Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 18

Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25


Precísase de alguén con nivel decente de inglés (o meu é indecente) que traduza a lo menos parcialmente Google books da Wikipedia en inglés [en:Google Books] (máis de 40 interwikis, máis de 50 paxinas da Galipedia ligan cara a el).

Nin vos molestedes en ver o da Wikipedia en castelán, que está cheo de erros. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 5 de xullo de 2013 ás 14:16 (UTC)[responder]

  Feito! --Nemigo 11 de xullo de 2013 ás 17:56 (UTC)[responder]

Artigo Berlín editar

Hai un erro na páxina de Berlín. A nota número 9 ten unha ligazón rota(?) pon: </ref name="zycwaq">[9] e aparece así no texto do artigo. Se alguén o sabe solucionar. Saúdos --Nemigo 11 de xullo de 2013 ás 18:06 (UTC)[responder]

Xa o amañou onte HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xullo de 2013 ás 08:12 (UTC)[responder]

Táboas xuntas editar

Alguén me pode dicir como podo conseguir que estas dúas táboas:

Análise da participación
Participación Número % censo
Abstencións 2.106 30,19%
Votos emitidos 4.869 69,81%
Censo 6.975 100%
Análise do voto emitido
Votantes Votos % votos
Votos válidos 4.725 97,04%
Votos nulos 144 2,96%
Votos emitidos 4.869 100%

aparezan xuntas, unha ao lado da outra? Grazas por anticipado. --Xosé Antonio (fálame sempre) 5 de agosto de 2013 ás 23:50 (UTC)[responder]

Unha solución é usar outra táboa:
Análise da participación
Participación Número % censo
Abstencións 2.106 30,19%
Votos emitidos 4.869 69,81%
Censo 6.975 100%
Análise do voto emitido
Votantes Votos % votos
Votos válidos 4.725 97,04%
Votos nulos 144 2,96%
Votos emitidos 4.869 100%
GallaecioE logo? 6 de agosto de 2013 ás 05:51 (UTC)[responder]
Grazas Gallaecio, a verdade é que era ben sinxelo! --Xosé Antonio (fálame sempre) 6 de agosto de 2013 ás 13:47 (UTC)[responder]

Axuda cunha tradución do italiano editar

Estou a ampliar o artigo de Puccini e precisaría axuda de algún usuario que dominara o italiano para rematar unha cita do compositor na sección "Torre del Lago" que me está a dar moitos problemas e non dou feito cos tradutores de internet. Moitas grazas!! Piquito (conversa) 6 de agosto de 2013 ás 23:14 (UTC)[responder]

Boas! Algúen pode poñer os dous cadros de campións da Liga Galega de Traiñeiras un xunto ao outro? Moitas grazas!! Piquito (conversa) 16 de agosto de 2013 ás 00:18 (UTC)[responder]

Xa o fixen, mais a segunda táboa, ao ser máis curta, non comeza á mesma altura ca primeira (non sei como se faría). Ao ir completándoa e cando teñan as mesmas filas, cadrarán perfectamente (supoño). En calquera caso se non che gusta o resultado desfai a edición. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 16 de agosto de 2013 ás 00:36 (UTC)[responder]
Podes ver un caso similar na páxina sobre Narón. O truco está en incluir entre as dúas táboas este código: </td><td valign=top> quedaría así:
Campións da LGT-A
Tempada CAMPIÓN Concello Provincia
Tempada 2013
Tempada 2012 Amegrove O Grove Pontevedra  
Tempada 2011 Amegrove O Grove Pontevedra  
Tempada 2010 Amegrove O Grove Pontevedra  
Tempada 2009 Cabo da Cruz Boiro A Coruña  
Tempada 2008 Náutico de Vigo Vigo Pontevedra  
Tempada 2007 Tirán Moaña Pontevedra  
Tempada 2006 Samertolameu Moaña Pontevedra  
Tempada 2005 Samertolameu Moaña Pontevedra  
Tempada 2004 Samertolameu Moaña Pontevedra  
Tempada 2003 Samertolameu Moaña Pontevedra  
Campións da LGT-B
Tempada CAMPIÓN Concello Provincia
Tempada 2013
Tempada 2012 Mecos O Grove Pontevedra  

O código da táboa que ves enriba NON é o que tes ti, está simplificado. Non sei porque pon:

|colspan="15" cellpadding="0" cellspacing="0"|<!---->

o número de columnas é 4 non 15. Saúdos --Nemigo 16 de agosto de 2013 ás 11:57 (UTC)[responder]

Xa o corrixín, grazas. Piquito (conversa) 20 de agosto de 2013 ás 13:59 (UTC)[responder]

Problema cun Modelo editar

Fixen o Modelo:Proteína non humana baseándome no Template:Infobox nonhuman protein da wiki inglesa. Este modelo está aplicado en páxinas como ADN polimerase I e ADN polimerase II. O problema que teño é que na entrada da caixa correspondente a PDB pon "Erro de script" e despois sae unha categoría na páxina que é Páxinas con erros de script. O curioso é que se premes en Erro de script da caixa funciona ben a ligazón coa base de datos PDB (Protein Data Bank). Na páxina orixinal inglesa non sae ese erro de script a pesar de que aparentemente son iguais. Non sei a que se debe isto nin como se pode arranxar. Non sei se alguén ten idea de qué pode ser e pode axudar. Grazas.--Miguelferig (conversa) 26 de agosto de 2013 ás 16:45 (UTC)[responder]

