Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 8

Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25

Usar unha referencia varias veces editar

¿Como podo empregar unha mesma referencia varias veces nun artigo? Sóname de ter visto algunha páxina que usaba algo como "<ref name=--->" pero non lembro cal, nin sei como usalo. O que quero facer, e usar unha referencia en varios sitios do artigo, sin ter que escribir o texto completo cada vez, e sobre todo, sin que logo apareza repetida na lista de referencias. Gracias. Miguel.lima 15:53, 1 xullo 2008 (UTC)

  • Eu utilizo isto :
<ref name="A">Texte de la note.</ref>  ==> Nome para a primeira vez, eiqi é "A" , ou o que sexa entre commillas "Libro de cantigas"
<ref name="A"/>                        ==> Logo só volves pór "A" ou o que sexa.

Eiqui unha illustración : fr:poney galicien. Saúdos ElviraConversa comigo 19:03, 1 xullo 2008 (UTC)

Gracias Elvire, era exactamente iso o que estaba buscando. :) Miguel.lima 20:05, 13 xullo 2008 (UTC)

Antropónimos editar

Acabo de ve-lo artigo de Pedro (páxina de homónimos) e xurde de novo unha vella dúbida. Teño recollido bastante material dos aspectos etnográficos dos antropónimos, incluído o de Pedro, naturalmente (pedro chosco: o sono; pedro pérez: a última tripa (o recto) do porco; Pedro -e Xan- como nomes arquetípicos do paisano galego, equivalentes a fulano ou mengano; pedro como eufemismo do lobo; etc.). Non atopo sitio onde meter esa información, non xa no artigo Pedro (que non poderá ser porque, se o fago, ides acusarme de vangloria) senón doutros antropónimos. ¿A quen se lle ocorre unha solución? ¿Valería algo así como "Xoán na cultura popular galega", a modo doutros artigos semellantes que fixen sobre o porco, o viño, o ovo, o pan, as abellas, etc.? ¿Cabería crear un artigo Xoán (antropónimo) no que meter todo isto? Espero ideas. Evidentemente, cando falo de Pedro ou Xan pode estenderse a Ana, María e outros. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:45, 11 xullo 2008 (UTC)

  • A miña opinión: Quizais o mellor sexa manter Pedro, Estevo ou Fulano como páxinas de homónimos; e a proposta de Pedro (antropónimo) ou Fulano (antropónimo) onde meter a orixe do nome, e a súa importancia na cultura popular galega. Aínda sendo ateo (hai que pór unha vela a Deus e outra ó diaño...), creo que tamén é moi importante falar do papel relixioso dos nomes e das advocacións dos santos, que quizais tamén tería cabida neste artigo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 13:57, 12 xullo 2008 (UTC)
    • De acordo, en principio, pero unha observación: se ese "tamén é importante falar" quere dicir que o artigo Fulano (antropónimo) fale tamén do santo correspondente, entraremos en conflito cos artigos preexistentes ou futuros Pedro, papa, Estevo, santo, artigos que conterían a biografía do santo de turno. Por aquilo de non repetir contidos, a estrutura sería:
    • ¿Valería así? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:18, 12 xullo 2008 (UTC)
  • A min me parece ben, pero coidado coa subxectividade :-D e a ver se podes engadir algunha que outra referencia. --GallaecioE logo? 12:00, 5 outubro 2008 (UTC)

Necesito que alguén insira no artigo atún o cadro taxonómico de es:Thunnus thynnus, incluíndo a fotografía. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 14:54, 11 xullo 2008 (UTC)

  • Feito, revisa por se púxen algun dato mal :) --Banjo tell me 16:58, 11 xullo 2008 (UTC)
    • Grazas, Banjo. Revisado e corrixido o nome científico, que era o único erro. Moitas grazas e ata outra. Pedro --Lameiro (conversa) 20:33, 11 xullo 2008 (UTC)

interwiki editar

Aí alguns artigos que levan dous listaxes de interwiki. Eu non dou retirado o primer listaxe que leva a commons e iso non ten sentido. Dous exemplos Ameixa, molusco e mamífero. A ver si ten explicación e o podo amañar ben. ElviraConversa comigo 21:26, 12 xullo 2008 (UTC)

  • Non hai que amañar nada, penso que é algún problema da memoria caché. A min tamén me pasaba, creo que foi ao andar tocando o Modelo:Commons. Proba a limpar a caché a ver se segue o problema. --Toliño Fala aquí comigo 11:49, 13 xullo 2008 (UTC)

Ligazóns internas de palabras contraídas con outras. editar

¿Como facedes, por exemplo, para crear unha ligazón en da Coruña?

