Dámosche a benvida á Galipedia, GETEVO!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--MAGHOI (conversa) 2 de xaneiro de 2021 ás 20:01 (UTC)Responder

Ola, GETEVO. O artigo Secundino Iglesias Ortigueira ten o marcador de que ten problemas de formato. Deixeiche na mensaxe de benvida algunhas indicacións que che poden axudar para colocalo co formato que usamos na Galipedia. Non dubides en te poñeres en contacto comigo se tes problemas. Ánimo e a darlle duro. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 2 de xaneiro de 2021 ás 20:04 (UTC)Responder

Ola,Maghoi. Despois de facer varios cambios no formato, parece que o erro continúa. Poderías axudarme por favor? . Un saúdo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por GETEVO (conversacontribucións) 4 de febreiro de 2021 ás 18:03
Ola, de novo, GETEVO. Xa vin que escribiches na Taberna e che contestou Estevo. Agora o artigo está correcto. Pero un par de cousiñas. Cando queiras comunicarte con outro usuario, telo que facer na súa páxina de conversa, premendo na parte de arriba en "Nova sección". Alí podes indicar un título e o texto da mensaxe. Outra forma sería como fixeches, respostando na túa páxina á miña indiccación, pero tes que marcar o símbolo @+o meu usuario (neste caso concreto). Así, é cando me chega unha chamada. Iso si, en calquera dos casos non esquezas asina-las túas mensaxes para que quede constancia do usuario e da hora e día. Para iso, preme no símbolo que semella un garavato (a carón da itálica), no menú da caixa de mensaxes ou, na parte de abaixo, no símbolo a continuación de Asine as súas mensaxes nas conversas. Máis nada, ánimo e a darlle duro. Saúdos.MAGHOI (conversa) 4 de febreiro de 2021 ás 18:19 (UTC)Responder