Gran Ducado de Moscova

O Gran Ducado de Moscova (en ruso: Великое Княжество Московское, Velikoe Kniazhestvo Moskovskoe) ou Principado de Moscova (en ruso: Княжество Московское, Kniazhestvo Moskovskoe), tamén coñecido como Moscovia,[1] foi un estado ruso que existiu desde o século XIV até o XVI.

Княжество Московское
Kniazhestvo Moskovskoe
Gran Ducado de Moscova / Principado de Moscova / Moscovia

 

1340–1547

Escudo

Desenvolvemento territorial de Moscovia entre 1390 e 1530
Capital Moscova
Lingua ruso
Relixión Cristianismo ortodoxo
Goberno Monarquía absoluta
Historia
 • Establecido 1340
 • Proclamación do Tsarato ruso 1547

O Gran Principado de Moscova, como se coñece a este estado nos documentos rusos, foi o sucesor da Rus de Kíiv nos seus territorios máis setentrionais, e o predecesor do Tsarato Ruso que, á súa vez precedería ao Imperio Ruso.

HistoriaEditar

Levantamento moscovitaEditar

 
Iván I Danílovich Kalitá.

Cando os mongois invadiron as terras da Rus de Kíiv, Moscova era unha insignificante vila de paso á China no Principado de Vladímir-Súzdal.

Aínda que os mongois queimaron Moscova no inverno de 1238, a situación da remota vila, en medio de bosques, ofreceu certa seguridade durante a ocupación mongol.

Ademais, un gran número de ríos ofrecéronlle acceso aos moscovitas aos tres mares, o Báltico, o Negro e o Caspio.

Máis importante aínda para a formación do estado moscovita foi o seu goberno por príncipes ambiciosos, determinados e afortunados.

O primeiro príncipe moscovita foi Daniel I (Daniil Aleksándrovich), que reinou en 1303 e asegurou o principado para a súa familia, os ruríquidas.

O seu fillo, Iván I de Rusia, que reinou entre 1325 e 1340), chamado Iván Kalitá (Iván a bolsa de diñeiro), obtivo o título de Gran Príncipe de Vladímir dos líderes mongois. Cooperou estreitamente cos ocupantes, recadando tributos doutros principados rusos. Esta relación valeulle ascendencia rexional, particularmente sobre o principal rival de Moscova, Tver.

En 1325 Iván I trasladou ao metropolita Pedro (Metropolita de Kíiv e Toda a Rusia) desde Vladímir a Moscova.

GobernantesEditar

Grandes príncipes de MoscovaEditar

Iván IV de RusiaVasili III de MoscovaIván III de MoscovaVasili II de MoscovaVasili I de MoscovaDmitri Donskoi de MoscovaIván II de MoscovaSimeón I de MoscovaIván I de MoscovaYuri I de MoscovaDaniel I de Moscova

NotasEditar

  1. "Moscovia". "Moscovia" Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1416. ISBN 978-84-8288-942-9. Ant. estado ruso, fundado como principado por Alexandre Nevski na rexión de Moscova (s. XIII), que a finais do s. XVII, con Pedro I o Grande, se transformou no Imperio ruso 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Moss, Walter G. (2005): A History of Russia. Volume I: To 1917. 2ª ed. Londres: Anthem Press. ISBN 184331 023 6. Ver en liña (incompleto)
  • Poe, Marshall (1995): Foreign Descriptions of Muscovy: An Analytic Bibliography of Primary and Secondary Sources. Bloomington, IN: Indiana University. Slavica Publishers. ISBN 0-89357-262-4. Resumo

Outros artigosEditar