Marina Ivanovna Tsvetaeva (en ruso: Мари́на Ива́новна Цвета́ева), nada en Moscova o 14 de setembroxul./ 26 de setembro de 1892greg. e finada en Elabuga o 31 de agosto de 1941, foi unha poeta rusa e soviética. A súa obra está considerada entre as maiores da literatura rusa do século XX.[1] Viviu e escribiu sobre a revolución rusa de 1917 e a fame negra que a seguiu en Moscova. Nun intento de salvar a súa filla da inanición, levouna a un orfanato estatal en 1919, onde faleceu de fame. Tsvetaeva abandonou Rusia en 1922 e viviu na pobreza coa súa familia en París, Berlín e Praga antes de volver a Moscova en 1939. O seu marido Sergei Efron e a súa filla Ariadna Èfron (Alya) foron arrestados acusados de espionaxe en 1941 e o seu marido foi executado. Tsvetaeva cometeu suicidio en 1941.

Infotaula de personaMarina Tsvetaeva

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Марина Ивановна Цветаева Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1892 Editar o valor em Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte31 de agosto de 1941 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Ielabuga, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteSuicidio Editar o valor em Wikidata (Enforcamento Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaIelabuga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e artes escénicas Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Berlín
Praga
París
Moscova Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , prosista , autora de diarios , escritora , tradutora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1908 Editar o valor em Wikidata - 1941 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía e memorias Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa, lingua francesa e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSergei Efron (en) Traducir (1912–) Editar o valor em Wikidata
ParellaSophia Parnok (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAriadna Sergejewna Efron (pt) Traducir
 () Sergei Efron (en) Traducir
Gueorgui Serguéievich Efrón
 () Sergei Efron (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiIvan Tsvetaev (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAnastasija I. Cvetaeva e Valerii︠a︡ Ivanovna T︠S︡vetaeva (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0875514 Musicbrainz: 20afc0ad-477f-44e7-bcbe-ca5a875def54 Discogs: 1026630 Find a Grave: 9123509 Editar o valor em Wikidata

Como poeta lírica, a súa paixón e atrevida experimentación lingüística márcana como cronista da súa época e das profundidades da condición humana.

Traxectoria editar

Tsvetaeva naceu en 1892, filla do fundador do Museo Pushkin de Moscova, Ivan Tsvetaev. De familia acomodada e aínda moi nova, publicou con grande éxito Vecherny Albom ("Álbum da tarde").[2] Continuou a traballar en literatura e coñeceu e tratou os grandes escritores. Colocouse á altura de Pasternak, Akhmatova e Mandelstam. Tsvetaeva, ao padecer a reprobación oficial, non puido atopar vivenda nin traballo. Era tan pobre que a súa filla Irina houbo de ir a un orfanato, onde, debidos ás condicións famélicas, morreu.

Despois da revolución rusa, tivo que exiliarse en Berlín, Praga (1922) e posteriormente en Francia (1925) co seu marido Sergei Efron, antes oficial branco en activo, que se desenganou pouco a pouco coa actitude dos emigrados. Viviu catorce anos en Francia, a desgusto e deprimida. Tivo dúas fillas, Irina e Ariadna, e un fillo, Georgii.

Finalmente, en 1939, regresou á Unión Soviética co seu fillo Georgii para reunirse co seu marido, que regresara a Rusia coa súa filla Ariadna en 1937, como responsable da contraespionaxe soviética. Tsvetaeva escribiu ao xefe do NKVD, Beria, pedindo información e defendendo o seu marido, tras unha desgraciada misión oficial. En 1941, Efron e Ariadna foron arrestados, e o home foi fusilado o 16 de outubro de 1941.[3] Ariadna tivo que autoacusarse como era habitual, mais tras permanecer oito anos no gulag, foi arrestada novamente en 1949 e enviada ao desterro no raion de Turukhans. Só foi rehabilitada en 1955.

Cando comezou a Gran Guerra Patria, coa ocupación nazi, Tsvetaeva foi evacuada a Elabuga, Tartarstán, onde finalmente se suicidou en 1941.

A pesar de todas estas desgrazas (e da conciencia escrita delas) deixou obras moi vivas, de impresionante calor, intransixente e cheas de valentía, onde está a lembranza de toda unha serie de escritores e artistas da súa época, así como o retrato das súas propias obsesións, cunha lingua entrecortada e agudísima. A súa correspondencia cruzada con Paternak e Rilke (publicadas a partir de 1979) dá a medida da súa personalidade, a súa forza especial e a atracción de todo tipo que ela exerceu.[4]

A súa obra salvouse da destrución e do esquecemento grazas á súa filla Ariadna Efron. Na Unión Soviética permaneceu case inédita ata despois da segunda guerra mundial, cando comezou a darse a coñecer a través da literatura en follas clandestinas (samizdat).

Nabokov rectificou os seus prexuízos sobre a difícil Tsvetaeva ("lela soamente causa estupor e dor de cabeza"), mais negouse a encabezar a súa rehabilitación, que non chegou de todo ata hai uns días, cando se publicou en Rusia a súa obra completa.

Tributo editar

O 8 de outubro de 2015, Google Doodle conmemorou o 123 aniversario do seu nacemento.[6]

Notas editar

  1. "Tsvetaeva, Marina Ivanovna" Who's Who in the Twentieth Century. Oxford University Press, 1999.
  2. La librería de los escritores, La central / Sexto piso, 2007
  3. Tsvetaeva,Confesiones. Vivir en el fuego, pp. 538-543
  4. Cartas del verano de 1926, Minúscula, 2012, intr.
  5. Vila-Matas: 'Galaxia Tsvietáyeva' [1]
  6. "Marina Ivanovna Tsvetaeva’s 123rd Birthday". Google.com. 8 de outubro de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Karlinsky, Simon: Marina Tsvietáieva: la mujer, su mundo y su poesía. Trad. de Francisco Segovia. 336 páxs. Grijalbo Mondadori, Madrid, 1991. ISBN 84-397-1759-8.

Ligazóns externas editar