Eu non dou feito. Grazas de anteman --mariquinhagz 21:24, 5 agosto 2008 (UTC)

  • Pódese facer así: da [[A Coruña|Coruña]] --Arco de Rayne 07:17, 6 agosto 2008 (UTC)
  • Se o prefires sempre podes facer d[[A Coruña|a Coruña]]: "da Coruña", aínda que queda algo feo. --GallaecioE logo? 06:56, 19 agosto 2008 (UTC)

Unha dúbida sobre o artigo seseo editar

Onte fixen o artigo de seseo. O problema que lle vexo é que me parece que o apartado de Orixe dos sistemas seseantes actuais non é o suficientemente claro. Así que quen teña un pouco vagar podería mirar ese apartado e dicir se non está algo enleado e lle viría ben un cadro-esquema. O problema é que eu non sei facer cadros, estiven mirando como se fan e non vou saber facelos. Grazas --mariquinhagz 13:54, 27 setembro 2008 (UTC)

  • Lin o apartado e non me parece enleado, paréceme que emprega un vocabulario técnico. Claro, eu que son de ciencias pérdome un chisco, pero iso non é culpa túa, senón miña. Sobre o de facer esquemas, o xeito máis sinxelo de facer un é atopar nalgún outro artigo un cadro da mesma composición có que ti queiras crear e logo mudar o contido. Pouco a pouco vaise aprendendo. Un saúdo. --Alberte (Si, dígame?) 15:12, 27 setembro 2008 (UTC)

boa tarde; solicito a axuda da comunidade.

Na wikipedia en castelán teñen o "modelo?" (non sei como se chama isto) "ref name=" (entre <>), que serve para non andar a repetir todo o rato a mesma referencia, creo; alguén sabe se hai correspondencia na galipedia?

Un saúdo, e gracias de antemán. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 18:19, 29 setembro 2008 (UTC)

Xa, pero que hai dos campos que se admiten en castelán? Pódense usar en galego? Como están traducidos? (refírome aos cita web|título=... |url=... |autor=... |editorial=... |fecha=... |fechaacceso=...). Grazas de antemán. --Casdeiro 09:35, 4 marzo 2010 (UTC)

Tes a información en Modelo:Cita Web. --HombreDHojalata conversa 10:29, 4 marzo 2010 (UTC).

Categorías de imaxes de Galicia editar

Estou traballando categorizando imaxes en Categoría:Imaxes de Galicia. Comecei sen ter as cousas claras, intentando trasladar á Wikipediao esquema de Commons. Encóntrome con dificultades no título das categorías. Nas creadas (por min ou por outros) hai incoherencias no título

Non me atrevo a facer unha proposta seria. Fun adiando este traballo por non ter as cousas claras e acabei por comezar a facelo para telas claras. Téñoas máis claras agora que xa fixen algo, pero me gustaría que vós opinásedes sobre o que estou a facer e sobre o que creo que podería ser mellor á hora de concretar os títulos.

As categorías que hai son as seguintes (repito que hai incoherencias):

Problemas

1. Uso de maiúsculas:

2. Uso das preposicións de / sobre / en:

- Categoría:Imaxes de festas en Vilarromarís, Oroso, pois as fotos non teñen por que ser de festas exclusivas de Vilarromarís.
- Categoría:Imaxes de autoestradas en Galicia, pois as autoestradas poden ter tramos fóra de Galicia
- Categoría:Imaxes sobre ecoloxía en Galicia, pois non hai unha ecoloxía exclusivamente galega

Para cumprir con isto, tería que deixalo -creo- así:

Comentarios editar

Quizais estea a complicarme demasiado. ¿Que dicides? ¿Será mellor que sempre use "sobre" e "de Galicia"? (Categoría:Imaxes sobre mapas das comarcas de Galicia). ¿Será mellor que use sempre a minúscula? ¿Que será o máis útil? (posiblemente isto, pero teño dúbidas). Non sei o que facer--Lmbuga Commons - Galipedia 21:18, 2 outubro 2008 (UTC)

