forma física é un estado xeral de saúde, e de xeito máis específico, a capacidade de practicar certa actividade física, ocupacións e actividades cotiás. Unha boa forma física polo xeral adquírese como resultado dunha nutrición axeitada e a práctica de exercicio físico de moderado a vigoroso, e un descanso apropiado.[1][2][3]

Con anterioridade á revolución industrial, definíase forma física como a capacidade de realizar as actividades cotiás sen experimentar fatiga. Porén, coa automatización e os cambios no estilo de vida no presente, considérase que a forma física é unha medida da capacidade do corpo de funcionar de forma eficiente e efectiva durante o traballo e actividades de esparexemento, estar en condición saudable, ser capaz de resistir doenzass hipocinéticas, e poder enfrontar situacións de emerxencia.[4]

Ponse énfase en que a saúde física é o resultado da actividade física regular, dunha dieta e nutrición axeitados, ademais dun descanso apropiado para a recuperación física dentro dos parámetros individuais.

  1. "Physiological and health implications of a sedentary lifestyle" 35 (6). doi:10.1139/H10-079. 
  2. "Older adults' motivating factors and barriers to exercise to prevent falls" 18 (2). PMID 20545467. doi:10.3109/11038128.2010.487113. 
  3. Physical activity and health of youth. Ovidius University Annals, Series Physical Education and Sport/Science, Movement and Health. 
  4. "President's Council on Physical Fitness and Sports Definitions for Health, Fitness, and Physical Activity". fitness.gov. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar