialmente a solicitude do club chinés, e que este podería participar na seguinte tempada, a 2016–17.[2] Dous días despois, o club anunciou a súa primeira fichaxe, o defensa finlandés Janne Jalasvaara, que se unía ao novo equipo procedente do HC Sochi da KHL.[9][10]

Xogadores editar

As noticias iniciais que apuntaban a que Ilya Kovalchuk e Danis Zaripov poderían xogar no equipo e que Mike Keenan sería o adestrador xefe[11] demostrouse que eran falsos.

Vladimir Yurzinov, Jr. foi nomeado primeiro adestrador de equipo.[2] O equipo contaría con 13 xogadores chineses. Confirmouse unha dupla ruso-finesa na portería con Andrey Makarov e Tomi Karhunen. Defensas: Janne Jalasvaara, Anssi Salmela, Tuukka Mäntylä, Dmitri Kostromitin (contrato de proba) e Alexander Mikulovich. Dianteiros: Damien Fleury, Martin Bakoš, Oleg Yashin, Danil Romantsev (negociacións co Lokomotiv Yaroslavl) e Igor Velichkin.[12]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "KHL and RIHF sign a Protocol of Intention with a Chinese Club" (en inglés). Kontinental Hockey League. 17 de marzo de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "It's Official! Kunlun Red Star joins the KHL" (en inglés). Kontinental Hockey League. 25 de xuño de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2016. 
  3. "Kunlun Red Star. Arena". khl.ru (en inglés). Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  4. "Kunlun Red Star to base in Mytishchi for 2020-21". khl.ru (en inglés). 15 de xullo de 2020. 
  5. Imbo, Will (31 de marzo de 2021). "Beijing 2022: um olhar mais próximo em cada local de competição e na vila Olímpica para os Jogos de Inverno". olympics.com. Consultado o 11 de decembro de 2021. 
  6. "Фазель: я был бы счастлив, если бы русские помогли китайцам в развитии хоккея" (en ruso). 16 de abril de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2016. 
  7. "Ķīnas klubs iesniedz oficiālu pieteikumu dalībai KHL". sportacentrs.com (en letón). 1 de maio de 2016. 
  8. "Чернышенко: недостатка в ярких звездах с уходом Радулова, Зайцева у КХЛ не возникнет". rsport.ru (en ruso). 6 de maio de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2016. 
  9. "Janne Jalasvaara förstärker det nya kinesiska KHL-laget". svenska.yle.fi (en sueco). Yle. 27 de xullo de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2016. 
  10. "Janne Jalasvaara" (en inglés). hockeydb.com. Consultado o 12 de xullo de 2016. 
  11. Lerner, Matt (13 de abril de 2016). "Russian Hockey Comes to China". The Diplomat (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2016. 
  12. "Beginner KHL "Red Star Kunlun" announced the lineup for the season" (en inglés). BIGNEWS2DAY. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2016.