Paréceme unha exposición que sintetiza moi ben cales os problemas fundamentais na clasificación de imaxes, pola miña parte estou completamente de acordo cos apartados : Uso das maiúsculas e Uso das preposicións de / sobre / en. Unicamente nalgunha categoría das que sinalas arriba, en particular a interpretación do refirido ao uso de de e sobre, usaría de no canto de sobre (só nalgún caso concreto como dicía antes, e supoño que na práctica as cuestións que apareceran serán de interpretación do expostos neses epígrafes). Abondando nos criterios de clasificación, un dos usados foi reproducir, en certa medida, o esquema de clasificación de artigos engadindolle "Imaxes de...". Con algunhas diferenzas (evidentemente as categorías de imaxes e textos non son un calco exacto), por exemplo: Categoría:Ríos galegos e Categoría:Imaxes de ríos de Galicia, principalmente debido a que posiblemente á categoría destes artigos deba mudarse a Categoría:Ríos de Galicia (algo así puido verse nun debate en Commons que aínda non se produciu aquí sobre o uso de xentilicios ou localizacións xeográficas). Por outra banda o uso de "Imaxes de..." como prefixo tamén xustifica o feito de que en moitas categorías a primeira das seguintes palabras estea en maiúscula. Creo que no teu texto está o sustento de que non sempre se use a maiúscula aínda considerando o devandito prefixo. Na miña opinión hai que seguir a túa proposta para construír un documento que defina o conxunto de criterios seguidos ata o momento na clasificación de imaxes xunto cos que se vaian debatindo. Un documento que sirva de axuda para facilitar a clasificación da rama Imaxes por tema. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:13, 3 outubro 2008 (UTC)
  • Uf...! Vaia un tema máis peliagudo. Non me vou meter demasiado porque non é un tema que controle demasiado, pero polo que vin (bastante por riba) estás a facer un bo traballo. Os usos dalgunhas preposicións e o de maiúsculas/minúsculas é algo que pode dar moito que falar e que pode ser ambiguo, nalgúns casos. A miña opinión é que só deberían ir en maiúsculas as palabras que deberan levala segundo as normas de uso destas (nomes propios, topónimos,...). En canto ás preposicións, habería que ir vendo unha por unha cal é a máis axeitada en cada caso, pero aínda así non é algo para nada doado. O dito, axudarei no que poida e moi timidamente. Ánimo, que como xa dixeches é algo que vai levar moito tempo. --Toliño Fala aquí comigo 18:58, 3 outubro 2008 (UTC)
  • Non é que te esteas complicando, é que a cousa é complicada. Como supoño que agora non toca falar de criterios de clasificación senón de forma de escribilas, eu véxoo así:
    • maiúsculas/minúsculas: arte, cultura, ecoloxía, transporte, xeografía, etc, sempre con minúscula. Tamén poría con minúscula castelo de xxx e ponte de yyy (xa as torres de Altamira ou Torres de Altamira, non o teño tan claro). E con maiúsculas os topónimos: Praia do Bao, Cabo Vilán, Illa de Arousa.
    • de/sobre: como principio, de, pero con excepcións puramente eufónicas: imaxes sobre ecoloxía, mellor que de ecoloxía; sobre natureza mellor que de natureza.
  • Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:40, 3 outubro 2008 (UTC)


Primeiramente agradecervos que atenderades a miña silicitude de axuda. Despois dicirvos que tras ler as vosas palabras, considerei o seguinte :
Mañá volverei sobre o tema. Hoxe xa é tarde para tomar máis decisións partindo do que comentades. Xa vos direi. Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 22:25, 5 outubro 2008 (UTC)
  • Tardei en volver sobre o tema. Canto máis traballo na cuestión máis dúbidas teño. Coincido con algúns de vós en que é preferible facer o traballo de categorizar e despois intentar normalizar as denominacións das categorías. Mesmo me está a parecer que a denominación preferible sería outra
  • Categoría:Imaxes relacionadas con... (para tódalas imaxes salvo as dos concellos e topónimos)
  • Uso de artigo e minúsculas, salvo que sexan nomes propios: Imaxes relacionadas coa xeografía de Galicia / Imaxes relacionadas co Castelo de Andrade
  • Uso da preposición "de" (en vez de "en" Galicia) agás no caso en que poida haber anfiboloxías, dobres sentidos, ou casos concretos que merezan consideración especial por, por exemplo querer dárselle unha maior amplitude á categoría: Imaxes relacionadas coa música en Galicia é moito mais amplo ca Imaxes relacionadas coa música de Galicia. De tódolos xeitos, poderían coexistir as dúas categorías.

