Samarcanda
Coordenadas: 39°39′15″N 66°57′35″L / 39.65417, -66.95972
Samarcanda[1] (en uzbeko: Samarqand, Самарқанд), é a terceira meirande cidade de Uzbekistán e capital da Provincia de Samarcanda (Samarqand Viloyati). Foi capital do país entre 1925 e 1930. É unha cidade famosa pola súa céntrica posición na Ruta da Seda entre China e Occidente.
Samarcanda | ||
---|---|---|
Samarqand, Самарқанд | ||
Vista da praza central de Samarcanda | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Provincia | Samarcanda | |
Xeografía | ||
Altitude | 702 msnm | |
Superficie | 108,0 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 436 300 hab. (2008) | |
Densidade | 5.521,3 hab/km² | |
Outros datos | ||
Alcalde | Akbar Shukurov | |
Páxina oficial de Samarcanda |
Samarcanda – Encrucillada de culturas | |
---|---|
Mesquita de Bibi-Khanym | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 39°39′15″N 66°57′35″L / 39.65417, -66.95972 |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, IV |
Inscrición | 2001 (25ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia e o Pacífico |
Identificador | 603 |
Está situada a unha altitude de 702 metros. A maioría dos seus habitantes (90 %) son falantes de taxico.
O seu nome significa probabelmente «lugar de encontro» ou «lugar do conflito» (samara: "encontro, conflito" en sánscrito, kand, kent: "cidade"), termo centro-asiático e ilustra ben a súa posición no límite dos mundos turco e persa.
ClimaEditar
Samarcanda goza dun clima mediterráneo (Clasificación climática de Köppen Csa) que se abeira a un clima semirárido con veráns quentes e secos e invernos relativamente húmidos e variables que alternan períodos cálidos con outros fríos. Os meses de xullo e agosto son os máis quentes do ano, con temperaturas que chegan e mesmo superan os 40 °C. A maioría das precipitacións recóllense de decembro a abril. O mes de xaneiro de 2008 foi especialmente frío, caendo a temperatura ata os -22 °C[2]
Datos climáticos para Samarkand | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 22,8 | 26,7 | 31,7 | 36,2 | 39,5 | 41,4 | 42,4 | 41,0 | 38,2 | 35,2 | 29,9 | 26,7 | 42,4 |
Media máxima en °C | 6,8 | 9,1 | 14,2 | 21,1 | 26,4 | 32,2 | 34,1 | 32,9 | 28,3 | 21,6 | 15,3 | 9,1 | 20,9 |
Media diaria en °C | 1,9 | 3,6 | 8,5 | 14,9 | 19,8 | 25,0 | 26,7 | 25,2 | 20,1 | 13,6 | 8,4 | 3,8 | 14,3 |
Media mínima en °C | −1,7 | −0,5 | 4,0 | 9,4 | 13,5 | 17,4 | 18,9 | 17,4 | 12,7 | 7,2 | 3,4 | −0,2 | 8,5 |
Temperatura mínima en °C | −25,4 | −22 | −14,9 | −6,8 | −1,3 | 4,8 | 8,6 | 5,9 | 0,0 | −6,4 | −18,1 | −22,8 | −25,4 |
Precipitación media mm | 41 | 46 | 100 | 60 | 36 | 6 | 4 | 1 | 4 | 17 | 34 | 47 | 396 |
Media de días con precipitacións | 12,4 | 12,4 | 14,6 | 12,6 | 8,4 | 2,8 | 1,7 | 0,7 | 1,8 | 6,4 | 8,5 | 10,7 | 93 |
Media de días con neve | 9 | 7 | 3 | 0,3 | 0,03 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0,3 | 2 | 6 | 28 |
Humidade relativa media (%) | 76 | 74 | 70 | 63 | 55 | 42 | 42 | 43 | 47 | 59 | 68 | 74 | 60 |
Media de horas de sol mensuais | 133,3 | 132,8 | 170,5 | 219,0 | 316,2 | 378,0 | 396,8 | 362,7 | 309,0 | 235,6 | 174,0 | 130,2 | 2 958,1 |
Fonte #1: Pogoda.ru.net,[3] Organización Meteorolóxica Mundial (ONU) (días de precipitacións só)[4] | |||||||||||||
Fonte #2: Observatorio de Hong Kong (só sol)[5] |
NotasEditar
- ↑ Rodríguez, Anaír; Davila Ventura, Montserrat (2004). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega. Dúbidas lingüísticas (PDF). p. 108. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Samarkand.info. "Weather in Samarkand". Samarkand, Uzbekistan. Consultado o 2009-06-11.
- ↑ "Weather and Climate-The Climate of Samarkand" (en ruso). Weather and Climate (Погода и климат). Consultado o 16 de novembro de 2012.
- ↑ "World Weather Information Service – Samarkand". World Meteorological Organization. Consultado o 16 de novembro de 2012.
- ↑ "Climatological Normals of Samarkand, Uzbekistan". Hong Kong Observatory. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2013. Consultado o 16 de novembro de 2012.