Exercicio físico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2017.) |
O exercicio físico é a acción de pór en movemento activo todo o corpo ou unha parte do mesmo,[1] a actividade física recreativa, que se realiza en momentos de lecer ou de tempo libre, é dicir fora do traballo ou actividade laboral. É unha afección que obtén unha vivencia pracenteira, comunicativa, creativa e social das prácticas corporais.
O exercicio físico implica a realización de movementos corporais planificados e deseñados especificamente para estar en forma física e gozar de boa saúde.[Cómpre referencia]
O termo de exercicio físico inclúe o da ximnasia, o baile, os deportes e a educación física.[Cómpre referencia]
Beneficios do exercicio físico
editarO exercicio físico é un compoñente do estilo de vida que nas súas distintas facetas ximnasia, deporte e a educación física constitúen actividades vitais para a saúde. A prolongación da vida e a terapia contra numerosas enfermidades consisten hoxe día no exercicio físico, o deporte e o exercicio metódico porque educan, disciplinan, desenvolven a vontade e preparan ao ser humano para a produción e a vida.[2]
É universalmente coñecido que o exercicio físico sistemático promove a saúde e contribúe decisivamente á lonxevidade do home. Investigacións[Cómpre clarificar] realizadas en diversos centros especializados e os resultados obtidos demostran que o tempo que se dedica a mellorar a capacidade física constitúe un tempo ben empregado.
Os beneficios fundamentais que o exercicio físico regular ofrece sobre a saúde son:
- Incrementa o funcionamento do sistema cardiovascular e respiratorio para mellorar a perfusión tisular e xa que logo a achega de osíxeno e nutrientes aos tecidos.[3]
- Opera cambios na mente do home cara a direccións máis positivas independentemente de calquera efecto curativo. Un programa de exercicio adecuado fortalece a psique humana.[Cómpre referencia]
- Aumenta a circulación cerebral, o que fai ao individuo máis esperto e alerta, e mellora os procesos do pensamento.
- Prolonga o tempo socialmente útil do home así como ao mellorar a súa capacidade física muscular eleva os seus niveis produtivos, polo que retarda os cambios da vellez. Asegura unha maior capacidade de traballo e a ter maior lonxevidade.[Cómpre referencia]
As enfermidades na que se demostrou que o exercicio físico é beneficioso son:[Cómpre referencia]
- Asma
- Infarto
- Diabetes mellitus
- Diabetes xestacional
- Obesidade
- Hipertensión arterial
- Osteoporose
- Distintos tipos de cancro, como o cancro de próstata e o cancro colorrectal
Tipos de exercicio físico
editar- Exercicio aeróbico: É aquel exercicio físico baseado no "metabolismo aeróbico" e que ten unha repercusión importante sobre o sistema cardiovascular cando se seguen programas de adestramento sistematizados. O metabolismo aeróbico é un proceso metabólico que require da presenza do osíxeno, a nivel celular, para levar a cabo a produción de enerxía que protexe a actividade física aeróbica e outras funcións aeróbicas. Os exercicios aerobios son de longa duración e de baixa intensidade. Os exercicios de estiramento muscular son un tipo de exercicio físico aeróbico especial.
- Exercicio anaeróbico: É aquel exercicio físico baseado no "metabolismo anaeróbico", o que se leva a cabo en ausencia de osíxeno, pero que a produción de enerxía e o seu rendemento é menor que no metabolismo aeróbico. Os exercicios anaeróbicos son de curta duración e grande intensidade.
Notas
editar- ↑ "bUSCatermos; «exercicio físico»". aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-02-04.
- ↑ Lee, I.-Min; Shiroma, Eric J.; Lobelo, Felipe; Puska, Pekka; Blair, Steven N.; Katzmarzyk, Peter T.; Lancet Physical Activity Series Working Group (2012-07-21). "Effect of physical inactivity on major non-communicable diseases worldwide: an analysis of burden of disease and life expectancy". Lancet (London, England) 380 (9838): 219–229. ISSN 1474-547X. PMC 3645500. PMID 22818936. doi:10.1016/S0140-6736(12)61031-9.
- ↑ Stampfer, M., Hu, F., Manson, J., Rimm, E., Willett, W. (2000) "Primary prevention of coronary heart disease in women through diet and lifestyle". The New England Journal of Medicine, 343(1), 16-23.