Non atopei o erro, demasiado para min. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de agosto de 2013 ás 23:47 (UTC)[responder]
Simplifiqueino e agora xa funciona, polo menos nos artigos que puxeches na mensaxe aparece o mesmo resultado que na wiki inglesa. Se atopa a forma tentarei facelo como alí. No caso de que nalgún artigo se produza un erro avisa. Saúdos. --JaviP96 27 de agosto de 2013 ás 12:58 (UTC)[responder]
Moitas grazas, parece que funciona. Xa non sae o erro de script.--Miguelferig (conversa) 27 de agosto de 2013 ás 17:37 (UTC)[responder]

Modelo Teatro editar

Boas! Non sei por qué, mais cando na caixa de información que incluín no artigo Gran Teatre del Liceu tento meter o mapa de localización non aparece nada (podedes ver no artigo). Non sei se pasa con outros, cos teatros galegos todo vai ben, pero neste caso non funciona. Moitas grazas!! Piquito (conversa) 19 de setembro de 2013 ás 08:47 (UTC)[responder]

Cumpría crear o Modelo:Mapa de localización de Cataluña. Xa está solucionado. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19 de setembro de 2013 ás 13:48 (UTC)[responder]
Grazas Toliño!! Piquito (conversa) 19 de setembro de 2013 ás 15:03 (UTC)[responder]

Axuda técnica cun diagrama editar

Ola! Quería facer un diagrama para ver de forma gráfica a evolución no tamaño dos 1000 artigos que toda Wiki debería ter. Este diagrama sería similar ao que aparece nos artigos das eleccións municipais exemplo, mais non o dou feito; alguén pode axudarme? Mil grazas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de setembro de 2013 ás 11:38 (UTC)[responder]

Algo así? Hai que darlle uns retoques porque algunhas cousas saen raras:


Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2013 ás 13:23 (UTC)[responder]

Fabuloso, Elisardo. Mil grazas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de outubro de 2013 ás 16:10 (UTC)[responder]
Teño que preguntar por aí porque non sei por que lle saen esas raias da esquerda... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2013 ás 18:45 (UTC)[responder]
Coa axuda dun compañeiro da asociación xa amañamos o diagrama. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de outubro de 2013 ás 20:16 (UTC)[responder]

Portal editar

Boas! Alguén me pode axudar a poñer o cadro da fase final centrado debaixo das clasificacións dos catro grupos en Portal:Hóckey a patíns/Clasificacións? Moitas grazas! Piquito (conversa) 26 de setembro de 2013 ás 15:12 (UTC)[responder]

  Feito! A ver se así está ben. --. HombreDHojalata.conversa 26 de setembro de 2013 ás 20:36 (UTC)[responder]

Axuda cun modelo editar

Estou bloqueado cun modelo, Modelo:ErrorBar2, non consigo que me funcione é por riba estame dando erros que provocan que se categorizen mal os artigos nos que sal algún erro deste modelo. Una axudiña, please.--Xabier Cancela (fálame) 9 de outubro de 2013 ás 23:05 (UTC)[responder]

Algo creo que se amañou (mira ti se xa che funciona nas páxinas), agora non da os erros no modelo, pero aínda hai que mirar por que mete a categoría "Páxinas con precisión de redondeo incorrecta". O que fixen foi cambiar a función "En orde de categoría" pola orixinal en inglés, debe ser que tiña algún problema pero aínda teño que investigar iso tamén. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2013 ás 12:52 (UTC)[responder]
Agora creo que xa funciona a matemática pero o formato dáme problemas, aparécenme unhas caixas, e o resultado da aproximación en varias liñas.--Xabier Cancela (fálame) 10 de outubro de 2013 ás 13:49 (UTC)[responder]
Fixen un novo modelo Modelo:ErrorBar3, que creo que funciona, é unha copia do que hai en es-wiki. Se vale así podemos pasar o contido a Modelo:ErrorBar2 e borrar o ErrorBar3. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2013 ás 18:52 (UTC)[responder]
Outra cousa que atopei é que a documentación que tiña dentro estaba fastidiando un pouco o modelo, hai que metela noutra páxina de documentación, logo de cear a ver se a fago. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2013 ás 19:09 (UTC)[responder]
Ó final tiven que poñer a documentación dentro do modelo pero parece que xa funciona. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2013 ás 22:56 (UTC)[responder]

Axuda cunha tradución do francés editar

Boas! Alguén que saiba francés pode revisar os contidos que engadín ao artigo tutú da wiki en francés (están na sección de "Historia"). E xa se alguén se anima a traducir a sección "Fabrication du tutu" sería a repanocha. Eu tentei facer con tradutores, mais non estou seguro de que o estea a facer ben, así que se alguén puidera revisar e completar estas cousiñas llo agradecería, xa que son seccións relativamente extensas e non frases soltas. Moitas grazas!!! Piquito (conversa) 3 de decembro de 2013 ás 01:36 (UTC)[responder]

  Feito! --Servando2 (Dime) 3 de decembro de 2013 ás 17:41 (UTC)[responder]

Apadriñamento editar

Saúdos! Son novo nisto de escribir en galego e gustaríame que alguén cos coñecementos suficientes sobre a lingua me axudase a adquirilos. Algún preguntarame: -por que non vas a un curso de galego? ou -por que non consultas por Internet? Xa estou adquirindo un nivel básico de galego, pero as páxinas web non me ofrecen solución a algunhas dúbidas que teño, ademais, guastaríame poñer en práctica con alguén os meus coñecementos e que esa persoa me dixese que erros cometo. Grazas!!! Finesfacil (conversa) 20 de decembro de 2013 ás 22:47 (UTC)[responder]

Ofrecinme a axudar no que poida pero se alguén máis se anima, mellor dous revisores ca un :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xaneiro de 2014 ás 12:21 (UTC)[responder]

Categoría en inglés editar

Quero dividir en Commons a categoría sobre placas de Galicia e necesito saber como se di "Placas na provincia de xx" en inglés. Graciñas. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de decembro de 2013 ás 23:17 (UTC)[responder]