Creo preferible facer unha proposta seria cando remate o traballo ou estea próximo a rematalo--Lmbuga Commons - Galipedia 14:40, 10 outubro 2008 (UTC)

Como poño notas? editar

Refírome, como fago para por nun artigo unha referencia a unha fonte bibliográfica no apartado notas. O recurso de mirar como fan noutros artigos, que tan produtivo me resultou sempre, e aínda me desconcertou máis. Graciñas de anteman e paciencia comigo. --mariquinhagz 23:02, 2 outubro 2008 (UTC)

  • A ver se me sae unha explicación decente. Dúas partes, escribir a nota, e facer que apareza:
  1. Para escribir a nota só tes escribir entre estes códigos: <ref></ref>. Así, por exemplo, terías que escribilo así no artigo: <ref>Aquí escribes o contido da nota ou referencia.</ref>. De feito hai un botón da botoeira que te axuda a polas máis rápido (o segundo pola dereita, entre a barra horizontal e o ollo).
  2. Para que aparezan as notas tes que crear, cara á parte de abaixo do artigo (antes do "Véxase tamén") unha sección denominada Notas. Podes facela así:

==Notas== {{Listaref|Número de columnas que queiras: 1 ou 2}}, ou ben <references/>.

A diferenza entre ambas é que coa primeira podes elixir o número de columnas e o texto da nota aparecerá un chisco máis pequeno có texto do artigo. Coa segunda as notas listaranse a tamaño normal e con 1 soa columna. Agardo terme explicado máis ou menos. Un saúdo. --Alberte (Si, dígame?) 23:15, 2 outubro 2008 (UTC)

Moitas grazas outra vez, xa aprendín. --mariquinhagz 16:17, 3 outubro 2008 (UTC)

pechar votación editar

Unha vez borrado o artigo Escritores famosos e a súa conversa, de acordo co resultado da votación ¿que se fai coa proposta que fixen en Wikipedia:Votacións para borrar/Votacións? ¿bórrase esa sección, simplemente, ou se traslada o texto a algunha parte? Supoño que a opción correcta será a segunda, xa que aquí non se borra nada, pero nunca o fixen e non sei como nin a onde vai. Espero instrucións. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:09, 3 outubro 2008 (UTC)

Polo de agora basta con retirar a ligazón de Wikipedia:Votacións para borrar/Votacións. A páxina segue accesible mediante diversos procedementos de busca. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:28, 3 outubro 2008 (UTC)

Axuda dun bot na categorización de imaxes editar

Agradecería, se é posible (non sei moi ben como funcionan os bots), que algún bot me botase unha man pasando tódalas imaxes presentes na categoría Categoría:Imaxes de persoas á categoría Categoría:Imaxes de persoas de Galicia. Son 55 e só unha delas -creo- non é de Galicia (xa a recolocaría eu manualmente). Se o tempo que supón é de máis de 20 minutos, é preferible que o faga eu a man, pois a min lévame menos dese tempo (nese caso, fágaseme saber, por favor). Grazas--Lmbuga Commons - Galipedia 14:29, 10 outubro 2008 (UTC)

Actualización editar

Habería que actualizar o Modelo:Wikipedialinguas, está algo obsoleto dado que as Wikipedias nalgunhas desas linguas medraron o seu número de artigos desde a última modificación do modelo. Ide a Conversa Modelo:Wikipedialinguas#Actualización para calquera comentario ou axuda relacionados coa actualización. --Toliño Fala aquí comigo 11:21, 12 outubro 2008 (UTC)

Nomes vernáculos dos cogomelos editar

Aviso a navegantes: teño un problema cos artigos que vou ir facendo este outono sobre os cogomelos de Galicia, e é a pouca información que teño sobre os seus nomes vernáculos. Teño guías de abondo pero en castelán e só unha en galego bastante pobre. Teño tamén un traballo sobre terminoloxía dos cogomelos, con moitos nomes comúns, pero localizados exclusivamente en Valdeorras, Trives e O Bolo, e non me parece suficiente para toma-los nomes que dá como nomes comúns en galego. Por iso, solicito a calquera que teña datos ó respecto que me bote unha man e me mande bibliografía, ligazóns ou fontes de onde tomar eses nomes comúns. Lembrade que a política de títulos de artigos nos pide utiliza-lo nome común con preferencia sobre o científico, polo que temos que achegar tanto os nomes comúns como a referencia de onde o sacamos. Espero unha chuvia de suxestións. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:35, 8 novembro 2008 (UTC)

  • O martes visitarei a biblioteca da facultade e mirarei nalgunha guía de cogumelos se aparecen os nomes vernáculos en galego. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 12:38, 8 novembro 2008 (UTC)
  • Non puiden ollar o libro que mirara o outro día porque debía estar collido. Aínda así atopei un libriño que contiña algunhas traducións ó galego (e ó vasco e catalán). O libro é: "Guía fácil de las mejores setas". Mariano García Rollán. Ediciones Mundi-Prensa, 2004. ISBN 84-8476-200-9.

Os cogumelos traducidos son poucos. Velaquí van:

  • Lactarius deliciosus -> Fungo da muña, Pingadouro.
  • Boletus edulis -> Bolouro, Andoa.
  • Boletus aereus -> Madeirudo.
  • Morchella elata -> Pantorras, Chirupatos. (cítase no libro que o vasco Telesforo de Arazandi nun seu libro de 1897 chamado Euskalerriko perrechikuak, recolle o nome pantágonos como empregado no val do Sil).
  • Macrolepiota procera -> Choupín, Cachote, Patamela, Monxo, Zarrota.

Tentarei para a próxima semana ve-lo outro libro que creo que leva máis. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 21:25, 11 novembro 2008 (UTC)

Necesítase opinión en Commons editar

Na Taberna de Commons abrín unha discusión.

Considero crucial para o futuro de Commons que concordedes ou discordedes co alí expresado. Mesmo é relevante que fagades presenza. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  03:50, 17 novembro 2008 (UTC)

Agradecería que algún bot puidese mover as imaxes presentes en Categoría:Imaxes de embarcacións a Categoría:Imaxes de embarcacións en Galicia. Son 126 aproximadamente. A min levaríame media hora. Posteriormente a movelas, eu retiraría as que non son realizadas en Galicia para a categoría superior. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  16:07, 1 decembro 2008 (UTC)

cambio de categoría editar

Se houbese algún sistema automático, tipo bot, para cambia-la categoría:Ósos a categoría:Esqueleto, sería de agradecer, porque hai unha crea de artigos. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 14:15, 11 decembro 2008 (UTC)

  • Marquei as categorías para fusionar. Non son moitos artigos, pero un bot podería facelo bastante axiña. O meu non está operativo... pero a ver se consigo poñelo a funcionar o antes posible :) --Banjo tell me 08:54, 27 febreiro 2009 (UTC)

¿Que sigfnifica... (2)? editar

No artigo esófago, sección síntomas esofáxicos, hai un modelo {{VT| Esofagograma}} que aparece en vermello e non sei qué pinta. ¿Borrámolo ou é que lle falta algo? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:28, 11 decembro 2008 (UTC)

  • É debido a que o artigo é unha tradución do correspondente en castelán e arrastra consigo os modelos que usan alí. Haino que eliminar. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:32, 11 decembro 2008 (UTC)
    • Eliminado. Grazas, Toliño. Pedro --Lameiro (conversa) 15:18, 11 decembro 2008 (UTC)

Non sei con que modelo se poden engadir imaxes, para que sexan borradas, a esta categoría. De feito, engadín esta imaxe a Categoría:Limpar por non saber como facelo

Desexo ademais propor unha imaxe para borrar (Ficheiro:Img045.jpg), dito borrado precisa votación e tampouco sei, nin encontro, cómo facelo.

As cousas que non se fan a diario malamente se lembran.

Agradezo que se me comunique na miña páxina de conversa --Saúdos e grazas. Xan de ningures 16:51, 16 decembro 2008 (UTC)

Xa dei con como propor unha imaxe para borrar: {{Borrar imaxe}}--Saúdos e grazas. Xan de ningures 16:57, 16 decembro 2008 (UTC)

Refrescar caché editar

¿Seria posible crear unha opción na páxina de propostas da semana para refrescar o caché semellante á que hai en Commons:Quality images candidates#Consensual review rules, véxase Template:Purge--Saúdos e grazas. Xan de ningures 00:29, 22 decembro 2008 (UTC)

Arciprestado editar

¿Algún bot podería cambiar sen moito esforzo "arciprestazgo" por arciprestado? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 19:33, 30 decembro 2008 (UTC)